As 7 razóns polas cales WordPress é imbatible para os teus proxectos

imagen artículo wordpress
Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram
Share on email
As 7 razóns polas cales WordPress é imbatible para os teus proxectos
5 (100%) 2 votes

Sabes as razóns que explican que WordPress sexa o CMS ou Xestor de Contidos máis elixido para a creación de blogs ou webs? Por que chegou a ser líder absoluto do mercado, sendo o CMS máis elixido e estando presente no 33% das páxinas web que existen no mundo?

Nesta entrada teño por obxectivo explicar dunha forma sinxela e directa as vantaxes de utilizar WordPress no deseño da túa páxina web e por que é a mellor opción se queres comezar un mellorar o teu negocio dixital.

Pero antes de entrar en faena permíteme que che explique un concepto que seguramente teñas visto máis dunha vez: o de xestor de contidos ou CMS (content management system), polas súas siglas en inglés.

Un CMS non é máis que unha aplicación que facilita a publicación e a xestión dos contidos na túa web. É un sistema intuitivo dirixido a un amplo abano da poboación, non restrinxida a programadores ou informáticos. Nel ti mesmo produces e publicas contido sen ter que recorrer a terceiros.

Para que o entendas mellor, para cociñar uns macarróns con queixo non é preciso facer a masa de pasta na casa nin separar o leite e o soro. Chega con mercalos e ti na casa cócelos e mistúralos. Algo así 😊

Vamos alá!

WordPress é moi sinxelo de usar.

A primeira das razóns que me gustaría sinalar é a sinxeleza tanto nos paneis de administración como no entorno de inserción e modificación do contido. E todo sen tocar unha soa liña de código.

Sabes utilizar Word? Pois similar.

Algo que podería utilizar unha persoa que nunca tivo contacto co mundo web. Súper intuitivo!

A través dunha serie de interfaces poderás personalizar os temas, cambiar cores, tipografías, fondos e estruturas. Se pensamos na curva de aprendizaxe, esta é pequena e rápida para calquera persoa non avanzada. Non te pares, a única barreira é o medo.

Baixo a miña opinión a ferramenta mais sinxela para xestionar o contido da túa web.

Escalabilidade máxima.

Existe un concepto erróneo que se arrastra desde o nacemento de WordPress que nos leva a pensar que é unha ferramenta que só serve para facer blogs.

Si, é certo. Pero pouco a pouco foise adaptando e, sobre todo, foi evolucionando. Nestes intres abrangue case por completo todas as posibilidades de solución web. Desde unha presentación de servizos a un emprendedor até unha tenda online.

Deseñar unha web con WordPress é sempre un acerto.

WordPress é o núcleo, o corazón do proxecto. É quen garante que os contidos conten cunha base sólida e funcionar. É o usuario quen debe indicar que se fai con eles instalando ou programando funcionalidades.

Existen ademais os chamados plugins, pequenas aplicacións que se instalan no WordPress e que realizan unha función concreta, o que aumenta as funcionalidades da web até o infinito.

Hai plugins de todo tipo: construtores web, galerías de imaxes, SEO, seguridade, tenda online, redes sociais, formularios, etc.

Deseños atractivos e adaptados.

Algo semellante ao que comentabamos anteriormente cos plugins acontece cos temas. Un tema (ou plantilla) consiste nunha serie de instrucións de programación e estilos que lle dan unha aparencia á web e a provén dunha serie de funcionalidades.

Existen miles de temas, de balde e premium!

Podes atopar moitos deles en ThemeForest, aínda que eu recomendo apostar por outros máis lixeiros e orientados ao SEO como Generate Press (o que eu utilizo). Ademais a práctica totalidade xa se adaptan a todo tipo de dispositivos.

Por último, é moi sinxelo engadir un blog a túa web. E tamén é moi importante. Un blog con contidos que aporten valor nunha web ben deseñada é a mellor porta de entrada para os teus clientes.

Un blog achega visibilidade, a visibilidade achega tráfico orgánico de Google, ese tráfico aporta clientes. Xa me entendes 😉

Ten unha gran comunidade detrás.

Existe un importante número de persoas que traballan diariamente en mellorar WordPress, grazas á súa condición de código aberto. E non só melloran o núcleo, senón tamén os temas e os plugins.

Cada un deles cunhas características e unhas personalizacións concretas que os fan adaptarse mellor a un ou outro tipo de proxecto.

Seguridade.

Non é ningún segredo que canta máis popularidade ten unha aplicación máis usuarios mal intencionados están á caza do erro que lles permita colarse sen permiso.

Os malos sempre están aí!

Pero é precisamente a popularidade de WordPress onde reside a súa fortaleza. A gran cantidade de persoas traballando diariamente en mellorar a ferramenta fai que se conte con actualizacións periódicas que melloran a seguridade as funcionalidades.

WordPress é un entorno seguro que evoluciona todos os días.

Amigo do SEO.

Como comentabamos antes o teu blog atraerá aos motores de procura e se o contido aporta valor e a web está ben deseñada acabarás sendo visible.

Mais as potencialidades de WordPress non acaban aí. Existen unha gran cantidade de optimizadores que farán que Google ame o teu sitio web, como o plugin de Yoast, que che permite cambiar as metadescricións ou os sitemaps.

É código aberto.

WordPress é gratuíto.

Podes descargalo, instalalo e modificalo sen ningunha restrición. Ti mesmo podes ver e personalizar o código, podes instalar as funcionalidades que desexes e facer os cambios necesarios até conseguir as funcionalidades desexadas.

Ademais é da túa propiedade e non terás anuncios agresivos a diferenza doutros xestores de contido como Blogger.

En definitiva…

Espero que este artigo che axudara a aclarar as dúbidas iniciais que tiñas sobre os xestores de contidos, WordPress ou o deseño web.

Non podo ocultar a miña especial simpatía por esta aplicación, que fai dunha web unha ferramenta útil, rápida e profesional para poder chegar aos clientes de xeito efectivo e avanzar no teu negocio dixital.

E ti estás de acordo? Ou prefires outro CMS? Esquecéuseme algunha das razóns clave?

Lémonos nos comentarios!

Comparte :)

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram
Share on email

Deixa un comentario