Son Anxo Sánchez

Deseñador Web Freelance

Antes de continuar direiche que non son un gurú do márketing, non viaxei a Silicon Valley nin a Seul; nin teño unha conta bancaria con decenas de ceros.

Gústame deseñar webs optimizadas.

Apaixóname romperme a cabeza aprendendo tecnoloxías online e montando páxinas que carguen cada vez máis rápido, pero non fun contratado por Google nin me fixen rico aos 18 anos.

E a pesar de non saír nas páxinas destacadas de Expansión e de ser un tío ao que lle gusta tomarse unha cervexa vendo o fútbol os domingos, considérome bo no quefacer de crear unha páxina web ou montar unha tenda online rápida e optimizada, que trasladen o teu valor e vendan produtos aínda sen estar pendente do computador.

Se isto é un problema para ti, non sigas lendo.

Unha vez aclarado, quérote contar de que vai isto

Son deseñador web freelance con WordPress e vivo e traballo na Coruña.

Axudo a emprendedores coma ti ou a empresas como a túa a ter unha web profesional que voe, teña visibilidade e consiga clientes a través de internet.

Sei que os inicios de todo proxecto son duros, eu mesmo o sentín non hai moito, por iso se es un emprendedor que está comezando ou simplemente queres anovar o teu escaparate dixital, podes contar comigo.

Unha web é a ferramenta ideal para trasladar ao mundo o que mellor sabes facer.

Deseñareina para que a poidas xestionar de xeito sinxelo. Optimizareina para que sexa intuitiva e do gusto de Google. Engadirei velocidade e seguridade para que a túa máxima preocupación sexa o teu negocio, fiques contento e durmas tranquilo cun investimento ben feito.

Unha proposta personalizada unicamente para ti, escalable, con infinidade de extensións, sinxela no seu uso e cunha curva de aprendizaxe pequena. Todo isto nunha base de WordPress, o maior xestor de contidos do mundo.

Goza de personalización e escalabilidade para que o teu proxecto medre. Todo iso coa satisfacción de poder implicarte no seu desenvolvemento grazas aos titoriais e o soporte que inclúen os meus proxectos web.

Sen enganos.

Ti tamén tes a unha conta de administración (non estás atado a min) es libre de chegar e de marchar. Aínda que se o consideras ofrezo un servizo de mantemento para que non teñas que gastar o tempo nas tarefas administrativas da web e esteas centrado no teu negocio.

E non só deseño. Achego toda a miña experiencia para guiarte no teu proxecto dixital. Axúdoche a crear a túa marca persoal a través da confianza e a autoridade. Guíote para que desenvolvas un blog onde transmitas todo o valor, porque o contido é o rei. E por suposto, son claro se penso que as ideas que se teñen non van a ningunha parte.

Se queres comezar pero non sabes onde, estás no lugar indicado!

foto anxo sanchez mirando a cámara

Son deseñador web WordPress

Mellora a túa presenza na internet e consegue unha web optimizada e profesional. Unha páxina creada a medida para ti. Elixe visibilidade.

Son formador web e profesor

Ensínoche desde cero a manexar WordPress, a montar a túa páxina web e a definir a mellor estratexia para o teu proxecto dixital.

Son emprendedor dixital

Son emprendedor e a miña base é internet. Impulsei varios proxectos a través deste medio, dos que saquei sempre valiosas aprendizaxes.

Axúdoche a crear a túa propia páxina web

Decidín especializarme en WordPress. 

Quería axudar a persoas emprendedoras, a freelances, a empresas e a organizacións a comunicar de que xeito poden aportar valor a outros. De que xeito poden axudalas. 

Contigo non só deseñarei unha páxina atractiva e profesional.

Xerarei unha relación de confianza. Opino e asesoro en base a experiencia conseguida de todos os proxectos realizados.

Axúdoche a gañar visibilidade, a transmitir confianza e a potenciar a túa marca persoal.

Tes moito que dicir, tes moito que aportar. Só precisas ser visible.

Aprende (ou corríxeme) e debate no meu blogue onde atoparás contidos relacionados co deseño web, WordPress e emprendemento.

Cóntame a túa historia. Dime o que precisas e falemos de como mellorar o teu proxecto online.

E ademais non estou só!

Se o teu proxecto necesítao, teño unha rede de colaboradoras e colaboradores que remarán comigo para que o proxecto chegue a bo porto.

Foto Colaboradora Nune

Nuria Pampín

Fotografía

Foto colaborador Ruben

Rubén Gasalla

Vídeo

Foto colaboradora Lena

Lena A. M.

Ilustración

Jose Luis Perez Lado colaborador SEO de contenidos y campañas de márketing

Jose L. Pérez Lado

SEO de contidos, análise e Google Ads‎

· Descarga agora a masterclass de balde ·

As claves dunha web profesional e rendible

Algo máis persoal

Crecín e estudei neste recuncho do noroeste. Din que falamos raro e que estamos sempre de parranda. E algo diso hai.

Estudei Administración de Sistemas Informáticos e cursei formación complementaria nese mesmo sector (HTML5, CSS3, JavaScript, Java…). Saltei de servizo técnico dunha empresa a outra. Horarios bastante grandes e baixos salarios. Bos compañeiros, boas madrugadas.

Como todos! Pero algo me fixo cambiar de perspectiva.

En conxunto con dous grandes profesionais, Luís e Antón, iniciamos un proxecto de servizos informáticos que morreu aos poucos meses. Chamábase D3 e foi o primeiro intento. 

Un fracaso? Non, unha gran aprendizaxe do que se debe e non se debe facer como emprendedor.

Aquí decidín que iso non me ía a parar. Non me valía volver ao “malo coñecido” e me puxen novos retos onde achegar todo o meu talento (sexa moito ou pouco).

Empecei a miña experiencia como deseñador web freelance con WordPress. Xa coñecía WordPress, pero me tocou aprendelo en moita máis profundidade. Por diferentes cuestións da vida xa instalara, administrara e deseñara algunha web con anterioridade. Hosting, temas, plugins… eran termos comúns para min.

O tema do traballo leva máis dunha década estando complicado, non vou dicir nada que non saibas con só ler o xornal. A cousa está fea, pero eu decidín intentar ver que oportunidades había fora das paredes da miña casa.

Perdín o medo.

Loitei contra os meus temores, contra as barreiras que ao longo dos anos me fun (ou me foron) construíndo. Falar en público. Vender. Medo ao “que dirán”. Medo ao fracaso.

Non me arrepinto.

Pero coidado, non caiamos no mito de ser o teu propio xefe. Hai que traballar como un cabrón! Esquécete desas imaxes idílicas de traballar cun portátil desde a praia.

Imagen de Anxo Sánchez en A Coruña, plaza María Pita

A miña profesión e onde me movo

Participo activamente na ampla comunidade de WordPress, en concreto desenvolvendo solucións de código aberto e nas traducións de temas e plugins ao galego.

Estou a favor dunha web aberta e democrática, que é o que en definitiva representa WordPress. Podes escoitar a entrevista/charla onde falo de todo iso, grazas aos amigos de Mancomún.

Gústame ensinar e compartir. Por iso participei en diferentes eventos e poñencias onde falei de WordPress e deseño web.

Nun sentido máis profesional, dei clases en escolas de negocios e másteres de márketing dixital.

Teño que confesar, para acabar, que una das cousas que máis me enorgullecen son as opinións que teñen de min os meus propios clientes. Quérelas ver?

Non perdas máis vendas por non ter unha páxina web profesional e optimizada