Os 7+1 mellores plugins de WordPress que debes coñecer para a túa web (segundo o meu criterio)

Los mejores plugins de wordpress, imagen de portada
Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram
Share on email

Afirmar cales son os mellores plugins de WordPress é, sen ningunha dúbida, algo moi arriscado.

En primeiro lugar, porque non todos os plugins valen para todos os proxectos.

Segundo sexa a finalidade da túa páxina ou a tipoloxía do teu negocio, utilizarás uns ou outros segundo as súas funcionalidades ou optimización.

En segundo lugar, porque hai moitos que fan cousas similares que poden ser perfectamente intercambiables, e o uso dun ou doutro non cambia en exceso nin as prestacións nin a velocidade de carga da web.

En todo caso, como digo no título, vou presentar os que para min son os mellores plugins de WordPress nunha web que non precisa funcionalidades avanzadas.

Se te fixas ben, cada un toca un tipo de necesidade a resolver.

Veste?

Que é un plugin de WordPress?

É un pequeno programa ou un conxunto de arquivos con fragmentos de código que realizan unha serie de funcionalidades que WordPress por si só non sería capaz de realizar.

Dito doutro xeito, axúdannos a mellorar as funcionalidades da nosa páxina web sen ter que programalas a man.

Existen miles de plugins no repositorio oficial de WordPress, desde onde se poden descargar de xeito gratuíto. Na data da escritura desta guía superábanse os 54.000.

Tamén existen plugins premium para funcionalidades avanzadas que serán moi interesantes para construír unha web optimizada e profesional.

Grazas a eles podemos configurar tendas online, reservas e citas, galerías de imaxes, botóns para partillar o contido en redes sociais, engadir pasarelas de pago, foros ou zonas privadas só para usuarios rexistrados.

Los mejores plugins de wordpress, nuevo plugin

Como elixo o mellor plugin de WordPress?

Existen tantos plugins como funcionalidades poidas imaxinar, pero entre tanta oferta debes saber elixir ben:

  • Identifica o que precisas: non instales plugins que non sexan estritamente necesarios. Aumentan o peso da páxina web e engaden funcións innecesarias.
  • Busca os plugins axeitados: a oferta é bestial. Se buscas “contact form” saen 3808 resultados. A miña recomendación para escoller os mellores é fixarse en:
    • Data da última actualización: se leva moito tempo sen actualizarse foxe del. Pode ter fallos de seguridade ou incompatibilidades coa versión de WordPress.
    • Instalacións activas: canta xente confía nel? Se moita xente o instala e o usa, posiblemente sexa unha boa opción.
    • Valoración media: proba social pura e dura. Fíxate nos comentarios e se a valoración é boa entón estás ante unha boa opción!

Comproba que tal funcionan na túa web. Aínda que teñan boas opinións debes comprobar se non alteran o funcionamento ou o deseño da túa web.

Los mejores plugins de wordpress, valoraciones en el repositorio

Que plugins recomendo?

Ensaio, erro. Probas e máis probas. Son os pasos precisos para dar cos teus plugins ideiais en WordPress. Estes son os meus:

Elementor

O mellor construtor visual que existe nestes intres baixo a miña perspectiva. Eu utilizo a versión PRO (50$ por web deseñada). Podes maquetar cabeceira, pé de páxina, páxinas estáticas, entradas do blogue, produtos da tenda online…

É brutal!

E non só iso, nas últimas actualizacións inclúen a posibilidade de crear popups o que vai axudar unha barbaridade na captación de subscritores. Conseguirá Elementor desbancar a Thrive Leads? Veremos.

Yoast Seo

Un plugin de SEO todo nun. Desde el podes optimizar o contido de páxinas e entradas. Tocar os títulos e as metadescricións (as palabras que aparecen na previsualización de Google).

Configura as preferencias de indexación, crea os sitemaps e o arquivo Robots.txt. Habilita as faragullas de pan. Xestiona as URL’s. E moitas opcións máis.

Updraft Plus

Xestiona as copias de seguridade da túa web e das bases de datos. Completamente indispensable esta ferramenta de seguridade que permite almacenar de xeito externo versións seguras da nosa web e restauralas se é preciso.

E todo isto sen ter que mergullarse na base de datos buscando os erros ou os virus.

WP Rocket

Outro TOP dos plugins de optimización. Xestiona os recursos para favorecer a carga acelerada da túa páxina web a través de diferentes técnicas. A configuración pode ser excesivamente complicada para un usuario novel polo que a miña recomendación é que se pida consello a un deseñador web.

Se contratas o teu hosting con Siteground ou con Raiola eles mesmo teñen plugins de caché propios que che recomendo utilizar: SG Optimizer (Siteground) ou LiteSpeed Caché (Raiola).

Seguridade

Block Bad Queries: No que se refire a plugins de seguridade hai moitos e moi variados pois como sabes a seguridade é un factor fundamental para o teu sitio web. Hai que evitar a toda costa os intrusos e as infeccións polos máis diversos virus. A sinxeleza deste firewall para WordPress fai que apareza nesta lista. Só precisa ser instalado e xa funciona.

Loginizer: Este tipo de  lugins son un clásico. Axúdante a loitar contra os ataques de forza bruta ao bloquear a posibilidade de facer  login desde unha IP concreta despois dun máximo de intentos permitidos. Ademais, tes a posibilidade de implementar listas negras e listas brancas de IP.

Existen outros plugins de seguridade moito máis completos, que xa integran estas funcións e outras, como son Wordfence, Ithemes Security, etc. De ti depende ver se é mellor instalar varios máis sinxelos ou un máis robusto.

Anti spam

Fixaríaste que a instalación de WordPress por defecto xa trae un plugin que controla o spam, chamado  kismet. Traballei con Akismet no pasado, pero este plugin me convenceu máis. É rápido, lixeiro e fai o seu traballo.

O funcionamento é sinxelo. Coloca un campo invisible para o usuario no formulario de comentarios, que si é visible para os  bots automatizados. Iso significa que cando un bot tente enviar un comentario, tamén encherá ese campo, algo que o usuario humano nunca fará. Tamén bloquea os trackbacks.

Smush Image

O seu funcionamento é súper sinxelo. Unha vez instalado comeza a optimizar as imaxes que previamente subiches. Redimensiona, optimiza e comprime. Se queres forzar a que o plugin reoptimice, simplemente debes pulsar a opción “Bulk Smush Ahora”.

Se non queres perder nada, mira como optimizar as imáxenes do teu WordPress en 3 pasos.

Conclusión

Como podes ver, presenteiche os que para min son os mellores plugins de WordPress, cada un na súa área específica.

É moi posible que na túa web precises estes ou ben outros moi similares, que se ocupen de certas tarefas que WordPress non pode facer de maneira nativa.

Estás dacordo? Cales usas ti?

Lémonos nos comentarios.

Comparte :)

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram
Share on email

Deixa un comentario

Isto é para ti!