Como configurar os impostos en WooCommerce

Á hora de crear unha tenda online profesional moitas empresas e emprendedores apostan por WordPress e WooCommerce, pois se trata dunha solución flexible, potente e que conta con todas as funcións e utilidades necesarias.

Dentro das distintas configuracións que hai que realizar nesta plataforma, os impostos son unha das máis importantes, pois permiten garantir o cobro axeitado para cada produto e país, e así cumprir coas obrigas impositivas pertinentes.

A continuación, falareiche dos impostos dunha tenda online e como se poden configurar en WooCommerce de forma rápida e sinxela.

Que son os impostos en WooCommerce

Os impostos de WooCommerce son unha opción que, de saída, está algo oculta.

Para poder acceder ás opcións de impostos é necesario habilitalos nas opcións de configuración do propio complemento, pois veñen desactivados por defecto cando se instala e activa o plugin en WordPress.

Configuración de impostos en WooCommerce paso a paso

Vexamos cal é o proceso que hai que seguir para a correcta configuración de impostos en WooCommerce.

Habilitar a opción de impostos

En primeiro lugar, debes ir ao panel de administración de WordPress, e dentro da opción de WooCommerce, seleccionar Configuración/Xeral. Desta maneira accederás ás opcións xerais do plugin.

Terás que localizar a opción Activar taxas de impostos e os seus cálculos e marcar a súa cela para habilitar a xestión de impostos. Finalmente, debes ir á parte baixa desa páxina ata chegar ao botón Gardar, para gardar e activar os cambios realizados.

Acceder aos opcións de configuración de impostos

Unha vez habilitados os impostos xa podes acceder á súa páxina de configuración en WooCommerce. Dentro das Configuracións, hai que acceder á nova opción que aparece chamada Impostos.

Esta nova pestana ten todas as opcións de configuración de impostos para a xurisdición fiscal na que se encontra a tenda online.

Prezos con impostos incluídos

Esta opción permite elixir se se introducirán os prezos dos artigos da tenda con ou sen os impostos incluídos.

  • Si, vou introducir os prezos con impostos incluídos. Os prezos que se fixen para cada artigo xa teñen os impostos incluídos.
  • Non, introducirei os prezos sen impostos. Aos prezos que se fixen para cada artigo aplicaráselles a porcentaxe indicada. É dicir, a páxina sumará automaticamente ao prezo que indiques os seus impostos correspondentes.

Cálculo do imposto segundo localización

Na opción Calcular imposto baseado en, determinarase a dirección que utiliza WooCommerce para realizar o cálculo do imposto correspondente.

As opcións dispoñibles son:

  • Dirección de envío do cliente (por defecto). Terase en conta a dirección do cliente para aplicar o imposto.
  • Dirección de pedido do cliente. Terase en conta a dirección fiscal do cliente para aplicar os impostos. Esta opción semella a máis conveniente, pois permite diferenciar entre onde se envía e onde se factura. Pode que non sexa a mesma que a dirección de envío.
  • Dirección base da tenda. Para aplicar o imposto aos artigos tendo en conta a propia dirección da tua tenda online..

Clase de imposto por envío

Nesta opción axústase a taxa de imposto a aplicar aos gastos de envío. Queres que sexa dependendo dos produtos do carriño ou un imposto fixo do 21%?

Ten ollo con isto, é un erro moi común non prestarlle atención.

Redondeo

Ao marcar a opción de Redondeo, o cálculo dos impostos farase do total do importe do carriño da compra, en lugar de facelo en cada produto de maneira individual.

Deixar marcada esta cela é a forma habitual para aplicar o cálculo de impostos sobre o total dos produtos que o cliente vai comprar.

Clases de impostos adicionais

Neste apartado pódense engadir os distintos impostos que se aplican na tenda online.

Nesta opción simplemente escríbese o nome do imposto. Por exemplo: estándar (21%), reducido (10%) e superreducido (4%). Un por liña.

Unha vez engadido os distintos impostos neste apartado, aparecerán na parte superior para poder seleccionalos e personalizar as súas opcións.

Configurar campos das taxas de impostos

Cando se configura a clase de impostos adicionais actívanse as distintas taxas creadas en diferentes pestanas na parte superior das opcións. Facendo clic sobre cada unha delas accederase ás opcións de configuración personalizadas onde se pode engadir a porcentaxe para aplicar en cada caso.

Tamén se poden engadir outros aspectos interesantes, como os códigos ISO 3166-1  alpha-2 do país para asignar os impostos de forma automática dependendo do país do cliente que realice a compra na tenda.

Mostrar prezos na tenda e mostrar prezos no carriño e no pago

Estas dúas opcións permiten personalizar como se mostra o imposto nos prezos dos produtos da tenda, no carriño da compra ou na páxina de pagos.

Para o caso dos prezos na tenda, o mellor é deixar o imposto incluído para evitar que os clientes leven unha sorpresa ao ir pagar as súas compras e ver como o importe final é superior ao que esperaban.

Sufixo a mostrar no prezo

Este campo é moi interesante pois permite engadir un texto personalizado despois do prezo dun artigo. Por exemplo, pódese engadir “prezo con impostos incluídos” para informar os clientes deste feito.

Visualización do total de impostos

Para configurar como se mostran os impostos na páxina de pago e do carriño da compra hai dúas opcións que se poden seleccionar:

  • Como un total único. Para mostrar o importe total de todos os impostos aplicados ao pedido.
  • Detallado. Para desagregar cada un dos impostos e que o cliente teña unha información máis precisa sobre os mesmos.

Conclusión

En conclusión, faleiche de como configurar os impostos en WooCommerce.

Esta opción é moi importante, pois os impostos son obrigatorios e cobralos ben fará que non teñas que preocuparte polas posibles sancións. Bon, iso e ter ben configurados os textos legais da tua web.

Configurar de forma axeitada os impostos de WooCommerce é un proceso sinxelo e intuitivo. Grazas ás distintas opcións, pódense configurar os impostos para mostrar e cobrar aos clientes, sen necesidade de dispoñer de coñecementos técnicos ou financeiros.

De que se fala aquí

Deixa un comentario