Como engadir unha comisión a un método de pagamento en WooCommerce

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram
Share on email
(Votos: 2 Promedio: 5)

Á hora de configurar diferentes métodos de pagamento en WooCommerce é posíbel que queiras agregar unha comisión ou recarga a un deles para compensar os custos de utilizalo.

É dicir, na túa tenda online podes ofrecer o teu cliente varias formas de pagar e aumentar nunha delas un pouco o custo, pois a súa utilización é menos rendíbel para ti.

Antes de seguir recoméndoche que comprobes que isto está permitido na lexislación do teu país, e que o método de pagamento correspondente non o teña estritamente prohibido nas súas condicións de uso.

Se algunha das opcións anteriores é afirmativa, francamente evitaría utilizar esta solución e simplemente eliminaría esa pasarela de pagamento.

Se pola contra si está permitido, mostrareiche o xeito de facelo. É moi sinxelo, curto e intuitivo.

Acompáñame!

Establece unha recarga por forma de pagamento na túa tenda online

Para poder aplicar a recarga de xeito individual, e que ese sobrecusto non afecte a todas as pasarelas que teñas configuradas, debes instalar o plugin Woocommerce Pay for Payment.

Este plugin, que podes descargar de xeito gratuíto desde o repositorio de WordPress, permíteche facer exactamente o que buscamos. É dicir, engadir cargos individuais para cada método de pagamento.

Ademais, poderás elixir se queres unha tarifa fixa, unha tarifa porcentual sobre o total do carriño ou ambas á vez.

Instala el plugin WooCommerce Pay for Payment

Como configurar a comisión por cada método de pagamento

O plugin non ten configuración adicional. Unha vez instalado, debes acceder á forma de pagamento na que queiras engadir a comisión e verás que aparecen unha serie de novos campos que antes non estaban.

  • Título do artigo: a etiqueta que identificará a recarga na páxina de pago.
  • Cargo fixo: cifra concreta adicional que se engadirá ao total por escoller este método de pago.
  • Cargo en porcentaxe: porcentaxe do total do carriño que se engadirá por escoller este método de pago.
  • Cargo mínimo: selecciona un cargo mínimo que se aplicará sempre. Se deixas 0, non se aplicará.
  • Cargo máximo: selecciona un cargo máximo que se aplicará sempre. Se deixas 0, non se aplicará.
  • Desactivar en envío gratuíto (Disable on Free Shipping en inglés): a cota non se cargará se está activado o envío gratuíto.
  • Desactivado en envío gratuíto  (Disable on Zero Shipping en inglés): a cota non se cargará se o envío é cero.
  • Impoñible: a cota extra é impoñible.
  • Impostos incluídos: se non marcas esta opción, os impostos da comisión calcularanse a maiores.
  • Clase de imposto: escolle o imposto correspondente que se aplicará. Se non lembras como se configuran, bótalle unha ollada a como se configura Woocommerce como un profesional.
  • Cotas: marca a opción se queres que as comisións aplicadas se incluan no cálculo porcentual da recarga.
  • Cupóns: marca a opción se os cupóns se incluen no cálculo porcentual da recarga.
  • Envío: marca a opción se o envío se inclue no cálculo porcentual da recarga.
  • Impostos: marca a opción se os impostos se incluen no cálculo porcentual da recarga.
Configuración da comisión nun método de pagamento activo na tenda online
Así se vería aplicada no checkout

Engadir unha comisión para  Paypal

Teño que dicir que o caso práctico que máis me atopei é a aplicación dunha comisión para quen elixa PayPal como método de pago.

Pero coidado, Paypal prohibe explicitamente esta práctica. Coméntocho para que o teñas en conta.

Se aínda así queres establecer a recarga, debes coñecer primeiro cales son as comisións que che cobrará a ti PayPal polo seu uso na túa tenda en liña: 2,9% + 0,35€ por transacción.

Configuración da comisión PayPal

Conclusión

Xa ves que con este  plugin poderás aplicar diferentes comisións segundo o método de pagamento que elixa o cliente.

Non falla, pero úsao con coidado.

Ademais de que poida que non sexa legal segundo a normativa, ou que a pasarela correspondente o prohiba, o cliente verá esta comisión como unha contrariedade e se non estaba moi convencido de mercar… poida que perdas a venda.

O mellor será probar e ver como responden os usuarios para saber se che compensa ou non.

Se o probaches, dime que opinas.

https://youtu.be/JrN4aWZiddc
Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram
Share on email

Os últimos artigos

Deixa un comentario



1 comentario

  1. Hola Anxo, me ha resultado muy util el artículo, he podido establecer un cargo extra por el pago a traves de BIZUM, de una manera sencilla y muy rapida. El aspecto del Checkout es magnifico.

    Responder

· Descarga agora a masterclass de balde ·

As claves dunha web profesional e rendible

Responsable:

Anxo Sánchez García (eu mesmo).
Tlf: (+34) 678 373 399.
Email: info(@)anxosanchez.com.

Finalidad:

Xestionar, atender e respostar a solicitudes de información ou calquera comunicación feita a través deste formulario.

Lexitimación:

Consentimento do usuario que fai uso da ferramenta.

Destinatarios:

Os datos que me envías están almacenados nos servidores de Raiola Networks. Podes ver aquí a súa política de privacidade.

Dereitos:

Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos.

Máis información:

Bótalle unha ollada á miña política de privacidade

Anxo Sánchez en formato tablet