As 7 caraterísticas de GeneratePress que deberías coñecer

Portada del artículo de 7 características deGeneratePress
Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram
Share on email

Da teoría á práctica.

Antes de comezar esta entrada recoméndoche que pases polo artigo que publiquei a semana pasada, no cal poderás descubrir o tema GeneratePress para WordPress paso a paso.

Nel repaso todas as configuracións que te podes atopar.

É bastante extenso, mais acho que paga a pena coñecer o potente e ben optimizado que está. Recoméndoo.

Pero todo o aprendido hai que aplicalo, polo que a miña intención é mostrar as ferramentas e configuracións máis interesantes que ten a versión Premium de GeneratePress.

E fareino en formato vídeo, porque que mellor que velo en directo.

Review de GeneratePress Premium

Presentación

Con instalar o plugin de GeneratePress Premium terás acceso a todas as características que este tema ten. E se ademais queres recibir actualizacións, terás que activalo coa chave que podes descargar ao mercalo na súa páxina web.

Cabeceira e menú

Cabeceira e menú

Vas ver as opcións de personalización da cabeceira e do menú. É moi versátil, e permite configurar diferentes opcións segundo o dispositivo co que estás a acceder. E se iso non che chega, sempre podes tocar algo con CSS desde a ferramenta de personalizar de WordPress.

Contedores e widgets

Contedores e widgets

Queres barra lateral á esquerda, á dereita, en ambos os lados ou en ningún? E nas barras laterais, que colocamos? Pois isto é o que repaso neste vídeo, onde verás a gran capacidade de personalización deste tema.

Cores en GeneratePress Premium

Cores

Como poderás ver, a personalización das cores é moi flexible. En cada parte da web pódense configurar por separado, o que nos ofrece unha gran versatilidade. Fondos, menú, encabezados e texto, widgets, botóns… xa verás!

Elements

Elements

Esta é unha das opcións máis potentes. Os headers permítennos construír cabeceiras de aparencia profesional e elixir en cal páxina se mostran e en cal non. Os hooks déixannos incluír anacos de código (desde HTML a executar PHP) ou shortcodes en múltiples localizacións da web.

Desactivar elementos

Desactivar elementos

Pode que nalgunhas páxinas queiramos desactivar algúns elementos, como as barras laterais, o título ou a imaxe destacada, por razóns de deseño ou estratexia. Grazas a esta opción pódese facer, mantendo o estilo do resto das páxinas intacto.

Footer e copyright

Footer e Copyright

Por último, tes a capacidade de configurar de xeito sinxelo algo que en moitos temas está desactivado agás unha modificación no código fonte, que é o texto e o estilo do pé de páxina.

Conclusión

Estas son só unhas das opcións prácticas que nos permite facer GeneratePress Premium.

E con elas creo que se pode intuír o que pode dar de si este tema. Lembra que é un tema moi optimizado que non pesa case nada.

Has visto que, aínda sen ter un construtor, o tema adáptase ben ao editor de bloques Gutenberg, algo que é de agradecer.

Debatemos nos comentarios 😊

Comparte :)

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram
Share on email

Deixa un comentario



4 comentarios

    • É un esforzo, pero a verdade que me gustou moito a experiencia de gravar os vídeos. E ao volvelos ver dinme conta da necesidade de practicar para mirar á camara e non distraerme. Sobre o contido, agardo seguir escribindo de temas que podan ser útiles.

      Grazas por pasarte, meu 🙂

      Responder
    • Moitas Grazas, Daniel. Agardo que sexa interesante e non un peñazo, que era a primeira vez que gravaba videotitoriais destes hahaha.

      Un saúdo e que ben verte por aquí!

      Responder

Isto é para ti!