Instalar un cortalumes en WordPress: Block Bad Queries

Block Bad Queries imagen portada articulo
Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram
Share on email
Instalar un cortalumes en WordPress: Block Bad Queries
5 (100%) 1 vote[s]

Hoxe vouche falar dun tip de seguridade para a túa web. Imos instalar un cortalumes en WordPress e vouno facer de xeito breve e conciso.

Hai un tempo recomendábache prestar especial atención para evitar que usuarios maliciosos entrasen na túa web.

Manter WordPress actualizado, instalar plugins non abandonados polos seus programadores ou trocar a dirección do wp-admin eran, entre moitas outras, unhas boas prácticas.

Pero hai máis, e vouche mostrar como instalar un firewall en WordPress nunca foi tan sinxelo.

Alá imos!

Que é un cortalumes?

Antes de nada, comezo polo básico.

Un firewall (ou cortalumes) é un sistema deseñado para evitar ou bloquear accesos non autorizados, evitando así que usuarios externos se conecten a redes privadas tipo intranets, servidores web ou o teu propio computador.

O firewall examina cada mensaxe, analiza cada petición e só deixa pasar aquelas autorizadas. É un nivel de seguridade preciso, pero non suficiente, para evitar ataques e infeccións.

Por iso debes instalar un cortalumes na túa páxina web e combinalo con outras técnicas. Non o esquezas.

Block Bad Queries, un firewall para WordPress

Este plugin, polas súas siglas BBQ, é moi simple, de rápida instalación e máis rápida configuración, pois na súa versión de balde simplemente tes que instalalo e xa estaría a funcionar.

Block Bad Queries revisa todo o tráfico que entra á túa web, analízao e bloquea unha ampla gama de peticións maliciosas. Desde ataques tipo SQL-injection, subida e execución de arquivos, peticións como GET ou POST, etc.

Non fai falta configurar nada!

A versión de balde do plugin non ten opcións. Funciona en segundo plano sen ningún tipo de axuste que debas tocar.

Non fai cambios na base de datos de WordPress nin no arquivo .htaccess, polo que tampouco nos imos preocupar por iso.

É compatible con outros plugins de seguridade, polo que podes probar diferentes combinacións.

Ademais, conta con actualizacións periódicas, máis de 100.000 instalacións activas e unha cualificación excelente: 5 estrelas no repositorio de plugins de WordPress.

Block Bad Queries configuracion plugin

Se precisas máis, tes BBQ Pro

Como moitos dos plugins que podes atopar para WordPress, este tamén ten unha versión  premium onde podes atopar máis funcionalidades.

Neste caso si ten opcións de configuración que podes habilitar ou non, personalizar diferentes patróns de bloqueo, realizar tests de probas de solicitudes e outras que podes atopar na documentación da súa páxina web.

Conclusión

Desde que instales WordPress no teu hosting, a seguridade vai ser un factor fundamental.

Quíxenche aquí presentar unha ferramenta sinxela de usar, que pode ser útil nalgúns casos, combinándoa con outros plugins e técnicas de seguridade.

Tiveches algunha experiencia con este plugin? Cales utilizas ti?

Lémonos nos comentarios.

Comparte :)

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram
Share on email

Deixa un comentario

Isto é para ti!