Como cambiar o botón de “Engadir ao carriño” por “Ver produto” en WooCommerce

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram
Share on email
(Votos: 2 Promedio: 5)

Cambiar o botón de “Engadir ao carriño” por “Ver produto” é un truco sinxelo e para toda a familia que podes facer na túa tenda online con WooCommerce.

A que vén isto?

Explícoche.

Botóns dunha tenda online

Como funciona o botón de cada produto na páxina da tenda?

O funcionamento por defecto de WooCommerce cando estamos a navegar pola páxina da tenda ou nos diferentes arquivos de categorías, atributos, etc. é o seguinte, e depende do tipo de produto diante do cal nos atopamos:

  • Se estamos diante dun produto simple, o seu botón asociado deixarache engadilo directamente ao carriño.
  • Se estamos diante dun produto variable, o seu botón asociado permitirache ir á súa ficha de produto para poder ver as súas características e elixir os seus atributos.
  • Se estamos diante dun produto agrupado, o seu botón deixarache ir á ficha de produto e escoller cales dos produtos que forman a agrupación queres comprar.
  • Se estamos diante dun produto externo ou afiliado, o seu botón permitirache ir á páxina externa desde onde comprar o produto.
  • E, por último, independentemente do tipo de produto, se é virtual, o botón asociado deixarache ir á súa ficha de produto.

É posible que este funcionamento sexa útil nalgúns casos, por exemplo en supermercados onde non fai falta entrar na ficha de produto para comprar pois xa temos claro a priori que queremos, pero confuso noutros.

Cada produto ten asociado un botón cun comportamento distinto, e o cliente non ten por que entender cando é dun xeito e cando doutro.

De feito, penso que o máis cómodo de entender é que o botón, independentemente de que tipo de produto sexa, vaia á ficha de produto correspondente. Isto é o que pasa cando fas clic na foto destacada.

E repito, sempre que a túa tenda precise este comportamento e non outro.

Cambiando o botón de “Engadir ao carriño” por “Ver produto”

E entón, como podo substituír o botón co funcionamento que comentamos arriba por outro que simplemente che deixe entrar na ficha do produto?

Pois terías que engadir dúas funcións.

Debes abrir o arquivo functions.php desde o administrador de WordPress. Atoparalo en Aparencia -> Editor de temas. Lembra que debes ter un tema fillo instalado para que os cambios non se borren.

/**
 * Desactivamos o  botón por defecto “Engadir ao carriño”
 */
remove_action('woocommerce_after_shop_loop_item', 'woocommerce_template_loop_add_to_cart', 10);

Con esta primeira función desactivo o botón por defecto.

/**
 * Creamos o novo botón no lugar onde se atoparía o outro
 */
function cambiar_boton_ver_produto() {
	global $product;
	$link = $product->get_permalink();
	echo '<a href="' . $link . '" class="button addtocartbutton">Ver produto</a>'; //creamos a ligazón cunha clase botón
}
add_action('woocommerce_after_shop_loop_item', 'cambiar_boton_ver_produto', 10);

Con esta segunda función o que fago é engadir un botón asociado a cada produto co texto “Ver producto”.

Conclusión

Outra función de WooCommerce que pode ser útil nalgúns intres.

Dependerá do teu negocio e como naveguen e compren os teus clientes.

Como o ves? Gústache máis este funcionamento ou o que está por defecto?

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram
Share on email

Os últimos artigos

Deixa un comentario



· Descarga agora a masterclass de balde ·

As claves dunha web profesional e rendible

Responsable:

Anxo Sánchez García (eu mesmo).
Tlf: (+34) 678 373 399.
Email: info(@)anxosanchez.com.

Finalidad:

Xestionar, atender e respostar a solicitudes de información ou calquera comunicación feita a través deste formulario.

Lexitimación:

Consentimento do usuario que fai uso da ferramenta.

Destinatarios:

Os datos que me envías están almacenados nos servidores de Raiola Networks. Podes ver aquí a súa política de privacidade.

Dereitos:

Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos.

Máis información:

Bótalle unha ollada á miña política de privacidade

Anxo Sánchez en formato tablet