como crear unha tenda onlinee non perder máis vendas

Deseño de tendas online

Quero contar a (terrible) historia de cando montei a miña primeira tenda online, e que pasou con ela.

Teño un amigo que se chama Fran.

A verdade é que non me acordo cando o coñecín exactamente, pero xa hai moitos anos.

Fran é a mítica persoa máis túzara e pelma que unha mula. Cando se lle mete algo na cabeza non para ata conseguilo. E non, non me refiro precisamente a negocios.

Pero creme, é moi pesado. Se quere algo, manda emails, WhatsApps, chama por teléfono… un acoso constante.

Resulta que ao acabar de estudar Fran e eu abrimos uns perfís sociais e grazas á súa extrema pesadez chegamos a ser unha especie de influencers de natureza. Si, subiamos imaxes de paisaxes e á xente encantáballe.

E se non lle encantaba, pois Fran escribía por privado a centenares de persoas ata que daban ao like. Daquela, Facebook aínda deixaba ter perfís ao que agora son páxinas e iso dábanos moita máis capacidade.

Ocorréuseme unha idea.

Por que non aproveitar a toda esa masa de xente para sacar uns euros cunha tenda online?

Púxenme ao choio.

Tardei unha semana en comprar o dominio e o hosting. Entre tanta oferta, cal será o óptimo para a miña tenda online?

Levoume máis de tres semanas elixir o tema de WordPress e os plugins a instalar. Deixeime unha pasta e a metade non valían.

Case uns dous meses estiven para escribir os textos, optimizar as fotos e deseñar a páxina.

E sabes que tamén hai que adaptala a móbiles?

Bon. Que me levou case catro meses publicar unha maldita tenda online.

E aínda non falamos de como me van pagar os clientes!

O caso é que estaba eufórico, era unha gran oportunidade de demostrar que sabiamos vender e, por que non, gañarnos a vida por Internet.

Pasaban as horas, os días, as semanas desde que publicamos a páxina web. E día tras día comprobaba con mágoa que esas poucas visitas non subían. Non conseguía clientes. A miña web non era rendible. 

Aínda tendo tanta xente nas redes sociais.

Que pasa? Que fago?

Lérame moitos blogs que xa daquela falaban de márketing e comercio online. Aplicara as técnicas que recomendaban os gurús do momento. Até me apuntei a esas primeiras newsletters que enviaban!

Confésoo. Levoume tempo darme conta do que pasaba.

Tempo e experiencia que gañei durante os últimos anos creando e optimizando páxinas web.

Ese tempo que moitas outras persoas non teñen para isto, para min foi parte fundamental do meu actual negocio.

Non tiña en conta a velocidade da web. Tardaba moitos segundos en cargar e os usuarios marchábanse.

Non optimizara as imaxes. Eran demasiado grandes, a web pesaba moito.

Non entendía de combinar tipografías e cores. Parecía un cadro abstracto, o visitante non sabía onde facer clic.

Non sabía que complementos mercar. Fieime do primeiro que lera e o quebracabezas non encaixaba.

Non coñecía os segredos da escritura persuasiva, do blog nin do Seo. Era invisible para Google.

A verdade é que me fartei e deixeino de lado.

"Se estou a facer todo o que leo por aí, estou a esforzarme en subir as mellores fotos da cámara, en combinar as cores o mellor que podo, en instalar os complementos máis caros… Que máis podo facer?"

Pero aquela web tiña unha difícil solución.

Como é que ninguén me atopaba en Google se todo o mundo xa usaba internet?

Como é que a xente que me visitaba desde as exitosas redes que administrabamos non compraba?

O que me pasaba a min pásalle a moitos dos emprendedores de hoxe en día cando deciden abrir a súa tenda online.

A solución non pasa por dar paus de cego deixando centos de horas en deseños estériles ou comprando as ferramentas dos “triunfadores” de turno, que cobran unha comisión por venderchas.

A maioría de negocios que queren vender online non están tan lonxe de poder chegar ao seu obxectivo.

O comercio electrónico é un mercado que non para de crecer.

Póñoche un exemplo, segundo o INE menos do 5% das empresas de menos de 10 traballadores venden online, mentres que os datos indican que máis da metade da poboación realizou compras en liña o ano pasado.

E si, é certo que Amazon ocupa unha parte moi importante deste mercado, pero nin o ocupa totalmente nin tampouco é líder en todos os sectores do comercio.

Para moitos negocios, por razóns económicas, de branding (marca persoal ou empresarial) ou de estratexia, Amazon ou outras plataformas similares non son a mellor opción para vender por internet.

Por que vas regalar parte do teu beneficio por estar nunha plataforma onde os teus propios competidores te ocultan?

Na internet hai moitas, moitísimas oportunidades. E nada indica que vaian acabar, máis ben ao contrario. Cada vez procuramos, comparamos e compramos máis por internet.

O comercio tradicional vai a menos en moitos sectores.

Non é que me pareza ben, simplemente é así.

Podes dar as costas a esta realidade e que a túa competencia se posicione no mercado online.

Podes publicar un sitio e depender da sorte que haxa nese momento.

Ou podes actuar.

Se non queres deixar o camiño libre a quen non ten mellor proposta de valor que a túa pero leva aos teus clientes ou non depender da fortuna, seguro que che interesa o que vou a ofrecer.

A oportunidade de ter unha tenda online optimizada, rápida e rendible é posible se sabes como.

Agora explícocho, pero antes para un momento e pensa:

Cantas vendas estás disposto a perder por non montar unha tenda online?

Que consegues co meu servizo de deseño de tendas online?

  • Asesoramento sobre a empresa de hosting a contratar. A oferta é inmensa e non todas cumpren os requisitos precisos para unha tenda online.
  • Consultoría sobre a estratexia dixital do teu negocio. Analizo as túas necesidades e os teus competidores online. Propóñoche un plan de acción a executar potenciando as túas fortalezas.
  • Optimización técnica. A velocidade e o peso son factores fundamentais dunha páxina para que os teus visitantes non fuxan aburridos de esperar e para Google posicione a web.
  • Deseño profesional. Adapto a tipografía e as cores á túa identidade corporativa ou logo. Senón o tes, penso unha proposta baseada no teu cliente obxectivo e a teoría da cor. A túa web ten que vender, non parecer a paleta dun pintor.
  • Seguridade anti-malos. Todos coñecemos alguén que tivo un virus no seu computador, verdade? Pois existen igual para as webs. Durme tranquilo sabendo que ninguén vai entrar na túa páxina, roubar os teus datos ou borrala enteira.
  • Formación a medida. Sentámonos ti e mais eu para que aprendas como funciona a túa tenda online e a poidas xestionar do xeito máis sinxelo posible. Ademais, douche acceso á miña academia de formación privada para clientes.
  • Atención posvenda. Nin desaparezo nin me desentendo. Acompáñote os primeiros tres meses, e se prefires que me ocupe do mantemento técnico eu encantado.

O desenvolvemento dunha páxina web é un proceso vivo e interactivo entre ti e mais eu.

Primeiro preséntasme a túa idea con toda a información sobre o teu negocio, o teu produto e o teu cliente. Teño que coñecelo coma se fose meu.

A continuación, realizo unha análise estratéxica, defino un plan de acción e trasládoche unha proposta para que a estudes.

Por último, executo o deseño e as revisións ata que todo encaixe.

Ten en conta que, polo menos, debemos facer dúas reunións o extensas que fagan falta. Unha á hora de presentarme a túa idea e outra á hora de rematar o proxecto. Poden ser por teléfono, aínda que a min gústame máis por vídeo-conferencia.

Como xerar ingresos desde a túa tenda online, aínda que esteas a esquiar en Andorra

  • Desde o sofá ou desde o despacho. O teu cliente poderá navegar pola túa web e comprar na tenda desde calquera dispositivo. Sabes a cantidade de páxinas que aínda non se ven ben en móbil?
  • Aceptación de pagos de xeito automático. Captura o importe no intre do pago para que canto antes o recibas na túa conta bancaria. Non agardes días ou semanas ata que a alguén se lle ocorra realizar a transferencia.
  • Notificacións inmediatas ao cliente. Posiciónate como un experto na atención ao cliente e a posvenda personalizando e automatizando as mensaxes aos teus clientes.
  • Contabilidade ao día. Xera facturas de cada venda de xeito secuencial e automático sen necesidade de ir creándoas unha a unha.
  • Promociona produtos e aplica descontos exclusivos. Crea cupóns de desconto e configúraos segundo a túa estratexia. Promocións exclusivas para clientes? Ofertas ás 25 primeiras compras? Ti elixes.
  • Non sufras por carriños abandonados. Sabías que o 70% dos usuarios abandona o seu carriño da compra? Poñémoslle remedio a iso para aumentar a conversión.​
  • Moitas páxinas reciben tráfico, pero non venden. Analizo como é o mellor xeito de presentar os teus produtos para reter ao cliente e presentar o valor que lle ofreces.

Vale, moi ben. E a web exactamente como vai ser?

Unha páxina web con tenda online está composta da parte técnica, que inclúe optimizacións, velocidade e seguridade.

Logo están os contidos, que te posicionarán en Google, daranche autoridade ante o teu potencial cliente e serán fundamentais á hora de vender.

A continuación, está o deseño. O envoltorio co que presentamos o teu valor do xeito máis atractivo posible.

Por último, optimización para SEM, para a publicidade, para os anuncios de toda a vida. Ata recibir visitas orgánicas vai ser útil para o teu negocio aproveitar o potencial da publicidade online.

En concreto

  • WordPress. A túa web estará baseada en WordPress, o xestor de contidos máis popular. Calcúlase que o 35% de todas as webs do mundo constrúense sobre WordPress. Aí é nada 😉
  • WooCommerce. A tenda online baseada na popular extensión Woocommerce, con máis de 5 millóns de instalacións activas e cunha esmagadora valoración positiva.
  • GeneratePress Premium. O tema preferido para os que queremos unha web configurable, liviá e optimizada. Só o esencial, nada superfluo, nin máis nin menos.
  • Elementor Pro. O deseño estará construído coa mellor alternativa entre os page builders, a opción máis interesante para realizar webs de maneira visual. Si, ti tamén poderás facer modificacións con el. Mais de 4 millóns de instalacións testemúñano.
  • WP-Rocket. O complemento que engade optimización e velocidade á túa páxina web. Se algo nunha web se parece a un foguete, é este plugin.
  • Con 3 plugins de seguridade cos que podes garantir durmir tranquilo. Non vexas a confianza que dá saber que non che van a entrar facer a saber que cousas na páxina web.
  • Textos e contidos. Os textos deben estar optimizados a nivel de SEO e de Copy (escritura persuasiva). Debes redactalos ti ou contratar a un profesional que o faga. Iso si, se decides facelos ti, ensinareiche a que cumpran estes requisitos. Os textos posicionan en Google e convencen ao usuario de comprar. Demasiado importantes como para non coidalos.

Déixome algo? Depende das necesidades do teu proxecto. Os complementos personalizados estúdoos caso por caso.

E ademais…

Sabes que estas ferramentas son as mesmas que eu utilizo nos meus proxectos? Non instalaría nada que non probase previamente.

Realmente vou nadar en billetes grazas a que me deseñes unha tenda online?

Non.

A ver.

Se non vendes na internet vas permitir que a túa competencia se posicione mellor ca ti na canle online.

Se vendes en Amazon pagarás, a alguén que non fai nada por ti, comisións por cada mísera venda .

Se tes unha web, ti tes en control para o fracaso ou o éxito.

Pensa que es ti quen debe ter claro o seu produto e o seu cliente ideal. Dependemos das túas capacidades.

Ningún deseñador pode garantir miles de euros de facturación sen valorar a competencia.

Ningún SEO pode  garantir ser o número uno en Google para calquera procura.

Ningún especialista en SEM pode garantir anuncios que convirtan a moitos por poucos céntimos.

Ningún copywriter pode garantir que os teus textos farán clientes ao 100% das túas visitas.

O que che podo garantir é unha páxina funcional e optimizada, pensada para as túas necesidades e para o teu cliente.

Iso si, coméntoche que eu non ofrezo servizos de SEO ou SEM.

Non vendería nada no que non son experto. O que si che podo dicir é que a web quedará tecnicamente preparada para que un profesional na materia o leve a cabo.

Saco algo máis deste servizo de tendas online?

  • Redactar textos persuasivos é moi complicado. Sabes canto tempo me levou redactar o que estás a ler? Moito. E se chegaches ata aquí levas lido unhas 7 páxinas enteiras de Word. Como ves, algo de reter a atención sei. Ensínoche as claves para redactar uns textos que te diferencien da competencia. É mellor gustarlle á metade e que a outra metade pase de ti, que ser indiferente ao 100%.
  • Xestionar unha tenda online non é como montar en bicicleta, que nunca se esquece. Ten moitos pequenos detalles que se che poden pasar por alto, e que poden ir evoluíndo ao longo do tempo. Por iso, ademais da formación inicial, douche acceso a unha academia privada onde poderás repasar en vídeo os conceptos máis importantes dunha tenda online.
  • Se estás a pensar investir en publicidade dareiche a miña visión de como faría eu no teu caso. Se o que precisas é unha campaña integral de márketing dixital, teño de man varios profesionais do sector que te acompañarán na túa estratexia dixital.
  • Por último, debes saber que vou responder a todas as túas dúbidas. Non teño problema en explicarche o que precises con total transparencia.

Se tes algunha pregunta...

Isto sérveme se vendo calquera tipo de produto?

Teñas o produto de teñas hai certas características que debe ter unha páxina que son comúns a todos.

Dito isto, non son especialista en todos os mercados. Por exemplo, se necesitas posicionar un micro nicho moi competido con afiliación de Amazon que precise unha agresiva estratexia de Linkbuilding, debes buscar outros profesionais que saben máis ca min do tema.

Se tes dúbidas, analizámolas na primeira reunión.

Este servizo ten algún límite?

Está limitado por tres cuestións diferentes:

O tipo de produto á venda. A solución que propoño vale para a maioría, pero non para todo o mercado. Se non encaixa, non pasa nada, tan amigos.

As necesidades da páxina web. Se WordPress non é suficiente ou non é o mellor para o plan estratéxico da túa páxina web, eu non podería abordalo. Estou especializado en WordPress e nel desenvolvo os meus proxectos.

A demanda. Só acepto entre un e dous proxectos ao mes. É o único xeito de poder garantir a calidade nos mesmos.

A reunións contigo, Como son?

Son individuais, ti e mais eu, preferiblemente por vídeo-conferencia.

Por que ofreces tendas online?

Primeiro porque o comercio electrónico non para de crecer en número e en cantidade. Cada vez cómprase máis, cada vez cómprase máis desde móbiles e cada vez utilízanse máis novos métodos de pago.

Non creo que sexa unha sorpresa para ti que che diga isto, a verdade.

Segundo, porque curiosamente os emprendedores e microempresas (menos de 10 traballadores) carecen maioritariamente de tenda online.

E terceiro, non me importa dicilo, porque é un servizo rendible que me permite pagar as facturas.

É un bo investimento?

Se queres empezar a vender produtos grazas a unha páxina web, non queres ter que pagar as comisións de  Amazon e non vas permitir que a túa competencia se posicione por enriba túa, si.

Ofrezo os meus coñecementos adquiridos durante os últimos anos para que non teñas que pasar polo camiño que eu percorrín desde que fixen a miña tenda co meu amigo Fran, acórdaste do que che contei antes?

Pensa que, dependendo do prezo do teu produto, pode que cunhas poucas vendas xa rendibilices o investimento.

A partir de aquí, só ti podes decidir.

Queixa que che axude a crear a túa tenda online e non perdas máis vendas