imagen leadmagnet principal ebook secretos

Queres coñecer todo o necesario para ser visible en internet?

Descubre as claves para ter unha páxina web cun resultado profesional sen precisar coñecementos técnicos previos de HTML ou CSS.

De regalo: consegue un ebook de balde e forma parte da única comunidade de curiosos do deseño web en galego.

imagen flecha

Servizos

Que é o que fago?

Axudo a emprendedores coma ti ou a empresas como a túa a ter unha web visible e profesional que convirta visitas en clientes.

Deseño Web

Deseño unha web única e que poidas xestionar de xeito sinxelo. Personalizada para ti, agradable e con extensións ilimitadas.

100% garantido

Achegarei todos os meus coñecementos. Direiche a verdade e trasladareiche a miña experiencia. Acompañareite durante todo o proceso e titorizarei a túa aprendizaxe.

Mantemento Web

Elimina as preocupacións polas tarefas de mantemento e actualización da túa web. Encárgome de tela sempre optimizada.

Sen dores de cabeza

Non deixes centos de horas en solucionar erros co WordPress ou o servidor e céntrate no teu negocio.

Rede de colaboradores

Conto cunha rede de colaboradores para os proxectos máis completos e avanzados. O que precisas nun só servizo!

Ti elixes!

Non é obrigatorio contar con eles, mais si recomendable. Temos traballado conxuntamente. Non recomendaría algo que non probei eu anteriormente.

Atención personalizada

Xerarei unha relación de confianza. Opino e asesoro en base a experiencia conseguida dos proxectos realizados.

Conta comigo

Axúdoche a gañar visibilidade, a transmitir confianza e a potenciar a túa marca persoal. Tes moito que dicir, tes moito que aportar. Só precisas ser visible.

Non digas que non te avisei!

Sabías que o 90% das webs son invisibles para Google?

Atrévete a deixar as sombras e abandona o anonimato. Precisas tráfico cualificado, e para iso é esencial ter unha web optimizada e veloz que axude a reverter un posicionamento defectuoso.

imagen pc rocket

O único blogue sobre deseño web e WordPress en galego!

últimas entradas do blogue

Articulo guia tutorial como instalar WordPress
Blogue
Anxo Sánchez

Guía: como instalar WordPress paso a paso

Sobre WordPress construímos toda a nosa estrutura. Deseñamos as páxinas, escribimos e ordenamos as entradas, colocamos os textos, as fotos e innumerables extensións. Pero antes de comezar co deseño, temos que instalar WordPress no noso servidor. E por isto escribo este titorial.

Ler Máis >>
Artículo blog optimizacion imagen wordpress
Blogue
Anxo Sánchez

Como optimizar as imaxes da túa páxina web en 3 pasos

As imaxes son un dos factores máis determinantes á hora de seducir aos teus potenciais clientes. Unha correcta optimización fai que mellore o rendemento. Cantos menos datos se descargue o usuario, maior será a velocidade, menor o consumo de recursos e Google estará máis contento.

Ler Máis >>
imagen artículo url www
Blogue
Anxo Sánchez

WWW si ou WWW non? Como poñer WWW ás URL’s no teu WordPress

No proceso de optimización desta web surxiume a dúbida da diferencia que existe entre colocar ou non colocar as www na URL do meu sitio. Hai algunha diferencia técnica? Existe algunha vantaxe no posicionamento SEO se temos presentes ou non as www? Cal elección sería mellor? Vémolo neste artigo.

Ler Máis >>

Opinións

Isto é o que din de min

Sobre min

Chámome Anxo Sánchez. Adícome ao deseño de páxinas web con WordPress a tempo completo e escribo o único blogue sobre deseño web e WordPress en galego.

En xaneiro de 2018 comecei coa miña experiencia como deseñador freelance. Xa coñecía WordPress, pero me tocou aprendelo en moita máis profundidade.

Loitei contra os meus temores, contra as barreiras que ao longo dos anos fun (ou fóronme) construíndo. Falar en público. Vender. Medo ao “que dirán”. Medo ao fracaso.

A día de hoxe ofrezo estes catro servizos:

Dime o que precisas e falemos de como mellorar o teu proxecto online (ou polo menos tomaremos un café ☕).

Apúntate a miña newsletter

Subscríbete. Un ebook é para ti e recibe cada semana as últimas novidades sobre deseño web, WordPress e moitos outros temas sobre os que escribo no meu blogue.