Que plataformas podo utilizar para crear unha tenda online

(Votos: 2 Promedio: 5)

Tanto as grandes empresas como os emprendedores ven no comercio electrónico unha oportunidade de negocio. Non hai dúbidas sobre que as vendas en Internet disparáronse nestes últimos años de forma considerable. Por esta razón, vouche ensinar polo miúdo como montar unha tenda online coas mellores ferramentas.

Tanto se decides facela por ti mesmo como contratar a un deseñador web, sempre é conveniente e recomendable coñecer o funcionamento,os requisitos e as características.

O abano de posibilidades cada día é máis amplo. Por este motivo, o mellor é coñecer as ferramentas que tes a dispor.

As mellores plataformas para creares o teu propio negocio online

Actualmente, hai un gran número de propostas para desenvolver un e-commerce de forma doada e intuitiva. En moitos casos, ofrécensenos plans para emprendedores, micropemes, así como para outras opcións máis ambiciosas. Por esta razón, elixir a opción máis axeitada é de suma importancia en función do perfil de cada negocio.

Por outro lado, é imprescindible sacarlle o máximo partido ou redemento a calquera plataforma. Cómpre analizar previamente os recursos que ofrecen para lanzar un negocio dixital e consolidalo no tempo con éxito. Indubidablemente, vender online ofrece moitas oportunidades, mais hai que saber como facelo. 

Woocommerce

Non che sorprenderá que comece con esta opción, verdade? 😉

A opción de WooCommerce ofrece moitos beneficios, xa que é a solución máis utilizada e está moi comprobada: leva operando desde o año 2008. Hoxe en día, evolucionou moito e incluíu moitas características que a converten nunha das favoritas. 

As persoas que teñan uns coñecementos mínimos poderán crear unha tenda online que permita sacar os seus produtos á venda. WooCommerce caracterízase por incluír un paquete de código HTML, CSS, JS e PHP.

Só precisas unha web con WordPress para facer a instalación de forma automática e gratuíta. Ao final, WooCommerce é un plugin e instálase como calquera outro plugin.

Posteriormente, hai que engadir os produtos, as súas descricións, os prezos, os stocks e, finalmente, inserir a pasarela de pagamento para poder efectuar as transaccións online. Cales son as principais vantaxes deste xestor de contidos?

  • Un dos seus maiores beneficios reside na estética, xa que cada tema se pode personalizar na súa totalidade.
  • A configuración está adaptada para un usuario que non teña coñecementos técnicos. En moitos casos, as dificultades poden presentarse na elección do modelo.
  • A flexibilidade é outra das súas características, porque se pode elexir entre unha tenda online convencional, a opción de catálogo, incluso, realizar un marketplace.
  • É un entorno seguro para as ventas. Isto é fundamental para o comprador, porque esixe a máxima protección dos seus datos bancarios.
  • Finalmente, cómpre sinalar que é unha alternativa escalable en función das necesidades do negocio e da súa evolución.
  • É código aberto e ten toda a potencia, complementos e comunidade de WordPress.

Shopify

Outra das grandes favoritas é Shopify, xa que tamén leva moito tempo no sector del e-commerce. Se o usuario busca rapidez e sinxeleza durante o proceso, esta pode ser unha das mellores opcións. Ao igual que a plataforma anterior, non é necesario ter idea de programación para desenvolver esta tenda virtual.

Shopify caracterízase por ser un CMS ou sistema de xestión de contidos moi adecuado para o comercio electrónico. É ideal para tendas pequenas que se preocupan por captar clientes constantemente. Porén, para levar este negocio a outro nivel, o máis recomendable é implementar estratexias de márketing online que sexan efectivas.

Esta proposta é idónea para diferentes sectores profesionais e industriais, porque inclúe distintos temas. Polo tanto, o usuario poderá elixir o máis acorde á súa actividade laboral. Por outro banda, conta cunha tenda de apps, na que se encontran novas funcionalidades para integrar melloras no seu funcionamento.

Hai máis vantaxes se decides usar esta plataforma para desenvolver a túa tenda virtual. Estes son algúns dos seus principais beneficios.

  • É unha proposta para o desenvolvemento de tendas online, non necesitas ter coñecemento de programación.
  • Ademais, inclúe as  súas propias ferramentas de márketing para mellorar o posicionamento SEO e tamén inxerir anuncios.
  • En canto á seguridade, todos os seus plans inclúen un certificado SSL. Isto garante a máxima confianza e seguridade nas transaccións.
  • Esta plataforma permite usar varios idiomas. Polo tanto, se quixeres expandirte a nivel internacional, este recurso é de grande importancia.
  • Finalmente, cómpre sinalar que non hai limitación nos produtos para vender. Polo tanto, non será necesario pagar un aloxamento extra.

Prestashop

Indubidablemente, Prestashop é un dos líderes neste sector do e-commerce. Está deseñado exclusivamente para ofrecer este servizo e caracterízase por un gran número de ofertas en modelos web. Esta é outra plataforma fácil de usar e moi versátil, que achega moitos recursos de utilidade para o desenvolvemento web.

Este xestor de contido tamén é un dos máis populares, xa que o seu soporte, deseñouse desde un principio para o negocio online.

Alén diso, é interesante destacar que unha tenda online debe ter un bon deseño, usabilidade e garantir unha boa experiencia de usuario. PrestaShop garante todas estas posibilidades e,  ademais, o seu equipo de expertos poden asistir durante o proceso de creación. Pola contra, hai outra serie de beneficios que enumeramos neste listado. 

  • O código é aberto, tamén coñecido como Open Source. Calquera usuario pode personalizar e modificar a tenda para adaptala ás súas necesidades.
  • É unha plataforma de fácil uso. Caracterízase por ser moi intuitiva na navegación, polo que calquera persoa cuns conceptos básicos poderá manexar perfectamente o xestor de contido.
  • Esta alternativa tamén ofrece un amplo catálogo de módulos gratis ou de pago para mellorar a súa funcionalidade e rendemento.
  • Prestashop tamén se deseñou para optimizar as vendas online e mellorar o posicionamento SEO para escalar nos resultados de busca.
  • Finalmente, temos que destacar a opción de instalar 40 idiomas para expandir o negocio, así como a posibilidade de elixir calquera divisa.

Magento

Para terminar, imos con outra proposta que tamén permite a creación dunha tenda online con profesionalidade. Se buscas un e-commerce con todas as garantías, non deixes de botar unha ollada a Magento. Con todo, pensa que está deseñado para as tendas máis grandes.

Tamén estamos ante unha ferramenta moi completa que favorece a xestión avanzada e implantar unha estratexia de márketing para o posicionamento web. Esta é outra solución que permite a personalización e adáptase ás necesidades de calquera proxecto online. Estas son algunhas das características que debes ter en conta:

  • A instalación e a configuración son bastante sinxelas, xa que o panel de administración é moi intuitivo.
  • Esta plataforma ofrece a posibilidade de integrar ferramentas externas para xestionar mellor a tenda dentro da estrutura empresarial.
  • É unha opción que permite incluír produtos para realizar as vendas cruzadas ou aplicar estratexias de up selling.
  • Á diferenza das outras alternativas, Magento necesita un maior nivel de desenvolvemento. Realmente, enfócase máis a grandes proxectos ou marketplaces.  
  • Para concluírmos, cómpre destacar que Magento permite administrar varias tendas virtuais de forma centralizada.

Conclusión

En definitiva, estas son algunhas propostas para desenvolver a túa propia tenda online con total garantía. Como vemos, hai distintas ofertas en función das necesidades e expectativas de cada empresario ou emprendedor. Por esta razón, hai que elixir a plataforma que máis nos conveña, sen esquecer que o importante é que garanta unha boa experiencia de usuario.

Eu son moi de WooCommerce, xa o sabes, mais cal é a túa ferramenta favorita? Déixama en comentarios.

Os últimos artigos

Deixa un comentario



· Descarga agora a masterclass de balde ·

As claves dunha web profesional e rendible

Responsable:

Anxo Sánchez García (eu mesmo).
Tlf: (+34) 678 373 399.
Email: info(@)anxosanchez.com.

Finalidad:

Xestionar, atender e respostar a solicitudes de información ou calquera comunicación feita a través deste formulario.

Lexitimación:

Consentimento do usuario que fai uso da ferramenta.

Destinatarios:

Os datos que me envías están almacenados nos servidores de Raiola Networks. Podes ver aquí a súa política de privacidade.

Dereitos:

Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos.

Máis información:

Bótalle unha ollada á miña política de privacidade

Anxo Sánchez en formato tablet