Queres aprender a manexar WordPress como un profesional?
Formación WP & web
Individualizada
Preparo contidos específicos para a parte concreta na que precises a formación. Deseño web? Ferramentas? Manexo xeral?
En grupos
Preparo e desenvolvo programas formativos para grupos co obxectivo de desenvolver competencias concretas sobre WordPress e deseño web.
Seguemento
Presentacións, follas de traballo, material descargable... utilizo recursos dixitais para que non perdas nada do temario que repasemos.
Por que formarse en WordPress & Web?
Ensínoche de xeito metódico e gradual as características e os segredos de como facer a túa páxina web con WordPress, como conseguir un deseño web atractivo e profesional, como optimizar a túa instalación para que a web sexa rápida e cales son as mellores estratexias do márketing dixital hoxe en día.
Pódoo facer presencial ou a distancia, a través do programa Zoom ou de Skype. Ambos os podes descargar de xeito gratuíto.
Implícome e transmítoche todo o meu coñecemento. Ti só tes que poñer as ganas e a atención.
Se queres ampliar os teus coñecementos e saber deseñar ou manexar unha páxina web, este é o teu servizo.
E que fixen ata o de agora para confiar en min?
Sempre me gustou transmitir o que sei. Non só a nivel profesional, pero sobre todo a nivel profesional.
A miña formación en informática e a miña especialización en deseñar páxinas web con WordPress permítenme coñecer a contorna xeral e o marco teórico e práctico. A partir de aí só é poñerlle ganas e que che guste falar coa xente.
- WordCamp España. Fun poñente no evento de WordPress máis grande organizado até a data, cunha charla sobre bloques de Gutenberg e WooCommerce.e
- EscolaWP. Son o impulsor de EscolaWP, iniciativa de formación WordPress & Web a través de seminarios e cursos.
- HUB Escuela de Negocios. Son profesor do módulo de WooCommerce no Máster de Marketing Dixital de HUB Escuela de Negocios Digitales.
- Meetups de A Coruña y Ferrol. Participei como poñente na Meetup de WordPress da Coruña e o serei na de Ferrol. (adiado polo Coronavirus).
- Fundación Ronsel. Falei das miñas experiencias emprendedoras en WordPress e Web na Fundación Ronsel.
- Effuture. Falei de emprendemento e web no Effuture Instituto de Certificaciones Profesionales de Oleiros (EF Business School).
- Deloa - EOI. Son formador en competencias profesionais de WordPress e web en programa para mozos desempregados impulsado pola Asociación Deloa e a Escuela de Organización Industrial.