Navega
Deseño web para negocios que necesitan visibilidade para vender máis
Fago páxinas web para autónomos, profesionais e pequenos negocios que necesitan atraer visitas, transmitir confianza, explicar mellor o que fan e deixar ser invisibles en Internet.
Anxo Sánchez nun evento de Coruña Bloggers
Anxo Sánchez, deseñador web
— O teu negocio necesítao
Non deberías ter unha web só porque “hai que tela”

Publicar unha web non significa ter unha ferramenta útil. Pode ser bonita, con fotos decentes e catro textos correctos e, aínda así, non servir para nada.

Porque unha web non vai só de estar en Internet. Vai de explicar ben o que fas. De transmitir confianza. De facer que a persoa que chega entenda rápido por que debería escollerte a ti e non a outro.

Unha boa web axuda a vender.

Unha web frouxa fai o contrario: xera dúbidas, baixa o valor percibido do teu traballo e dá esa sensación terrible de negocio improvisado. E ti sabes cando pasa.

Entras nunha web, miras dous segundos e pensas: “uff”. Pois iso tamén lle pode estar pasando aos teus clientes contigo.

A miña función é evitar iso.

— Antes de seguir
Mira se isto é para ti
Falemos claro. Non traballo ben con todo o mundo. E seguramente ti tampouco queres calquera deseñador web. Esta sección afórranos tempo aos dous.
É para ti se...
Non é para ti se...
— Por que escollerme
Porque unha boa web non vai só, nin principalmente, de deseño
Podes ter unha web que ti penses que é bonita. Ou podes traballar con criterio: mensaxe, estrutura, confianza, velocidade, SEO básico e unha experiencia pensada para o teu cliente.
Atención directa
Falas comigo. Non cun comercial. Non cun xestor. Non cunha persoa que ten que “consultalo”. Eu escoito, pregunto, propoño e executo.
Proceso probado
Traballo con WordPress e cunha estrutura técnica que coñezo ben. Cero experimentos raros. O teu negocio non é un laboratorio.
Textos con intención
Moitas webs fallan porque non se entende que vendes, para quen é, canto valor achegas ou por que deberían confiar en ti.
Experiencia real
Levo anos facendo webs para autónomos e pequenas empresas. Non falo desde a teoría. Falo desde proxectos e experiencia no mercado.
Anxo Sánchez
— Quen son

Son Anxo Sánchez, deseñador de páxinas web en Lugo

Levo desde 2018 traballando como autónomo e facendo webs para negocios que necesitan vender mellor en Internet. Antes diso tamén fixen cousas. Algunhas saíron ben. Outras non.

En 2017 montei unha empresa con máis ganas que criterio. Saíu mal. E precisamente por iso aprendín algo que hoxe aplico en cada proxecto: unha web non é só unha cuestión técnica.

Unha web é comunicación, posicionamento, confianza, claridade e negocio. Non me limito a instalar WordPress, poñer catro bloques e entregar unha páxina.

Pregunto. Propoño. Discuto o enfoque se fai falta.

E intento que a web final non só che guste, senón que te represente mellor e che axude a conseguir máis oportunidades.

— Que din os clientes
Webs que funcionan fóra da maqueta
Unha web non se mide só cando se entrega. Mídese cando comeza a traballar: cando transmite mellor, cando trae contactos e cando o cliente sente que por fin ten unha presenza profesional.
O resultado non puido ser mellor. Anxo soubo plasmar á perfección os valores, a profesionalidade e a imaxe que quero transmitir aos meus clientes. Cada vez que entro na web síntome totalmente identificado co que vexo.
Santiago Cubelo
Resultado claramente satisfactorio. Temos unha web atractiva, organizada, funcional e cos contidos que precisabamos conservar. Unha web lista para seguir medrando. Recomendaríamos traballar con Anxo pola súa profesionalidade e compromiso.
Miguel García-Fdez
O que máis me gustou de traballar con Anxo foi que entendeu á perfección, dende o principio, os valores do noso proxecto e o que imaxinabamos para a nosa web. Soubo trasladar a nosa identidade á páxina moito mellor do que poderiamos esperar.
Sara Comesaña
— Último artigo do blog

Ideas claras sobre webs, WordPress e negocio dixital

Destacado
Imaxe dunha casa en ruinas
Que pasou con Medra e por que decidín pechar esa etapa
Hai un tempo lanzaba Medra, unha academia e espazo de cursos para negocios dixitais. Non funcionou como esperaba. E precisamente por iso paga a pena contalo.
— Newsletter
Un email semanal para mellorares a túa web e o teu negocio
Ideas sobre WordPress, comercio electrónico, marca persoal, contidos e negocio dixital para autónomos galegos. Só criterio, experiencia e cero spam.
Entras e marchas cando queiras. Sen spam. Sen ceder datos a terceiros.
— Antes de escribirme
Se vas en serio, a túa web tamén debería facelo
Se buscas unha web feita ás présas con IA, xenérica e para saír do paso, hai opcións máis baratas ca min. Se queres unha web profesional, clara e pensada para que o teu negocio transmita máis confianza, falamos.