fbpx

en WordPress e deseño web

Queres aprender a manexar WordPress como un profesional? Precisas coñecer os segredos de GeneratePress ou Elementor? Buscas ser un AS dos plugins?

Por vídeo chamada

Vémonos a través de Zoom en titorías personalizadas para ti. Contesto todas as túas dúbidas e resolvo as túas necesidades.

Presencial

Preparo os contidos precisos para persoas individuais ou grupos presenciais de distinto número.

Traballo e dedicación

Preparo presentacións, follas de traballo e exercicios para que completes a túa formación. Todo incluido!

imagen quote

Que fixen eu por ti e en que consistiu o meu traballo?

Anxo deume formación de WordPress e o construtor Elementor a través de Videoconferencia. As clases impartíanse diariamente a través do programa Zoom, que é de balde. O seu traballo consistiu en explicarme a creación de páxinas web en WordPress mediante o construtor Elementor.

Que é o que máis valoras do servizo que ofrecín?

Grandes coñecementos sobre deseño web e programación, é capaz de resolver todos os problemas que teño con gran soltura e ademais en pouco tempo. Moi profesional, é dicir, é puntual, ordenado e coñece á perfección todos os programas e plugins que preciso na miña formación.

Axudeite a mellorar a posición do teu negocio e como o fixen?

Si, por suposto, vin claramente a solución ao crecemento do meu negocio que levaba anos atascado sen avanzar por non ter coñecido un bo profesional. Tiven malas experiencias con outros profesionais e agora con Anxo vin a gran oportunidade de poder poñer en marcha proxectos parados desde hai anos.

Recomendarías os meus servizos e por que?

Por suposto que os recomendaría, o diñeiro dedicado a miña formación vino como un investimento a medio prazo, en ningún intre o vin coma un gasto. É moi bo no seu traballo e moi profesional, comprométese co pactado e non te deixa tirado en 2 días.

imagen leopoldo roldan
Leopoldo Roldán

En qué consiste a formación?

Ensínoche de xeito metódico e gradual as características e os segredos de como facer a túa páxina web con WordPress, como conseguir un deseño web atractivo e profesional, como optimizar a túa instalación para que a web sexa rápida e cales son as mellores estratexias do márketing dixital hoxe en día.

Pódoo facer presencial ou a distancia, a través do programa Zoom, que podes descargar de balde.

Implícome e trasmítoche todo o meu coñecemento. Ti só tes que pór as ganas e a atención.

Se queres ampliar os teus coñecementos e saber deseñar ou manexar unha páxina web, este é o teu servizo.

Queres o servizo? Fálame!