Como crear e configurar un menú en WordPress

Ben, hoxe traio un artigo lixeiro.

Imos traballar coas opcións nativas que nos dá WordPress para crear e configurar un menú para a nosa páxina web.

Escribiuse moito xa sobre como instalar e deseñar un menú así moi bonito cheo de opcións e iconas con diferentes plugins.

As veces tan bonito como inútil.

En fin. Mais eu fico coas opcións nativas de WordPress.

A min chéganme e sóbranme, dígocho en serio. Cantos menos plugins teñas e máis sinxelo o fagas, máis rápido irá a túa web e menos voltas terás que lle dar á cabeza.

Así que alá imos.

Cómo crear un menú en WordPress menú nuevo
Crear menú desde cero

Crear un menú en WordPress

Crear un menú para a túa web en WordPress é algo que debes facer case de xeito obrigatorio.

O menú adoita situarse na parte superior da web e permítenos o acceso ás diferentes páxinas ou apartados máis importantes. Aqueles que deben estar dispoñibles sempre para que o usuario acceda rapidamente.

Para chegar ao apartado concreto para crear o teu menú, debes situarte no panel de administración do teu WordPress e facer clic na opción Aparencia -> Menús.

Unha vez dentro, poderás editar os menús que crearas anteriormente ou crear un novo. Se este é o caso, fai clic na opción “crear un novo menú”.

Debes indicar o nome do menú e os elementos do mesmo, que se poden inserir desde a barra esquerda. Por defecto poderás incluír:

  • Páxinas da web.
  • Entradas do blogue.
  • Ligazóns personalizadas.
  • Categorías.

Lembra que poderás aniñar elementos para ir creando submenús e poderás configurar tamén a etiqueta coa que se mostra cada elemento concreto do menú.

Ah, e se estás a utilizar o tema GeneratePress do que tanto gosto, deberías dicirlle onde se vai mostrar o menú activando algunha das opcións inferiores (principal, secundario ou lateral).

Cómo crear un menú en WordPress opciones por defecto
Opcións predeterminadas que podes inserir no menú

Activar máis opcións para crear un menú

Até aquí é, como quen di, o de sempre. Creas un novo menú, poslle un nome e engádeslle unhas cantas páxinas.

Pero agora vén o bo, podes activar moitas máis opcións que achegan moita versatilidade á hora de construír o teu menú.

Na parte superior da do panel de administración poderás ver unha opción que pon “opcións de pantalla”. Ábrea.

Poderás comprobar que bastantes das opcións non están marcadas. Segundo marques máis ou menos terás máis ou menos opcións coas que xogar no menú.

Cómo crear un menú en WordPress opciones adicionales
Marca todas as opcións

Imos ver que fai cada unha:

  • Páxinas, entradas, ligazóns personalizadas e categorías son as opcións que veñen marcadas por defecto.
  • Etiquetas. Outra das taxonomías de WordPress, desta volta as etiquetas.
  • Formatos. Activa os elementos segundo os formatos das entradas xa sexan vídeo, imaxes, etc.
  • Destino da ligazón. Permite indicar se a páxina de destino abre nunha nova pestana. Esta opción é moi interesante.
  • Atributos do título. Permite indicar atributos en HTML, por exemplo o contido do title=” ”.
  • Clases CSS. Permite indicar o nome dalgunha clase CSS para aplicar un formato concreto a ese elemento.
  • Relación coa ligazón (XFN). Serve para indicar se unha ligazón é nofollow para que os buscadores non a sigan e non lle pasen autoridade.
  • Descrición. Permite indicar algunha descrición do elemento. WordPress xa avisa de que se pode ou non mostrar no menú. Depende do tema que utilices.

Deseñando un menú máis avanzado

Con todo isto xa ves que melloramos bastante. Permítenos deseñar moito máis o noso menú.

Cómo crear un menú en WordPress con botón rojo de llamada a la acción
Menú con formatos máis avanzados

Por exemplo, poderiamos querer deseñar un menú tal e como o que temos inmediatamente arriba deste parágrafo.

Nel, colocamos un elemento dunha cor diferente para chamar a atención do usuario, podería estar dirixido a unha páxina externa polo que non nos interesa pasarlle autoridade, que se abra nunha nova pestana para que non nos quite a páxina actual e ademais colocámoslle unha etiqueta descritiva.

Iso conseguímolo grazas á configuración das diferentes opcións que agora se mostran. Déixoche unha foto que é moito máis ilustrativa.

Cómo crear un menú en WordPress opciones avanzadas
Cada elemento ten moitas máis opcións

Ademais, configuramos tamén unha clase CSS que nos axude a destacar en vermello o botón.

.regalo {
     background-color: #ff3333;
     border-radius:50px;
     box-shadow: #ffffff 2px 2px 0px;
}

Conclusión

Xa ves, sen necesidade de plugins podemos mellorar de xeito rápido e sinxelo o noso menú.

Efectivamente se precisas un menú con máis deseño ou opcións, deberías buscar algún plugin que axude a construílo.

Lémonos nos comentarios ou vémonos a semana que vén <3

De que se fala aquí

4 comentarios en “Como crear e configurar un menú en WordPress”

  1. Un cordial saludo.
    En lo personal creo que es mejor usar el edotor de menus que viene con WordPress que usar algún plugin. Gracias por estos datos me fueron de gran ayuda. Soy nuevo en este tema y me ha gustado esto de colocar CSS al menú sin usar plugins.
    Un abrazo

    Responder

Deixa un comentario