Os 3 xeitos de personalizar o avatar dun usuario de WordPress

Como personalizar tu avatar en WordPress, foto de portada
Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram
Share on email

Hoxe vouvos falar de como personalizar o avatar dos usuarios de WordPress.

Ou, dito doutro xeito, a foto que ten asignada cada usuario dunha páxina web en WordPress ou que acompaña a cada comentario que deixan os visitantes nun post do teu blogue.

Estou seguro que nalgunha ocasión reflexionaches por que hai usuarios que teñen foto, por que hai outros usuarios que non a teñen, por que os comentarios as veces teñen uns debuxiños de marcianos e, o que é máis importante, por que non podes asignar ti unha a man.

Xa verás que a cousa ten o seu truco e, como case todo en WordPress hai unha ou varias formas de conseguilo, que ademais son complementarias.

Imos alá.

Configura unha conta de Gravatar

Ben, este é o método máis recomendable se o que queres é ter un usuario que teña foto e esta foto apareza tanto no panel de usuarios de WordPress como nos comentarios que deixes noutros blogues.

Segundo indica a súa propia páxina web, un Gravatar é unha imaxe que aparece xunto o teu nome cando escribes comentarios ou noticias nun blogue.

É un servizo sen custo desenvolto por Automattic que se integra con WordPress e outros proxectos como Disqus, Github ou Hootsuite.

Simplemente debes crear unha conta na súa páxina web e, cada vez que teñas un usuario rexistrado en WordPress co mesmo correo electrónico ou fagas un comentario nun blogue e indiques esa dirección de email, a foto que teñas subido a Gravatar aparecerá automaticamente.

Como personalizar tu avatar en WordPress desde Gravatar
Vista previa da páxina web de Gravatar

Asigna unha imaxe a cada usuario de WordPress

Outra opción que tes a man é a de asignar a man unha foto diferente a cada conta de usuario que teñas no teu WordPress, algo que de xeito nativo non se permite.

É dicir, se o usuario non ten configurado o seu Gravatar, asignarase automaticamente un avatar por defecto. Pódelo cambiar desde a opción Axustes -> Comentarios. Tes varios  debuxiños, o logotipo de  Gravatar, un monicreque en branco…

Pero claro, que poidas cambiar o avatar por defecto por outro que é simplemente un debuxo que se lles asigna a todos os que non teñen un Gravatar non soluciona se queres que os usuarios da túa web teñan unha foto propia.

Por exemplo, pensa que tes varios autores. E que en cada entrada do blogue vai aparecer a foto de quen o escribe.

É obvio que precisas asignar unha foto de cada persoa a cada usuario.

Para iso, un plugins vén ao rescate.

Instala User Profile Picture e ao editar cada usuario o seu avatar será personalizable e poderás seleccionar unha imaxe que estea subida nos medios de WordPress.

Como personalizar tu avatar en WordPress desde el perfil de usuario
Poderás editar a imaxe de perfil do usuario, algo que de xeito nativo non se permite

Personaliza o avatar por defecto

Xa vimos no punto anterior que WordPress asigna por defecto un avatar e que de xeito nativo hai algunhas opcións pouco atractivas.

Aínda que personalices as fotos das persoas que teñen conta na túa WordPress, a aquelas que deixen comentarios no blogue e non teñan un Gravatar asignaráselles o que teñas posto por defecto.

E as veces pode ser boa idea que este avatar por defecto sexa máis atractivo que os nativos de WordPress. Para iso podes mesmo prescindir de plugins e engadir o seguinte código no teu arquivo functions.php.

add_filter( 'avatar_defaults', 'sp_gravatar' );

function sp_gravatar ($avatar) {
     $novoAvatar = 'URL';
     $avatar[$novoAvatar] = "texto_explicativo_backend";
     return $avatar;
}

A URL que lle debes indicar é dunha imaxe que debes subir previamente o teu WordPress.

Como personalizar tu avatar en WordPress cambiando el avatar por defecto
Poderás asignar un avatar personalizado ás persoas que deixan comentarios e que non teñen Gravatar

Conclusión

Como ves hai varias opcións complementarias á hora de xogar cos avatares dos usuarios de WordPress.

Sempre é un toque de calidade e de coidado da túa web ter asignadas imaxes a todos os autores e un avatar por defecto para os comentarios que non teñan un Gravatar.

Espero que che servira este pequeno tip sobre os avatares de WordPress.

Léovos nos comentarios.

Comparte :)

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram
Share on email

Deixa un comentario



Isto é para ti!