As 7 razóns polas cales WordPress é imbatible para os teus proxectos

Sabes as razóns que explican que WordPress sexa o CMS ou Xestor de Contidos máis elixido para a creación de blogs ou webs? Por que chegou a ser líder absoluto do mercado, sendo o CMS máis elixido e estando presente no 33% das páxinas web que existen no mundo?

Nesta entrada teño por obxectivo explicar dunha forma sinxela e directa as vantaxes de utilizar WordPress no deseño da túa páxina web e por que é a mellor opción se queres comezar un mellorar o teu negocio dixital.

Pero antes de entrar en faena permíteme que che explique un concepto que seguramente teñas visto máis dunha vez: o de xestor de contidos ou CMS (content management system), polas súas siglas en inglés.

Un CMS non é máis que unha aplicación que facilita a publicación e a xestión dos contidos na túa web. É un sistema intuitivo dirixido a un amplo abano da poboación, non restrinxida a programadores ou informáticos. Nel ti mesmo produces e publicas contido sen ter que recorrer a terceiros.

Para que o entendas mellor, para cociñar uns macarróns con queixo non é preciso facer a masa de pasta na casa nin separar o leite e o soro. Chega con mercalos e ti na casa cócelos e mistúralos. Algo así.

Vamos alá!

WordPress é moi sinxelo de usar.

A primeira das razóns que me gustaría sinalar é a sinxeleza tanto nos paneis de administración como no entorno de inserción e modificación do contido. E todo sen tocar unha soa liña de código.

Sabes utilizar Word? Pois similar.

Algo que podería utilizar unha persoa que nunca tivo contacto co mundo web. Súper intuitivo!

A través dunha serie de interfaces poderás personalizar os temas, cambiar cores, tipografías, fondos e estruturas. Se pensamos na curva de aprendizaxe, esta é pequena e rápida para calquera persoa non avanzada. Non te pares, a única barreira é o medo.

Baixo a miña opinión a ferramenta mais sinxela para xestionar o contido da túa web.

Escalabilidade máxima.

Existe un concepto erróneo que se arrastra desde o nacemento de WordPress que nos leva a pensar que é unha ferramenta que só serve para facer blogs.

Si, é certo. Pero pouco a pouco foise adaptando e, sobre todo, foi evolucionando. Nestes intres abrangue case por completo todas as posibilidades de solución web. Desde unha presentación de servizos a un emprendedor até unha tenda online.

Deseñar unha web con WordPress é sempre un acerto.

WordPress é o núcleo, o corazón do proxecto. É quen garante que os contidos conten cunha base sólida e funcionar. É o usuario quen debe indicar que se fai con eles instalando ou programando funcionalidades.

Existen ademais os chamados plugins, pequenas aplicacións que se instalan no WordPress e que realizan unha función concreta, o que aumenta as funcionalidades da web até o infinito.

Hai plugins de todo tipo: construtores web, galerías de imaxes, SEO, seguridade, tenda online, redes sociais, formularios, etc.

Deseños atractivos e adaptados.

Algo semellante ao que comentabamos anteriormente cos plugins acontece cos temas. Un tema (ou plantilla) consiste nunha serie de instrucións de programación e estilos que lle dan unha aparencia á web e a provén dunha serie de funcionalidades.

Existen miles de temas, de balde e premium!

Podes atopar moitos deles en ThemeForest, aínda que eu recomendo apostar por outros máis lixeiros e orientados ao SEO como GeneratePress (o que eu utilizo). Ademais a práctica totalidade xa se adaptan a todo tipo de dispositivos.

Por último, é moi sinxelo engadir un blog a túa web. E tamén é moi importante. Un blog con contidos que aporten valor nunha web ben deseñada é a mellor porta de entrada para os teus clientes.

Un blog achega visibilidade, a visibilidade achega tráfico orgánico de Google, ese tráfico aporta clientes. Xa me entendes!

Ten unha gran comunidade detrás.

Existe un importante número de persoas que traballan diariamente en mellorar WordPress, grazas á súa condición de código aberto. E non só melloran o núcleo, senón tamén os temas e os plugins.

Cada un deles cunhas características e unhas personalizacións concretas que os fan adaptarse mellor a un ou outro tipo de proxecto.

Seguridade.

Non é ningún segredo que canta máis popularidade ten unha aplicación máis usuarios mal intencionados están á caza do erro que lles permita colarse sen permiso.

Os malos sempre están aí!

Pero é precisamente a popularidade de WordPress onde reside a súa fortaleza. A gran cantidade de persoas traballando diariamente en mellorar a ferramenta fai que se conte con actualizacións periódicas que melloran a seguridade as funcionalidades.

WordPress é un entorno seguro que evoluciona todos os días. Ademáis, nós podemos implementar algunhas medidas extras como por exemplo cambiar a URL do wp-admin.

Amigo do SEO.

Como comentabamos antes o teu blog atraerá aos motores de procura e se o contido aporta valor e a web está ben deseñada acabarás sendo visible.

Mais as potencialidades de WordPress non acaban aí. Existen unha gran cantidade de optimizadores que farán que Google ame o teu sitio web, como o plugin de Yoast, que che permite cambiar as metadescricións ou os sitemaps.

E non deixes de ler como optimizar o SEO da entrada dun blog con WordPress en 7 sinxelos pasos.

É código aberto.

WordPress é gratuíto.

Podes descargalo, instalalo e modificalo sen ningunha restrición. Ti mesmo podes ver e personalizar o código, podes instalar as funcionalidades que desexes e facer os cambios necesarios até conseguir as funcionalidades desexadas.

Ademais é da túa propiedade e non terás anuncios agresivos a diferenza doutros xestores de contido como Blogger.

En definitiva…

Espero que este artigo che axudara a aclarar as dúbidas iniciais que tiñas sobre os xestores de contidos, WordPress ou o deseño web.

Non podo ocultar a miña especial simpatía por esta aplicación, que fai dunha web unha ferramenta útil, rápida e profesional para poder chegar aos clientes de xeito efectivo e avanzar no teu negocio dixital.

Ademáis, é moi sinxelo dar os primeiros pasos en WordPress.

E ti estás de acordo? Ou prefires outro CMS? Esquecéuseme algunha das razóns clave?

Lémonos nos comentarios!

Edición: aínda non coñeces o novo editor Gutenberg de WordPress? Pásate pola entrada e descarga de balde un ebook 😉

De que se fala aquí

Deixa un comentario