Como xerar facturas en WooCommerce. O plugin de facturación que precisas

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram
Share on email
(Votos: 1 Promedio: 5)

A miña experiencia á hora de crear tendas en liña con WordPress e WooCommerce fai que vaia coñecendo un pouco algunhas das necesidades máis importantes que teñen os meus clientes á hora de vender.

As configuracións, as formas de pago en WooCommerce, a correcta xestión dos prezos dos envíos, a velocidade de carga ou escribir uns textos pensados para posicionar en Google son só algúns dos moitos exemplos que me veñen á cabeza.

Pero hai un en concreto que é bastante recorrente. E que hai da facturación nunha tenda online?

Por definición, unha factura é un documento de índole comercial que indica a compravenda dun ben ou servizo e debe incluír nel toda a información da operación.

E son obrigatorias, tamén cando vendes online.

Polo tanto, neste artigo vouche falar de como xerar e enviar automaticamente facturas desde a túa tenda en liña.

Crea e envía facturas en WooCommerce de xeito automático

Existen numerosos plugins gratuítos no repositorio oficial de WordPress que permiten facer isto, e, en xeral, todos funcionan bastante ben e están bastante optimizados.

Mais, que é o mínimo que lle podemos pedir a unha ferramenta como esta?

Baixo o meu punto de vista, o seguinte:

  • Crear automaticamente a factura en PDF con todos os datos do vendedor e o comprador.
  • Que esta factura se numere de xeito automático e correcto.
  • Que se mande adxunta nun dos correos electrónicos que WooCommerce lle envía ao cliente.
  • Que o cliente poida descargala no futuro cando queira.
  • Unha mínima capacidade de personalización (como mínimo, colocar o logotipo corporativo).

Existe un que é o meu preferido e que agrupa todas estas funcionalidades e algunhas máis que repasarei a continuación. Trátase de WooCommerce PDF Invoices & Packing Slips.

Activalo na túa tenda online non ten moito misterio. Como calquera outro plugin do repositorio, terás que instalalo desde a opción Plugins -> Engadir Novo e utilizar o buscador escribindo o seu nombre.

Unha vez instalado e activado, só queda indicar uns poucos axustes na configuración.

Configurar a facturación electrónica do teu WooCommerce

Desde a opción WooCommerce -> Facturas PDF poderás acceder a todas as opcións. Eu non acostumo empregar o asistente, non é necesario. É unha configuración moi sinxela.

Na parte superior tes 3 separadores: xeral, documentos e estado. En cada unha delas indicarás o funcionamento concreto de cada opción.

Separador xeral en WooCommerce PDF Invoices

Nesta pantalla poderás configurar os axustes xerais e os campos extra do modelo.

  • Como desexa visualizar o PDF? Poderás configurar como visualizar o PDF xerado despois da compra.
  • Elixe un modelo. Por defecto só podemos seleccionar o modelo SIMPLE. Para mudalo, teremos que mercar a versión Premium do complemento ou reprogramar as súas funcións por código.
  • Tamaño de papel. Por defecto, A4.
  • Símbolo de moeda extendido. Se o símbolo da túa moeda non se mostra correctamente, actívao. Se estás a utilizar Euros (€), non terás problema.
  • Subconxunto de fontes. Actívao só no caso de empregar un alfabeto con moitos caracteres (p. ex. algúns alfabetos asiáticos). No noso caso non sería necesario.
  • Logotipo da tenda. Selecciona un logo que se colocará na parte superior esquerda da factura.
  • Altura do logo. Personaliza cando debe medir o logo en milímetros, centímetros o pulgadas.
  • Nome da tenda. Indica o nome que aparecerá na factura.
  • Enderezo da tenda. Eu aquí acostumo colocar toda a información fiscal e algunha outra que é útil. Enderezo, CIF, teléfono e correo electrónico.
  • Pé de páxina. Podes indicar outra información na parte inferior da factura.
  • Campos extra. Son utilizados en versións Premium ou ben habilitalos mediante programación. Non serían necesarios para crear unha factura básica.
Exemplo de configuración

Separador documentos en WooCommerce PDF Invoices

Talvez a parte máis importante da configuración. Aquí poderás indicar cando e como se activa a xeración automática de facturas, como se envían, como se numeran e o seu formato.

Fíxate que podes seleccionar unha configuración para a factura e outra para o albará. Despois falareiche do albará en concreto.

  • Activar. Marca esta opción para que o complemento comece a facer a súa maxia.
  • Adxunto a. Indica a cales dos correos electrónicos que automaticamente envía a páxina web durante o proceso de compra se adxuntará a factura. A miña recomendación é que a envíes no correo do estado “procesando” ou do “completado”.
  • Deshabilitada para. Podes escoller para que estados do pedido se deshabilita.
  • Mostrar enderezo de envío. Se queres mostrar o enderezo de envío ademais da de facturación, configúrao aquí.
  • Mostrar correo electrónico. Se queres mostrar o correo do cliente na factura, marca esta opción.
  • Mostrar teléfono. Se queres mostrar o teléfono do cliente na factura, marca esta opción.
  • Mostrar data de factura. Se queres mostrar a data de emisión da factura, activa esta opción.
  • Mostrar número de factura. Esta opción paréceme fundamental. Se queres mostrar o número de factura, actívao.
  • Seguinte número da factura. A forma xeral de numeración comeza en 1 e increméntase automaticamente en cada documento. Este número pódese editar, pero hai que ter coidado de non crear duplicidades.
  • Formato de numeración. Poderás configurar un prefixo e un sufixo que acompañarán o componente numérico.
  • Resetear numeración de facturas anual. O que o seu propio nome indica. Volve a pór o número a 1 cando comeza un novo ano.
  • Permitir descarga de facturas desde ” A miña conta”.
  • Activar a columna de número de factura en pedidos. Se queres que se amose o número de factura na interface dos pedidos do teu WooCommerce, marca esta opción.
  • Desactivar para pedidos gratuítos.
  • Usar a configuración máis actual. Se o activas, sobrescribiranse todos os axustes realizados anteriormente. Coidado non vaia ser que mudes facturas antigas con outros nomes ou datos fiscais.

Separador estado en WooCommerce PDF Invoices

Ademais das configuracións técnicas da páxina web, que poderás revisar, o resto de opcións recoméndoche deixalas por defecto.

Unha factura (datos non reais)

Albará de entrega en WooCommerce

Un albará é un documento mercantil que acredita a entrega dun pedido. Unha especie de xustificante que debe ser asinado por quen o recibe para dar constancia da súa entrega correcta.

Con este complemento tamén poderás xerar albarás de entrega e imprimilos para que se asinen á hora de que o teu cliente recolla o pedido.

Só ten catro opcións de configuración: a posibilidade de activalo ou desactivalo e mostrar ou ocultar o enderezo de facturación, o correo electrónico e o teléfono.

Se son útiles para o teu negocio, tes a posibilidade de utilizalos.

Conclusión

Como podes ver, a configuración é bastante sinxela. Non hai escusas para non facer as cousas ben.

Xerar automaticamente as facturas farache aforrar tempo, cumprirás coas túas obrigas fiscais e legais, darás un bo servizo ao teu cliente e, ademais, poderás facelo gratuitamente co complemento que veño de presentarche.

Coñeces outros? Léote nos comentarios.

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram
Share on email

Os últimos artigos

Deixa un comentario



· Descarga agora a masterclass de balde ·

As claves dunha web profesional e rendible

Responsable:

Anxo Sánchez García (eu mesmo).
Tlf: (+34) 678 373 399.
Email: info(@)anxosanchez.com.

Finalidad:

Xestionar, atender e respostar a solicitudes de información ou calquera comunicación feita a través deste formulario.

Lexitimación:

Consentimento do usuario que fai uso da ferramenta.

Destinatarios:

Os datos que me envías están almacenados nos servidores de Raiola Networks. Podes ver aquí a súa política de privacidade.

Dereitos:

Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos.

Máis información:

Bótalle unha ollada á miña política de privacidade

Anxo Sánchez en formato tablet