Logotipo anxosanchez.com

Como optimizar o SEO dunha entrada do teu blog con WordPress en 7 sinxelos pasos

(Votos: 5 Promedio: 5)

Hoxe vou falar dunha serie de técnicas que recomendo utilizar para optimizar a nivel SEO técnico os posts que escribas no teu blog de WordPress.

Cando tratamos o SEO -aclaro, eu non son un experto SEO- ábrese ante nós un mundo de posibilidades, de probas-erro, de información case infinita e moitas veces contraditoria.

Nalgúns casos precisarás estar en mans dun profesional que analice contigo o contido das túas entradas e das túas campañas para maximizar os resultados.

Este artigo fai unha escolma breve pero precisa de consellos sinxelos de aplicar, que non precisan grandes coñecementos previos e que debes seguir se queres sacar o máximo rendemento ao posicionamento nos buscadores.

Fainos sempre, e canto antes mellor. Son unha parte do que podemos denominar o SEO on-page.

Teñas ou non definida a túa estratexia xeral, estes 7 pasos serán unha constante e verás como a optimización da túa web será maior e os resultados serán mellores.

Colle un boli e un papel. Comezamos!

Estuda as palabras claves ou keywords

Unha palabra clave ou keyword en SEO é o termo ou conxunto deles polos que a nosa páxina web aparece ou ranquea nos buscadores e que, por conseguinte, nos atrae tráfico.

A elección destas Keywords será fundamental e condicionará as nosas accións de marketing e os contidos da web. Ten en conta que serán elas as que te farán aparecer e ser visible nas búsquedas relacionadas coa túa temática.

Unha das tendencias actuais á hora de posicionar diferentes temas e realizar unha optimización SEO dos textos da túa páxina web, é utilizar as chamadas Long Tail Keywords (ou palabras clave de cola longa).

Que é isto? Son keywords formadas por varios termos (adoitan ser 4 ou máis) que non teñen un gran volume de tráfico, pero este é moi específico e segmentado para o tema que se está a tratar.

Un exemplo clásico. A keyword “mercar coche” ten moito volume de búsquedas pero está moi deputada. Utilizando técnicas de long tail podemos posicionar “mercar coche de segunda mano na Coruña”, algo con moitas menos búsquedas pero máis específico e menos disputado.

Algunhas ferramentas (parcialmente) de balde para realizar unha búsqueda de palabras clave son:

Optimizar SEO entrada blog Google Ads palabras clave o keywords

Optimizar o título e os subtítulos

O encabezado, o H1, o título principal, debe estar optimizado e partir dunha reflexión pausada do que queremos transmitir.

É un dos factores SEO máis importantes dunha entrada ou dunha páxina, pois a través del Google coñece a temática da publicación, polo que pon especial coidado.

Por unha banda debes procurar que no título aparezan sempre as palabras clave, se é posible ao inicio do título de un xeito natural. E cando falo de xeito natural quero dicir que sexa como se estiveses falando cunha persoa e non sobreoptimizando.

Por outra banda, non repitas un título en máis dunha entrada. Diversifica temas e escolle o título acaído a cada unha delas.

Por último, procura que non exceda os 65-70 caracteres.

E moi relacionados co título están os subtítulos, que toman un papel fundamental a nivel de contido.

Un subtítulo (H2, H3, H4…) separan dun xeito limpo e ordenado as seccións que ten unha entrada, ordenándoo todo de xeito xerárquico.

Isto facilita a lectura ao usuario, axuda entender a Google a temática da entrada e son un sitio estupendo para colocar variacións da keyword principal.

Optimizar SEO entrada blog titulo y subtítulo

Optimizar o meta título e a meta descrición

O meta título é a cadea de texto que teñen en conta os buscadores para mostrar o título nos seus resultados de búsqueda. E non só iso, tamén está pensado para poder ser modificado e ser configurado dun xeito atractivo para mellorar a cantidade de clics que os usuarios fan en Google sobre el.

A meta descrición é un pequeno bloque de texto que mostra Google xusto debaixo do meta título nos seus resultados de búsqueda.

Debes saber que a meta descrición non é un factor de posicionamento directo pero, do mesmo xeito que co meta título, configurar correctamente ese texto pode aumentar a taxa de clics dos usuarios (ou como din os SEO, aumentar o CTR).

Procura que non teña máis de 140 caracteres para que non se mostre cortada, pon un resumo do que se vai atopar o usuario e aproveita para engadir algunha técnica de clicbait.

O meta título e a meta descrición podes modificalas e optimizadas desde o plugin de SEO que utilices.

Por certo, e antes de rematar, recoméndoche que penses engadir novos caracteres ou emojis para chamar a atención do usuario. É algo que eu utilizo, e penso que é moi impactante.

Optimizar SEO entrada blog metatitulo y metadescripción

Optimiza as URL’s

A URL tamén ten importancia para Google así que debes prestarlle a atención que merece.

En primeiro lugar debe ser unha URL amigable. É dicir, debe ser curta e lexible para o usuario e para Google, coa que sexa sinxelo identificar onde estamos.

Elimina as palabras superfluas como artigos, preposicións, conxuncións, etc.

Inclúe a palabra clave nela, se pode ser ao principio, mellor.

En WordPress debes ter seleccionada a opción Nome da Entrada en Axustes -> Ligazóns Permanentes. Isto é moi importante que o revises antes de comezar a publicar os teus artigos.

Por exemplo, unha URL ben formada sería [dominio.com]/[palabra_relevante_1]-[ palabra_relevante_2]

A parte da URL situada á dereita do dominio, chamada SLUG, pódela modificar en cada entrada de WordPress desde a barra de ferramentas ou desde o plugin de SEO que utilices.

Optimiza as imaxes.

Son firme partidario de que non te cortes en incluír imaxes se a entrada as precisa.

Canto máis multimedia engadas, máis rico será o contido e (por norma xeral) mellor será a experiencia de usuario… sempre que as imaxes estean optimizadas e non dificulten ou retarden a carga da páxina.

Procura que sexan unhas imaxes propias ou, no seu defecto, de bancos de imaxes con licencias libres. Nunca as collas directamente dos resultados de búsqueda de Google.

Cúrrate o traballo con elas. Ponlles un nome relacionado co seu contido (aproveita para meter sinónimos da palabra clave), redúcelles o tamaño, o peso e configura a etiqueta ALT.

Recoméndoche ler o artigo sobre como optimizar as imaxes da túa páxina web que escribín hai unhas semanas, onde falo de todo isto de xeito pormenorizado, e onde atoparás as ferramentas que eu utilizo e os pasos que eu sigo.

Optimiza o enlazado interno

Presta atención a esta opción, porque se es un usuario con pouca experiencia, pode que sexa a que máis rara che pareza.

Cada unha das páxinas e das entradas da túa web ten unha autoridade específica para Google.

A que máis autoridade ten é a páxina de inicio, e posiblemente sexa a que máis tráfico reciba, polo que o enlazado interno nela será moi importante. Pero tampouco podemos esquecernos do enlazado interno no resto de páxinas e entradas.

Para facer un bo enlazado (neste caso vale tanto para interno como externo) é preciso ter en conta o texto de áncora. É dicir, o texto no que está colocada a ligazón. O texto no que darás clic para ir á páxina enlazada.

Ese texto debe conter a palabra clave exacta, algún sinónimo ou outra cadea que no contexto da oración sexa relevante e teña relación co contido enlazado. Hai que desbotar os típicos “fai clic aquí”.

Para rematar este punto, quero que leves unhas ideas sobre os beneficios proporciona un bo enlazado interno:

  • As páxinas e entradas repártense e transfírense autoridade, o que axuda a que suban nos resultados de búsqueda de Google.
  • Aumenta o tempo que o usuario pasa na páxina. Se a persoa navega dun artigo a outro, o tempo que pasa desde que entra até que marcha da páxina aumenta (en moitas ocasións aumenta moito) e iso repercute positivamente no SEO.
  • Os bots que analizan e indexan as webs terán máis sinxelo navegar polas páxinas e entender a estrutura.
  • Aumentan o número de páxinas vistas.

Publica de xeito regular

O último paso do que vou falar é da necesidade de establecer un almanaque de publicacións. Para isto debes realizar un estudo previo de tendencias de búsqueda, debes procurar palabras clave e establecer unha serie de temas que teñan relación co teu sector.

A publicación de novos contidos por un lado vaille gustar a Google, que tende a posicionar antes contidos relativamente actuais que contidos escritos hai moitos anos. Repito, tende (non é unha ciencia exacta).

Ademais, podes actualizar entradas antigas con nova información e novos enlaces, o que fará que entradas subidas hai tempo teñan vixencia actual. O que nunca debes facer nestes casos é cambiar unha URL antiga.

E recorda, debes aportar valor en todas as túas entradas (e se é contido sen data de caducidade, mellor!)

Conclusión

Neste artigo tocamos unha serie de pasos que debes facer para optimizar as túas entradas do blog en WordPress.

Como ves, non son excesivamente longas nin complicadas. É máis, para a maioría non se precisan grandes coñecementos técnicos nin informáticos.

Moitas veces é só aplicar de xeito mecánico cuestións que derivan da propia lóxica. Se unha imaxe é moi pesada, por exemplo, a experiencia de usuario en móbil será peor porque os tempos de carga aumentarán.

Esta optimización está moi relacionada con consellos que podemos lerlles aos SEOs. Naturalmente existen máis optimizacións técnicas e nomeadamente de contido, que deben ser estudadas con calma por expertos en cada proxecto.

Neste caso o meu obxectivo é que aprendas e apliques técnicas útiles, que funcionan e que axudarán a ter unhas entradas do blog máis dirixidas e optimizadas.

Vémonos nos comentarios 😊

Os últimos artigos

Deixa un comentario



3 comentarios

  1. Muy buenas recomendaciones, totalmente de acuerdo con todo lo que dices. Es fundamental la parte de las palabras claves para tenerlas en cuenta a la hora de escribir el post, pero no podemos olvidarnos de optimizar el resto de parámetros que comentas.

    Responder

· Descarga agora a masterclass de balde ·

As claves dunha web profesional e rendible

Responsable:

Anxo Sánchez García (eu mesmo).
Tlf: (+34) 678 373 399.
Email: info(@)anxosanchez.com.

Finalidad:

Xestionar, atender e respostar a solicitudes de información ou calquera comunicación feita a través deste formulario.

Lexitimación:

Consentimento do usuario que fai uso da ferramenta.

Destinatarios:

Os datos que me envías están almacenados nos servidores de Raiola Networks. Podes ver aquí a súa política de privacidade.

Dereitos:

Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos.

Máis información:

Bótalle unha ollada á miña política de privacidade

Anxo Sánchez en formato tablet