Crea o teu funil de vendas en WooCommerce con Cartflows e aumenta as conversións

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram
Share on email
(Votos: 1 Promedio: 5)

O obxectivo principal cando abrimos unha tenda online con WordPress e WooCommerce é vender e, se for posíbel, vender abondo para termos un salario digno no final de cada mes.

Podes ter unha tenda simple, cun bo produto e uns textos persuasivos que consigan namorar o teu cliente e con iso sexa abondo.

Ou se cadra non. E daquela as vendas talvez non che cheguen para cubrires o que precisas.

Sexa como for, especialmente se estás na segunda situación, crear funís de venda no teu WooCommerce estou seguro de que te axudará a vender máis e aumentar o tícket de cada cliente.

Non cómpre ter grandes coñecementos de márketing dixital para aplicar estas técnicas.

É máis, só con planificación e picardía é posíbel que aumentes as conversións e o número de produtos vendidos.

Mais imos comezar pouquiño a pouco.

Que é un funil de venda?

Un funil de venda (ou funnel de venda) é un dos termos máis popularizados co desenvolvemento do márketing online, mais non é exclusivo deste ámbito.

O funil define os diferentes pasos polos que pasa un usuario no proceso de conversión (ou de venda), desde que chega até que realiza a acción que nós queremos (pode ser unha venda, deixar o seu e-mail etc.).

O funil ten unha característica forma de cono invertido, que representa unha parte superior ancha e varios pasos intermedios cada vez máis estreitos, até unha base moi pequena.

Cada etapa terá menos usuarios que a súa inmediatamente superior, e en cada unha realizaranse accións diferentes.

A primeira etapa denomínase TOFU (Top of the Funnel ou parte superior do funil). Nesta etapa inténtase captar a maior cantidade de tránsito posíbel, é dicir, cantos máis usuarios cheguen a esta etapa, mellor. Para iso, axudaraste das redes sociais, do blog ou da publicidade, entre outras.

As etapas intermedias denomínanse MOFU (Middle of the Funnel ou parte do medio do funil), onde os teus usuarios mostran interese no teu produto. Algúns dos que estaban na parte superior pasarán por esta etapa e talvez se convertan en clientes, outros simplemente marcharán.

A última etapa denomínase BOFU (Bottom of the Funnel ou parte final do funil). As persoas que chegan aquí son persoas que potencialmente están dispostas a seren os teus novos clientes. Canta máis xente chegue a esta parte do funil, máis posibilidades tes de pechar vendas.

Embudo de venta
Exemplo de funil de venda (Fonte: tuwebsoluciones.com)

Que é Cartflows e para que vale no noso WooCommerce?

Cartflows é un creador de funís de venda ou funís de conversión para WordPress, e que podes integrar coma un puzzle na túa instalación de WooCommerce.

Coa activación deste plugin, poderás implementar diferentes funís, personalizando as landing pages (ou páxinas de venda/conversión), que se sitúan na parte superior do funil.

Tamén poderás montar páxinas de pagamento sen distraccións nin pasos intermedios innecesarios, que axuden a que os usuarios non marchen antes de pagaren.

Cartflows permíteche personalizar todo o proceso con independencia do tipo de produto de vendas: pode ser un produto físico, un infoproduto ou mesmo un servizo.

E, por se aínda non estás convencido da súa axuda, direiche que:

  • Cartflows funciona co maquetista web que prefiras (Elementor, Divi… ou Gutenberg!).
  • Ten unha biblioteca de modelos que te axudarán a crear os funís sen ter que romper moito a cabeza.
  • Podes probar unha versión gratuíta que está dispoñíbel para descargar desde o repositorio de plugins de WordPress. E, se che convence, comprar a versión PRO.

Que necesitamos para instalar Cartflows na nosa web?

Creo que é evidente, mais se cadra non está de máis lembrar o que precisamos para implementar un funil de vendas con Cartflows na nosa páxina web:

  • Un hosting de calidade. Si, efectivamente, necesitamos un hosting de calidade que permita que os nosos funís funcionen rápido e de marabilla. As empresas nas que me gusta confiar son Dinahosting e Raiola Networks. Recoméndochas.
  • Unha instalación de WordPress. Este é un plugin para WordPress e só funcionará se tes unha páxina web con este CMS instalado.
  • Un WooCommerce actualizado e configurado correctamente. A extensión de tendas online máis popular de WordPress é imprescindíbel se queres tirarlle todo o partido.
  • Un tema de calidade e optimizado. Eu recoméndoche GeneratePress. Direiche que eu probei o plugin con varios temas e funciona sen ningún problema. De feito, na súa documentación indican que funciona coa maioría dos temas; mais se non queres arriscar… escolle un bo tema.
  • Plugin de caché que permita seleccionar que URL non debes cachear. Neste caso, non se recomenda cachear as páxinas de Cartflows para que os diferentes produtos se mostren correctamente á hora de facer upselling ou downselling.
  • Un page builder como Elementor ou Divi. Mais tamén poderás empregar Gutenberg se o prefires, e así aforras máis instalacións.

Ademais de todo isto, de xeito opcional, podes ter instalado un tema que che permita desactivar o header e o footer na páxina que queiras (como si permite GeneratePress) e así evitar que despisten o usuario cando navega polo funnel.

Por último, tamén deberías ter algún método de pagamento automático de WooCommerce, como Stripe ou Paypal, que te axuden a mellorar as conversións e a captura inmediata do diñeiro.

Como instalar e configurar Cartflows desde o repositorio de WordPress

Como xa comentei anteriormente, existe unha versión gratuíta que podes instalar desde o repositorio de WordPress e outra versión de pagamento que podes comprar desde a páxina dos desenvolvedores.

Neste artigo ensinareiche o que podes facer con cada unha, mais cómpre comezar de menos a máis, así que o primeiro que temos que facer é instalar o plugin de Cartflows desde o repositorio de plugins de WordPress.

Instalar el plugin cartflows
Instala o plugin desde o repositorio oficial de WordPress

Unha vez que acabe a instalación e actives o plugin, vaiche aparecer un asistente de configuración, que na miña opinión non é moi útil.

Dáche a benvida. A seguir, podes escoller o maquetista web que vas utilizar (no meu caso será Elementor).

Pode saltar estes pasos…

Posteriormente, indícache que instalará 2 plugins adicionais: WooCommerce (que xa deberías telo instalado previamente) e WooCommerce Cart Abandonment Recovery (un plugin para recuperar carriños abandonados).

Por último, se queres que te manteñan ao corrente das novidades, podes indicar o teu e-mail ou saltar este paso. E aí acabaría a configuración inicial.

Os axustes xerais de Cartflows free

Coa opción gratuíta de Cartflows, poderás configurar algunhas opcións xerais desde Cartflows -> Axustes.

En primeiro lugar, debes indicar, se aínda non o fixeches, o page builder que vas empregar. O plugin vaino ter en conta á hora de mostrarche diferentes modelos de exemplo.

Ademais, podes elixir se queres que as páxinas dos funís se indexen en Google (eu creo que non se deberían indexar) e seleccionar se queres mostrar unha páxina de pagamento sempre igual ou será diferente segundo como compre cada usuario.

Axustes xerais de Cartflows

En segundo lugar, podes axustar as ligazóns permanentes de WordPress para as páxinas do funil de Cartflows. Aínda que dá varias opcións, eu penso que ficarei coa opción por defecto.

Axustes xerais de Cartflows

Por último, dáche a opción de activar o seguimento a través do píxel de Facebook e de Google Analytics.

Axustes xerais de Cartflows

Como crear o teu primeiro funil con Cartflows

Antes de creares o teu primeiro fluxo, debes saber que coa opción gratuíta de Cartflows poderemos crear e deseñar a landing page, a páxina de subscrición á lista de e-mail márketing (opt-in), a páxina de pagamento e a páxina de agradecemento.

As páxinas de Upselling e Downselling resérvanse para a opción PRO. Mais non te preocupes, que mesmo sen elas tamén podes facer cousas moi xeitosas.

Como último apuntamento, direiche que Cartflows elimina a páxina do carriño, que en WooCommerce está situado entre que engades o produto ao mesmo e a páxina de pagamento. Isto faise para evitar pasos intermedios e que as conversións baixen.

Creando un fluxo en Cartflows

Para creares o fluxo do teu primeiro funil, debes seleccionar a opción Cartflows -> Fluxos -> Engadir Novo.

Após pulsares o botón, vaiche saltar a biblioteca de fluxos, onde poderás escoller os modelos predeseñados para as diferentes partes do teu fluxo e case a punto de poder ser publicados. Hai algúns dispoñíbeis na versión gratuíta e outros reservados á parte PRO.

Biblioteca de Cartflows

Se non queres utilizar modelos predeseñados, poderás crear un novo fluxo desde cero, clicando na opción Crea o teu propio -> Deseña o teu fluxo. Neste artigo farémolo así. Adoita gustarme comezar desde 0 😊.

Xusto tras pulsar o botón de deseñar novo fluxo, Cartflows creará unha base con 3 pasos: a landing page (ou páxina de destino), a páxina de finalizar compra (ou checkout) e a páxina de agradecemento.

Diferentes pasos en la creación de embudos

Se queres que os teus clientes se subscriban, podes engadir un novo paso, o Opt-in. É dicir, o paso onde lle pediremos ao cliente que nos dea os seus datos para metelo na nosa lista de e- mail márketing.

Para finalizar aquí, recoméndoche que actives o modo de probas para que WooCommerce engada produtos aleatorios ao fluxo e así poder probar todo o sistema de maneira máis fácil.

Deseñando e configurando a landing page de Cartflows

O primeiro que imos editar é a nosa páxina de destino ou landing page, así que pulsamos no botón de editar.

Se queres cargar un deseño dos que xa trae Cartflows, recoméndoche que elimines a opción que che acaba de crear por defecto e engadas de novo o paso da landing page, a través do botón de Engadir novo paso. Faino así en todos os pasos e escolle o deseño que máis che guste.

Modelos para a Landing Page.

Na edición da páxina, podemos encontrar moi poucas opcións:

  • Atributos da entrada. Persoalmente, seleccionaría a opción Template for Page Builders, para poder deseñar a landing a pantalla completa e sen outra distracción.
  • Shortcodes. É unha opción meramente informativa. Nela aparece a URL para saltar ao seguinte paso. Será a que terás que colocar nos botóns.
  • Script personalizado. Déixao en branco excepto se tes coñecementos avanzados.

E unha vez vistas as opcións, apenas terías que deseñar a landing page ao teu gusto. Como xa dixemos antes, podes seleccionar o teu maquetista web preferido. Eu empregarei Elementor.

Podes deseñar a landing page co maquetador que prefiras

Deseñando e configurando o checkout (ou finalizar compra) con Cartflows

O primeiro que che chamará a atención, como xa comentei unhas liñas máis arriba, é que Cartflows elimina o paso do carriño.

Como eles mesmos din, Cartflows é unha ferramenta para aumentar as vendas que elimina todos os pasos intermedios innecesarios que evitan que os compradores avancen e, polo tanto, que reducen as conversións.

Isto significa que pasamos directamente da tenda (ou da landing page de venda que deseñamos anteriormente) á páxina de pagamento.

Ao contrario que na landing page, aquí si podemos encontrar bastantes opcións de configuración na edición. Con todo, a maioría delas están reservadas para a opción PRO. Aquí citareiche as gratuítas:

  • Shortcodes. Podes seleccionar o shortcode do checkout e engadilo ao teu deseño onde che pareza máis efectivo.
  • Selecciona un produto. O deseño personalizado do checkout pode ser igual para todos os produtos ou pode ser personalizado para cada un deles, o que permite crear páxinas de pagamento diferentes dependendo do que merque o usuario. Moi interesante!
  • Deseño do pagamento. Aquí poderás seleccionar o número de columnas en que estarán distribuídos os campos do checkout, a cor principal, a fonte principal e as diferentes variantes de cores e tipografías para cada elemento.
  • Opcións do checkout. Modifica o texto do botón ou a posibilidade de editar o carriño nesta páxina. Por defecto, isto último está desactivado.
  • Script personalizado. Permíteche insertar un script na parte pública deste paso do funil.

E con estas opcións configuradas, só che quedaría imprimir algo de deseño á páxina de pagamento.

Deseña unha páxina de pago atractiva

Deseñando e configurando a páxina de agradecemento con Cartflows

Por último, mais non menos importante, poderás deseñar e configurar ao teu gusto a páxina de agradecemento pola compra. Un deseño bonito vaille dar un toque de distinción ao cliente e de calidade á túa páxina.

Na edición da páxina poderás manexar as seguintes opcións:

  • Shortcodes. Podes copiar e colar o shortcode do detalle do pedido aló onde queiras.
  • Deseño. Modifica a cor e a fonte dos títulos e o texto do detalle do pedido. Tamén podes modificar o ancho do contedor e a cor de fondo.
  • Editar campos. Activa ou desactiva os datos que se mostrarán no detalle do pedido.
  • Axustes. Podes modificar o título da páxina de Grazas e a posibilidade de redirección.
  • Script personalizado. Permíteche insertar un script na parte pública deste paso do funil.

Unha vez axustadas as opcións como mellor che acaian, só quedaría darlle algo de estilo co maquetista visual que escolleses.

Personaliza a páxina de grazas pola compra

Deseñando e configurando a subscrición (optin) con Cartflows

Pode darse a casualidade de que nalgún momento queiras captar subscritores a cambio dun marabilloso lead magnet. En palabras que entendamos, un lead magnet é ese contido gratuíto que ofreces ao usuario a cambio do seu e-mail ou outros datos.

Adoita ser descargábel, un e-book, un vídeo tipo masterclass ou calquera outro produto dixital que convenza a persoa para que che dea o seu e-mail. Estás farto de velos, estou seguro. Eu mesmo nesta páxina utilízoo 😊.

Como poderías imaxinar, tamén ofrece unha serie de opcións na edición da páxina:

  • Shortcode. É igual que os casos anteriores, podes colocalo onde queiras que apareza o formulario de subscrición.
  • Selecciona un produto. Debes indicar cal é o produto dixital descargábel. Unha vez que o usuario cubra o formulario cos seus datos, o recurso descargábel chegaralle ao seu e- mail.
  • Deseño. Indica cores e tipografías de títulos, textos, fondos e botóns.
  • Axustes. Se queres pasar valores introducidos polo usuario vía URL, debes seleccionalos aquí.
  • Script personalizado.
Unha páxina optimizada para a subscrición do visitante

Tira todo o partido ao teu funil de vendas en WordPress en CartFlows PRO

Até agora mostreiche as posibilidades que tes co plugin gratuíto de Cartflows, mais agora vén a segunda parte, o que podemos facer coa versión PRO.

Podes comprala desde a páxina oficial de Cartflows por $299 ao ano. Con iso, poderás instalar o plugin até en 30 sitios e empregar neles toda a potencia da que dispón.

Póñoche algúns exemplos:

  • Modelos premium predeseñados para todos os pasos do fluxo.
  • Upselling e downselling.
  • Xestión de carriños abandonados.
  • Compras a un clic.
  • Optimización do pagamento.
  • Opcións premium nos pasos do funil.
  • Analítica.
  • Soporte técnico.
  • E algunhas outras…

Que novas opcións ten Cartflows PRO?

Unha vez activada a versión premium, poderás acceder a unha serie de opcións nos pasos que vimos anteriormente, ou terás a capacidade de facer novos pasos que dan moito xogo.

O checkout Cartflows PRO

Agora podes configurar moitas máis cousas, enuméroche as novas:

  • Opcións de produtos. Podes habilitar opcións e comportamentos específicos para produtos concretos.
  • Oferta de pedido. Nesta opción podes mostrar outro produto cunha chamada á acción directamente no checkout para intentar aumentar o tícket facendo que o cliente o meta no carriño.
  • Oferta ao finalizar a compra. Podes intentar unha oferta mostrando a pantalla completa un novo produto (moi ligado co que está a comprar) para que o meta no pedido e así aumentar o tícket.
  • Campos de pagamento. Podes habilitar ou deshabilitar diferentes partes do checkout.
Mostrar oferta especial na páxina de pago
Mostrar outra oferta pero como popup xusto antes de realizar o pago/

Como facer upselling con Cartflows PRO

Primeiro de todo, imos definir o que é facer upselling.

O upselling é unha técnica de márketing coa que intentas que o teu cliente compre un produto ou servizo máis caro do que está a piques de comprar ou que xa comprou anteriormente.

É dicir, póñoche un exemplo para entendelo mellor. Se a túa pizza custa 10€ pero por 2€ máis podes levar a pizza, unhas patacas fritas e un refresco, estanche a facer upselling. Ou cando compras un billete de avión e por unha cantidade extra podes elixir asento. Isto tamén é upselling.

Polo tanto, temos a opción de realizar upselling na nosa tenda online, seleccionando un produto extra relacionado co que veu a comprar e que aumente a contía da compra.

Encontraremos as seguintes opcións de configuración:

  • Shortcodes. Lista de shortcodes que podes utilizar.
  • Seleccionar produto. Aquí hai que indicar o produto (previamente creado) que lle intentaremos vender ao cliente. Indicamos tamén número de unidades, desconto (se o ten) e se este produto substitúe ao orixinal ou hai que sumalo.
  • Redirección condicional. Indica a onde debe ir o cliente se pulsa SI ou pulsa NON á acción comercial que acaba de recibir. Se pulsa SI, habitualmente irá á páxina de Grazas pola compra, mais se pulsa NON, podes intentar outra acción comercial.
Por exemplo, se está mercando unha bicicleta intentamos venderlle unha bici+mantemento

Como facer downselling con Cartflows PRO

O downselling defínese en márketing como a acción comercial de ofrecer un produto ou servizo máis barato que o orixinal, intentando non perder esa venda.

Mais neste caso a venda orixinal xa estaría feita e agora o que estamos a intentar é aumentar a contía do tícket.

En concreto, cando o cliente non aceptou a oferta de upselling, podemos mostrarlle outra relacionada “á baixa”. Sería un downselling, mais non do produto orixinal, senón da oferta realizada no upselling.

Os campos son exactamente iguais que no paso anterior, mais agora escollendo un produto distinto.

Creando un funil de venda completo en Cartflows PRO

Déixoche un vídeo para que vexas como se fai. Se che gustou, comparte! 😊

Conclusión

Se chegaches até aquí, grazas e parabéns. É un artigo denso e extenso, mais para este plugin creo que ben paga a pena.

Podes crear todos os flows que queiras e configurar un ou máis produtos para cada un deles. Las opciones son muchas y las potencialidades más.

¿Qué opinas del plugin? ¿Lo tienes instalado en alguna tienda? Me gustaría leer tus comentarios.

As opcións son moitas e as potencialidades, aínda máis.

Que opinas do plugin? Telo instalado nalgunha tenda? Gustaríame ler os teus comentarios.

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram
Share on email

Os últimos artigos

Deixa un comentario



2 comentarios

  1. Excelente artículo, Anxo. La verdad es que Cartflows en una maravilla para crear embudos de ventas en el ecosistema WordPress y Woocommerce. En nuestra agencia de marketing funnels en Madrid, lo ofrecemos a los clientes con tiendas online que lo desconocen. Y la verdad… están encantados por el retorno que les aporta a sus negocios. Un saludo, Anxo. Te sigo leyendo!

    Responder
    • Muchas gracias, Nacho! Estoy seguro que es una grata sorpresa para muchos clientes, que ven como su tienda online está mucho más vitaminada. Ya tenía ganas de escribir sobre él. Un saludo :)!

      Responder

· Descarga agora a masterclass de balde ·

As claves dunha web profesional e rendible

Responsable:

Anxo Sánchez García (eu mesmo).
Tlf: (+34) 678 373 399.
Email: info(@)anxosanchez.com.

Finalidad:

Xestionar, atender e respostar a solicitudes de información ou calquera comunicación feita a través deste formulario.

Lexitimación:

Consentimento do usuario que fai uso da ferramenta.

Destinatarios:

Os datos que me envías están almacenados nos servidores de Raiola Networks. Podes ver aquí a súa política de privacidade.

Dereitos:

Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos.

Máis información:

Bótalle unha ollada á miña política de privacidade

Anxo Sánchez en formato tablet