Configura os gastos de envío por peso ou por prezo en WooCommerce

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram
Share on email
(Votos: 1 Promedio: 5)

Unha vez configuraches a túa tenda online con WordPress e WooCommerce, estás preparado para vender a todos os recantos do mundo.

Mais hai un problema. Fuches a configurar as opcións de envío e, por defecto, quedáronche escasas.

Si, é certo que podes crear diferentes tipos de envío para distintas áreas xeográficas. É dicir, se vendes a varias rexións, podes indicar que prezo fixo teñen os diferentes tipos de envío a esta localización.

Un exemplo típico sería ter un envío estándar (máis barato) e un envío urxente (máis custoso).

Aínda así, estarás de acordo en que isto pode non ser abondo para todos os casos. Que ocorre se o prezo do paquete depende do que pese? Vale igual o envío se vendes unha camiseta de 150 gramos que un ordenador de varios quilos? Ou outro exemplo, vale igual o envío se compro 5€ que 500€?

Móstroche un plugin que te axudará a solucionar estes problemas.

Instala o plugin Flexible Shipping

Terás que instalar o plugin Table Rate for WooCommerce by Flexible Shipping, que se encontra no repositorio de WordPress. A versión gratuíta será máis que suficiente para o propósito que buscamos neste artigo.

Este complemento fai exactamente o que di o título deste artigo, permite calcular os custos de envío no teu WooCommerce en función do peso e/ou prezo total do carriño.

O seu funcionamento é sinxelo. Desde a opción de envíos de WooCommerce, poderás engadir un novo tipo de envío para cada zona xeográfica que teñas configurada.

Poderás agregar títulos e descricións aos envíos e configurar tantas regras como sexan precisas.

O prezo do envío segundo o peso dos produtos

Para engadir un tipo de envío Flexible Shipping, debes situarte nunha das zonas de envío creadas na túa tenda online e escoller a opción correspondente.

Zona de envío configurada con el plugin Flexible Shipping para WooCommerce
Zonas de envío

A seguir, poderás darlle un nome a cada configuración de envío, que nos axude a identificala no futuro. Se só tes un ou dous tipos de envío, talvez non che interese, mais… e se configuraches decenas deles?

Unha vez gardado o nome e o cargo de impostos, simplemente terás que comezar a insertar as opcións para cada escenario posíbel. Preme en “Add New”.

Datos de configuración del envío en el plugin Flexible Shipping para WooCommerce
Configura os campos xerais do tipo de envío flexible

Podes engadir datos nos seguintes campos:

  • Enable/Disable: marca esta opción se desexas activar este tipo concreto de escenario.
  • Method Title: título do envío que verá o cliente na páxina de pagamento. Este campo é opcional.
  • Method Description: descrición do envío que verá o cliente na páxina de pagamento. Este campo é opcional.
  • Free Shipping: indica o prezo total a partir do cal o envío será gratuíto. Esta opción sobrescribe as regras que configures máis abaixo. Este campo é opcional.
  • Free Shipping Label: título que se lle mostra ao cliente se o envío é gratuito. Este campo é opcional.
  • Rules Calculation: indica a maneira en que se calcularán as regras dos prezos. Se non pagas a versión PRO, só poderás seleccionar “Sum”.
  • Visibility: marca esta opción se este escenario estará dispoñíbel só para usuarios logueados.
  • Default: marca esta opción se este escenario é o que se usará por defecto.
  • Integration: non hai posibilidade de integracións externas se non pagas a versión PRO.
Reglas de precio de envío por peso en el plugin Flexible Shipping para WooCommerce
Regras de prezo segundo peso

E xa che quedarían unicamente as regras, que neste caso dependerán do peso:

  • Base on: parámetro no que se basea o cálculo (peso).
  • Min: peso mínimo para a regra concreta.
  • Max: peso máximo para a regra concreta.
  • Cost per order: prezo para cada regra concreta.

Lembra que as unidades de peso (gramos ou quilogramos) serán as que ti indicaches na configuración da tenda.

O prezo do envío segundo o prezo dos produtos no carriño

Os pasos serán os mesmos que no capítulo anterior, mais neste caso a configuración irá en función do prezo total dos produtos do carriño.

  • Base on: parámetro no que se basea o cálculo (prezo).
  • Min: prezo mínimo para a regra concreta.
  • Max: prezo máximo para a regra concreta.
  • Cost per order: prezo para cada regra concreta.

Conclusión

Por sorte, a comunidade de WordPress é tan ampla e activa que as posibilidades de encontrar un plugin que se adapte ás nosas necesidades son moi altas.

E creo que, se falamos de tendas online e envíos dos produtos que temos á venda, cómpre valorarmos esta solución. Mellora de xeito notábel os envíos e a súa xestión na nosa tenda online.

Que che parece?

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram
Share on email

Os últimos artigos

Deixa un comentario



3 comentarios

  1. Hola Anxo,
    acabo de usar este plugin y parece que funciona bien, pero a la hora de recalcular los pesos en la cesta de la compra, si añado otra unidad del mismo producto, me suma el coste de envio por peso del primer producto más el coste del peso de los dos productos juntos! Alguna idea de qué puede estar fallando’ Muchas gracias

    Responder
      • Hola Montse.

        Gracias por pasarte y comentar!!

        Yo si añado en el propio carrito una unidad más me sigue respetando la tabla que tengo en el artículo, por ejemplo. Aún cambiando de 1kg a 2kg de peso me pasa correctamente de 4€ a 5€ de precio de envío. Lo que me ha pasado alguna vez es que si en la tabla no indico que son todos “weight” en “base on” y se deja alguno como “none” se vuelve un poco loco y no lo aplica bien.

        La vedad que no te sabría decir qué podría estar pasando…

        Un saludo!

· Descarga agora a masterclass de balde ·

As claves dunha web profesional e rendible

Responsable:

Anxo Sánchez García (eu mesmo).
Tlf: (+34) 678 373 399.
Email: info(@)anxosanchez.com.

Finalidad:

Xestionar, atender e respostar a solicitudes de información ou calquera comunicación feita a través deste formulario.

Lexitimación:

Consentimento do usuario que fai uso da ferramenta.

Destinatarios:

Os datos que me envías están almacenados nos servidores de Raiola Networks. Podes ver aquí a súa política de privacidade.

Dereitos:

Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos.

Máis información:

Bótalle unha ollada á miña política de privacidade

Anxo Sánchez en formato tablet