Se ti queres, así é...
Como che podo axudar
Servizos de deseño web e márketing dixital
Cantas vendas estás disposto a perder por non ter creado un negocio online?
Teño unha misión: acompañar a persoas emprendedoras, a empresas e a organizacións a comunicar de que xeito poden aportar valor a outros. De que maneira podes ser visible para o teu cliente ideal e mostrarlle os beneficios que conseguirán ao contratarte.
Porque disto vai todo, de coñecer as necesidades doutros e ter un método para solucionalas. Non é cuestión de ter a páxina web máis bonita do mundo ou a presentación corporativa máis traballada. Un negocio online consiste en buscar os motivos de compra dun segmento do mercado e propor solucións.
Ter presenza online neste intre é fundamental para todo emprendedor. Independentemente de ter xa negocio físico ou non, o mundo dixital non é alleo a ti. Moitas persoas intentan facer a súa propia páxina web, pero desisten por diferentes cuestións técnicas. Que isto non te pare!
Unha páxina web profesional e veloz
Deseño de páxinas web e tendas online
Decidiches lanzar a túa web.
Pasan os días desde que publicaches a túa páxina web. E día tras día comprobas que esas poucas visitas non soben. A túa páxina é invisible. Que facer? Pregúntaste.
O tempo corre. Reaccionas. Abres o navegador disposto a realizar os trocos precisos. Non podes. Coa boa proposta de valor que tes e a xente non a atopa!
Pero hai boas novas.
Precisas tráfico cualificado, e para iso é esencial ter unha web optimizada e veloz. Só necesitas saber como!
PD. Si, son Axente Dixitalizador do Kit Dixital…
Acompáñote na tarefa de edificar o teu negocio online
Mentorización e consultoría
Que é e onde contrato un dominio e un hosting? Como configuro todos os recursos? Gústolle a Google? Como adapto o deseño a móbiles? Cal é o meu cliente? Como podo axudarlle cos seus problemas? Debo investir en publicidade?
Estas son só algunhas de entre a gran cantidade de preguntas que me teñen feito clientes, alumnos e proxectos mentorizados.
Pódochas contestar ou pódoche acompañar no proceso de creación do teu negocio na Internet.
Que é o que che encaixa máis?
Implícome e transmítoche todo o meu coñecemento. Ti só tes que poñer as ganas e a atención.
Gústame divulgar o coñecemento
Presentacións e relatorios
Sempre me gustou transmitir o que sei.
Só consiste en ter algo de experiencia nun tema, perder o medo e lanzarse. Non hai outro segredo.
Pode que me vises por aquí:
- Comunidade de WordPress: fun relator en varias ocasións en WordCamps e Meetups de WordPress.
- Turislab: son docente na Aceleradora Galega de proxectos turísticos Turislab.
- Ciclos profesionais: participo con presentacións e talleres en Ciclos Profesionais falando de márketing e comercio electrónico.
- Paideia - Ronsel: docente e relator en cursos organizados pola Fundación Paideira e a Fundación Ronsel.
- E moito máis: participei como relator en Coruña Bloggers, falei en Escolas de Negocio, impartín os módulos de WooCommerce en HUB Escuela e mesmo organicei eu mesmo obradoiros de WordPress e Web.