Algunhas das que adoito utilizar no meu día a día
Ferramentas
Unha boa elección de ferramentas é esencial e marca a diferenza entre traballar con comodidade e de xeito eficiente ou facelo de xeito pouco produtivo.
Despois de probar moitas e moi diferentes, estas son agora mesmo algunhas das que forman parte da miña caixa de ferramentas.
Algunha delas contén unha ligazón de afiliado. Iso significa que se a mercas entrando a través da miña páxina estarás a me axudar a continuar co meu proxecto dixital sen que che custe un só euro máis.
Quero que saibas que, aínda que sexa afiliado dalgunha, isto non varía o que penso eu delas. Son as mesmas que utilizo na miña vida profesional e coas que fixen esta páxina.
Senón fosen boas non as utilizaría.
Gañáronme como cliente desde un dos seus eventos sobre márketing dixital. Rápidos e fiables como poucos.
Servizo técnico excepcional e unha das apostas de parte dos meus clientes. Boa calidade e en galego.
Elementor Pro
Editor visual e maquetador de páxinas web para obter un deseño profesional e atractivo.
O tema basee de todos os meus deseños web. Tema rápido, moi personalizable e optimizado para o SEO.
WP-Rocket
Fai voar á túa web co mellor plugin de caché do mercado. Ademais, axúdate coa minificación de arquivos.
Leva o deseño e as funcionalidades de Elementor a un nivel superior cos complementos de CrocoBlock.