Logotipo anxosanchez.com

Un servizo adaptado as túas necesidades

Deseño Web WordPress

Aforra tempo

Atende o teu negocio que eu me encargo de ter a túa web profesional a punto para lanzarte e vender.

Deseño a medida

Desfruta dunha web deseñada para ti. Fuxe de plantillas predeseñadas. Personalizada e única.

Atención premium

2 meses de mantemento avanzado incluidos. Atendo ás túas necesidades de xeito prioritario.

Elixe unha páxina web profesional e veloz

Pasan as horas, os días e as semanas desde que publicaches a túa páxina web. Dixécheslle a Google que existes e que queres aparecer canto antes. Actualizas unha e outra vez o panel de control das ferramentas de análise. E día tras día comprobas con magoa que esas poucas visitas non soben.

Que facer? Pregúntaste.

O tempo corre, pero as mudanzas non son significativas. As visitas subiron levemente pero comezas a sospeitar que os usuarios non chegan nin sequera a entrar na túa web. Reaccionas: abres o navegador disposto a realizar os trocos precisos.

Non podes.

O teu tema pesa un montón, non carga. O tema non é escalable e as túas extensións son limitadas. Coa boa proposta de valor que tes e a xente non a atopa!

Non te preocupes, hai boas novas.

Podes gozar da satisfacción de ter unha web no TOP de resultados de Google. Precisas tráfico cualificado, e para iso é esencial ter unha web optimizada e veloz que axude a reverter un posicionamento defectuoso.

Permíteme unha última recomendación. Elíxeme a min ou a outro deseñador, pero por favor, actúa! Elixe velocidade para a túa páxina web.

Que consegues co meu servizo de deseño de páxinas web?

Asesoramento

sobre a empresa de hosting a contratar. A oferta é inmensa e non todas cumpren os requisitos precisos para crear unha páxina web desde cero.

Consultoría

sobre a estratexia dixital do teu negocio. Analizo as túas necesidades e os teus competidores. Propóñoche un plan de acción a executar coas túas fortalezas.

Optimización técnica

A velocidade e o peso son factores fundamentais dunha páxina web para que os teus visitantes non fuxan aburridos de esperar e tamén para Google.

Deseño profesional

Adapto a tipografía e as cores á túa identidade corporativa ou logo. A túa páxina web ten que ser profesional, non parecer a paleta dun pintor.

Seguridade antimalos

Igual que un computador, unha web pode ter virus. Dorme tranquilo sabendo que ninguén vai entrar na túa páxina, roubar os teus datos ou borrala enteira.

Recursos premium

Instalo na túa páxina web os recursos máis actualizados do mercado. As licenzas corren da miña conta de deseñador, non caducan e renóvoas anualmente.

Formación a medida

Sentámonos ti e eu para que aprendas como funciona a túa web e a podas xestionar do xeito máis sinxelo posible. Ademais, douche acceso á miña academia de formación para clientes.

Atención posventa

Nin desaparezo nin me desentendo. Acompáñote o primeiros tres meses, e se prefires que me ocupe do mantemento técnico eu encantado. Aínda así, isto non é obrigatorio. Poderalo facer ti.

En que consiste crear unha páxina web?

Ter presenza online neste intre é fundamental para todo emprendedor. Podes ser un freelance unipersoal, unha startup ou unha mediana empresa, o mundo dixital non é alleo a ti. Moitas persoas intentan facer a súa propia páxina web, pero desisten por diferentes cuestións técnicas.

Que é e onde contrato un dominio e un hosting? Que tema instalar? Que plugins? Como configuro todos os recursos? Gústolle a Google? Como adapto o deseño a móbiles? E así unha gran cantidade de preguntas.

Este servizo é para ti se queres aforrar tempo e esforzo.

Encárgome da instalación, as configuracións técnicas, de ensinarche como se utiliza e de subir todo o contido. Ti só tes que redactar o contido e modificalo cantas veces queiras.

Gustaríache ter unha web en tempo récord e cun deseño profesional? 

Entón este servizo é para ti.

10 pasos para facer un sitio web

0

Estudo do proxecto

Que precisas para a túa proposta dixital? Estudo contigo as necesidades e propoño unha solución.

0

Redacción de contidos

Os textos son unha das partes máis importantes da páxina. Ensínoche a escribir textos persuasivos para a túa web.

0

Instalación dos recursos

Contrato o hosting (se é preciso), e instalo e configuro WordPress, o tema GeneratePress e varios plugins premium máis.

0

Deseño as partes da web

Creo as seccións, os menús, o footer… personalizadas só para ti. Insiro os contidos que queiras en cada páxina. Personalizo cores e tipografías.

0

Optimización WPO

Melloro a capacidade de carga da web. Escollo un bo servidor, optimizo o código, as imaxes, técnicas de caché, activo a compresión e modifico o arquivo .htaccess.

0

SEO inicial

Deixo a web preparada con Rank MAth para configurar as partes máis básicas do SEO Técnico desde o primeiro día. Configuro e indico aos buscadores que existes .

0

Configuración segura

Programo as copias de seguridade, activo os firewalls e o antispam. De permitir o hosting, configuro o certificado de conexión segura SSL.

0

Servizos extra

Integro Google Analytics, os servizos de email marketing que teñas e dou de alta a web en Google Search Console.

0

Adaptación legal

Inserción dos textos legais, de privacidade e os avisos de cookies precisos por lei. Non te expoñas a unha sanción. (Nota: dependendo do proxecto quizais precises textos extra ;-))

0

Formación e soporte

Non vas estar só. Ao finalizar o proxecto teremos unha sesión de formación presencial ou por videochamada para que aprendas todo o necesario. Ademais, tes 60 días de mantemento gratis!

Déixame axudarche a crear a túa páxina web a medida e dille o que queiras ao mundo

· Descarga agora a masterclass de balde ·

As claves dunha web profesional e rendible

Responsable:

Anxo Sánchez García (eu mesmo).
Tlf: (+34) 678 373 399.
Email: info(@)anxosanchez.com.

Finalidad:

Xestionar, atender e respostar a solicitudes de información ou calquera comunicación feita a través deste formulario.

Lexitimación:

Consentimento do usuario que fai uso da ferramenta.

Destinatarios:

Os datos que me envías están almacenados nos servidores de Raiola Networks. Podes ver aquí a súa política de privacidade.

Dereitos:

Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos.

Máis información:

Bótalle unha ollada á miña política de privacidade

Anxo Sánchez en formato tablet