As miñas ferramentas

Descobre as ferramentas que utilizo todos os días nos meus proxectos de deseño. Cóntame as túas experiencias con elas!

Unha boa elección de ferramentas é esencial e marca a diferenza entre traballar con comodidade e de xeito eficiente ou facelo de xeito pouco produtivo. Despois de probar moitas e moi diferentes, estas son agora mesmo as que forman a miña caixa de ferramentas.

Algunha delas contén un enlace de afiliado. Iso significa que se as mercas entrando a través dunha ligazón da miña páxina estarás axudándome a continuar co meu proxecto dixital sen que che custe un só euro máis.

Quero que saibas que aínda que sexa afiliado dalgunha, isto non varía o que penso eu delas. Son as mesmas que utilizo na miña vida profesional e coas que fixen esta páxina.

Senón fosen boas non as utilizaría 😉

Siteground

Os primeiros nos que confiei e sigo utilizando os seus servizos para aloxar sitios de clientes. O seu servizo técnico é impecable.

Raiola Networks

Unha empresa da miña terra cun grupo humano que tiven o pracer de coñecer no RMC18. Gañáronme como cliente. Craks!

Dinahosting

Servizos de boa calidade e en galego. Bo servizo técnico por chat no que atenden as túas peticións en poucos instantes. Recoméndoo.

Elementor

Editor visual e personalizador de páxinas para obter un deseño profesional sen ter que programar (isto non é de todo certo hehe). (Valor: 44€/web).

Generate Press

O tema base de todos os meus deseños web. Plantilla rápida, moi personalizable e optimizada para o SEO. (Valor: 44€/web).

WP Rocket

Fai voar a túa web co mellor plugin de cache do mercado. (Valor: 35€/web). Nos casos de Siteground e Raiola, teñen un sistema e un plugin de caché propios recomendados.

Yoast SEO

Fai que as túas páxinas e entradas lle gusten a Google a través do complemento máis popular de SEO para WordPress.

UpdraftPlus

Protexe a túa web con copias de seguridade periódicas e automáticas.

Google Drive & Calendar & Analytics

Teño que recoñecer que estou completamente entregado ás ferramentas de Google. Fanme a vida incriblemente máis sinxela.

Camtasia

Do mellor que teño probado para gravar a pantalla do teu PC e facer vídeo titoriais. Recorda, o contido é o rei!

Canva

Se es un novato nisto do deseño gráfico, anímote a que probes esta aplicación de xeito gratuíto. Chéganse a facer cousas magníficas.

Se chegas aquí, isto é para ti!

Consigue o ebook “Os Segredos para Crear a túa Páxina Web sen ter Coñecementos Previos” de balde e forma parte da única comunidade de curiosos do deseño web en galego.