Cupóns de desconto para WooCommerce. A maneira de facelos na túa tenda online

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram
Share on email
(Votos: 1 Promedio: 5)

Xa tes montada a túa tenda online con WordPress e WooCommerce e estás a vender como churros ese produto estrela que axuda a mellorar a vida da xente.

Engadiches todos os produtos e sabes como configurar descontos no prezo de cada un deles.

Perfecto, todo vai ben.

Con todo, pasado un tempo, chega un momento en que as rebaixas se xeneralizan, queres facer unha promoción concreta polo teu primeiro aniversario ou precisas fidelizar antigos clientes.

Hai unha solución optimizada para isto: os cupóns de desconto.

Que é un cupón en WooCommerce?

Os cupóns de desconto en WooCommerce son unha potente funcionalidade da túa tenda online que che permite ofrecerlles ofertas e descontos aos teus clientes de xeito controlado e todo o segmentado que queiras.

O uso de cupóns é unha das estratexias máis interesantes para mellorar vendas e fidelizar clientes, así que debes pensar ben os obxectivos, a que clientes ofrecelos e a finalidade dos mesmos.

Para poder crear o primeiro cupón na túa tenda non necesitas instalar ningún plugin extra de WooCommerce; ao contrario, é unha funcionalidade que xa vén por defecto e que podes encontrar en WooCommerce -> Cupóns.

Se non a ves é porque a tes desactivada, aínda que adoita vir activa por defecto. Para activala, sitúate en WooCommerce -> Axustes -> Xeral e marca a opción “Activa o uso de códigos de cupóns”.

Como funcionan os cupóns na túa tenda online?

Os cupóns de WooCommerce funcionan exactamente igual que calquera cupón que empregases nunha tenda física.

Mediante un código que mostras á hora de pagares a túa compra, aplicarase un desconto, que pode ser unha cantidade fixa ou unha porcentaxe sobre o total do tícket.

Isto último é importante, xa que pode variar moito a maneira de utilizar o cupón. Así, podemos encontrar:

  • Desconto en porcentaxe sobre o total da compra.
  • Desconto fixo sobre o total da compra.
  • Desconto fixo por produto.

E alén disto, á hora de creares o teu primeiro cupón deberás ter en conta varias cuestións, que as terás que pensar previamente, para que sexan coherentes coa túa estratexia de márketing:

  • Cal vai ser o desconto ofrecido.
  • Como vai ser o desconto ofrecido.
  • Cantas veces se poderá empregar.
  • A quen llo vas ofrecer.

Que datos debes indicar á hora de creares o teu cupón

Se pulsamos en “engadir cupón” temos que indicar un código de cupón, que funcionará como nome identificativo do mesmo e como código que o cliente deberá insertar na tenda online para obter o desconto.

Ademais, podemos encontrar até tres pestanas con opcións: xeral, restrición de uso e límites de uso.

Xeral

É a primeira das pestanas de opcións que debes configurar, onde encontrarás:

  • O tipo de desconto. Como xa vimos, pode ser un desconto en porcentaxe total do tícket, un desconto fixo por carriño e un desconto fixo de produto.
  • Importe do cupón. O valor do cupón. Un número, sexa total ou porcentaxe.
  • Permitir envío gratuíto. Se o cupón ofrece envío gratuíto, debes marcar esta opción. Por certo, deberás indicar que existe ese tipo de envío nas opcións de envío.
  • Data de caducidade do cupón. Podes configurar até que día está activo un cupón. Ideal para ofertas limitadas no tempo.
cupones de WooCommerce opciones general
Xeral

Restrición de uso

Con estas opcións definimos, en concreto, o comportamento do cupón a través das seguintes opcións:

  • Gasto mínimo. Podes indicar un subtotal mínimo para poder utilizar o cupón.
  • Gasto máximo. Podes indicar un subtotal máximo para poder utilizar o cupón.
  • Uso individual. Depende se permites o uso combinado ou non de cupóns, debes marcar ou desmarcar esta opción.
  • Excluír os artigos en oferta. Marca esta opción se non permites que o cupón se empregue en artigos que xa están rebaixados.
  • Produtos. Indica en que produtos concretos se poderá aplicar o cupón. Se o deixas en branco, aplicarase a todos.
  • Produtos excluídos. Tamén podes indicar en que produtos concretos non se vai aplicar o cupón.
  • Categorías do produto. A que categorías de produto se lles poderá aplicar o cupón.
  • Excluír categorías. A cales non se poderá aplicar.
  • Correos electrónicos permitidos. Poderás indicar que correos electrónicos, indicados nos datos de facturación do pedido, poderán facer uso do cupón. Se non escribes nada, non existirá tal restrición.
cupones de WooCommerce datos del cupón
Restricciones de uso

Límites de uso

Por último, debes configurar cantas veces se poderá utilizar o cupón:

  • Límite de uso por cupón. Indica cantas veces se pode utilizar o cupón antes de inhabilitalo.
  • Limitar o uso a X artigos. Indica se existe algún tipo de restrición ao número de produtos individuais por carriño ao que se pode aplicar.
  • Límite de uso por usuario. Configura cantas veces pode, un único usuario, utilizar o cupón.
cupones de WooCommerce límites de uso
Límites de uso

Conclusión

O emprego dos cupóns é bastante fácil e as funcionalidades por defecto son, na miña opinión, abondas para comezar.

O punto positivo dun sistema de cupóns de desconto é que estamos amplamente familiarizados con el, ao ser de uso corrente no comercio offline.

Mais lembra, os cupóns deben estar dentro da túa estratexia, xa que se os usas ben poderás aumentar as vendas e fidelizar clientes.

E ti, que experiencia tiveches con eles?

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram
Share on email

Os últimos artigos

Deixa un comentario