Primeiros pasos en WordPress. Os axustes iniciais máis importantes.

Ajustes iniciales de WordPress foto destacada
Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram
Share on email
Primeiros pasos en WordPress. Os axustes iniciais máis importantes.
5 (100%) 1 vote[s]

Unha vez instalado o CMS no teu hosting, é recomendable dar unha serie de primeiros pasos en WordPress antes de comezar deseñar o aspecto visual ou engadir contido para o teu blogue.

É importante facelo ao principio.

Por unha banda, porque será máis sinxelo e rápido, e por outra, porque unha vez creadas páxinas e entradas será máis difícil realizar certos trocos ou reverter certos erros.

Pódelo tomar como unha checklist.

Apúntao nun papel e faino sempre. Esta configuración inicial de WordPress será unha actividade mecánica e non levará ningún esforzo unha vez estea todo claro.

Veste?

Configuración dos axustes de WordPress

O primeiro que debes facer é familiarizarte un pouco coa interface do panel de administración de WordPress.

Para navegar entre as distintas opcións ímonos axudar da barra de ferramentas situada á esquerda da pantalla, desde a que podes acceder a todas as seccións administrables da web.

Comeza por configurar os axustes máis básicos. Como é o título da web, opcións de lectura e escritura, administración de comentarios, etc.

Ajustes iniciales de WordPress opciones generales

Axustes xerais

Para acceder a eles debes pulsar a opción da barra lateral esquerda Axustes -> Xerais.

Nela atoparás os seguintes campos, que podes editar:

  • Título do sitio: como o seu nome indica, o título da túa páxina web. Este título é unha opción global, e por defecto aparece nas pestana do teu navegador onde teñas abertas as páxinas. Debes escribir un.
  • Descrición curta: outro campo global, onde podes explicar en poucas palabras de que vai a túa web. Este campo é opcional.
  • Dirección de WordPress (URL) e dirección do sitio (URL): con toda probabilidade non vas tocar estes campos, agás que queiras poñer ou quitar as www antes do dominio ou que a páxina de inicio sexa distinta á do directorio da instalación de WordPress.
  • Dirección de correo electrónico: o email aquí indicado é o que WordPress usará con propósito administrativo, polo que debe ser unha dirección túa e sobre a que teñas control.
  • Membros: podes permitir ou non que calquera persoa se rexistre. Por defecto deberías deixalo desactivado.
  • Perfil predeterminado para novos usuarios: no caso de que permitas a terceiros usuarios rexistrarse, que rol van ter? Aquí podes configuralo. Selecciona “subscritor”, xa que é o perfil con menos permisos.
  • Idioma do sitio: configura o idioma principal do teu sitio web. No caso de que a túa web sexa  multiidioma, debes instalar un plugin que permita esa funcionalidade.
  • Zona horaria: como o seu nome indica, selecciona a zona horaria da túa web. No meu caso será UTC+1 (horario de inverno) ou UTC+2 (horario de verán).
  • Formato de data e formato de hora: adapta o xeito no que se mostrará a data e a hora. A miña recomendación é día/mes/ano, hora:minutos [AM].
  • A semana comeza o: por norma xeral o noso calendario comeza o luns. Se no país onde estás empeza outro día, pódelo seleccionar aquí.

Axustes de escritura

Se tes un blogue e vas escribir entradas que acheguen valor aos teus lectores, debes pasar uns segundos nesta opción para realizar unha configuración básica.

Realmente de todo o que ves, só deberías trocar unha opción: a categoría predeterminada para as entradas.

Como che explicaba noutro artigo, crea polo menos unha categoría en WordPress, borra a “sen-categoría” que vén por defecto na instalación e selecciona unha categoría predeterminada para os teus posts.

É certo que cando escribes unha entrada do blogue tes unha opción para poñer a man a categoría que queres, pero para que vas estar pensando sempre en seleccionar unha se podes indicala por defecto?

Axustes de lectura

Aquí tes varias opcións interesantes, que configuran o xeito de ver a páxina web e as entradas do blogue:

  • A túa portada mostra: con esta opción podes elixir se a portada é unha páxina estática ou, pola contra, é simplemente unha lista de artigos do blogue.
  • A miña recomendación é que selecciones unha páxina de inicio deseñada coas seccións máis optimizadas ás túas necesidades e indiques tamén a páxina da que colgarán os artigos do blogue.
  • Número máximo de entradas a mostrar no sitio e número máximo de entradas a mostrar no  feed: podes configurar o número que queiras, pero eu deixaría as 10 que veñen por defecto.
  • Para cada entrada no feed mostrar: recoméndoche seleccionar “resumo“. Deste xeito evitas que algúns crawlers (ou rastrexadores, robots automáticos que analizan as webs) copien os artigos completos e os publiquen coma se fosen seus (técnica coñecida como scrapping).
  • Visibilidade nos motores de búsqueda: se marcas esta opción, teoricamente indicaraslle aos motores de procuras como Google que non indexen a túa páxina e, por tanto, non a mostren nos resultados. Pode ser unha boa opción se a web está aínda en fase de deseño.

Axustes de comentarios

Unha decisión importante que debes meditar é se vas aceptar comentarios nas entradas do blogue. A miña recomendación é que por defecto os usuarios poidan comentar, e a nivel de artigo concreto xa o desactivarás cando non che interese.

  • Axustes por defecto das entradas: permite comentarios nos novos artigos e deshabilita tanto o aviso aos sitios enlazados coma a posibilidade de pingbacks e trackbacks.
  • Para que un comentario apareza: podes configurar a posibilidade de moderar os comentarios antes de ser publicados.

O resto de opcións son de menor importancia, polo que as podes configurar ao teu gusto ou deixar marcadas as que veñen por defecto e comprobar o seu comportamento. Se algunha non convence, podes cambiala máis adiante.

Axustes de medios

Nesta opción podes configurar o comportamento cada vez que sobes unha imaxe ao teu WordPress.

A miña recomendación é deixar as opcións de dimensións das miniaturas igual e desmarcar a opción de “Organizar os meus arquivos subidos en cartafoles baseados en mes e ano”.

Con esta opción desactivada será moito máis sinxela toda futura migración de arquivos, pois as imaxes almacénanse no mesmo cartafol e non en múltiples organizados por mes e ano.

Axustes das ligazóns permanentes

Unha ligazón permanente en WordPress é a dirección web ou URL asignada a cada unha das páxinas, entradas, arquivos, etiquetas, categorías, etc. da túa web.

Dito de xeito simple, é o conxunto de palabras que aparecen na barra do teu navegador, que identifican de maneira única un sitio concreto da túa web e que non deben cambiar nunca.

Para saber máis como configurar as ligazóns permanentes en WordPress, déixoche o artigo onde falo de maneira extensa sobre eles.

Esta opción é moi importante, non a pases por alto.

Axustes de privacidade

Desde a entrada en vigor do RGPD, WordPress incorpora unha opción para indicar directamente cal é a túa páxina da política de privacidade.

Se non tes ningunha, podes creala desde aquí, incluíndo por defecto axudas e suxestións para a túa política de privacidade.

Con todo, é a túa responsabilidade usar estes recursos correctamente, ofrecendo a información que requira a túa política de privacidade, e mantendo esa información actualizada e precisa.

Borra os temas de WordPress por defecto

A instalación por defecto de WordPress trae consigo unha serie de temas oficiais de serie, os desenvoltos polo propio equipo de WordPress. 

Por exemplo, o Twenty Nineteen, Twenty Seventeen, Twenty Fifteen… atopeime desde 3 até 6 nalgunhas instalacións.

A miña recomendación é que os borres, porque é moi probable que instales e actives outro tema diferente a estes, por exemplo Generate Press.

Pero aínda utilizando algún deles, para que queres ter outros instalados?

Bórraos, non van achegar nada.

Ajustes iniciales de WordPress borrar temas por defecto

Borra o contido por defecto (entradas, comentarios e páxinas)

Décheste conta que unha vez que instalas WordPress existe unha entrada de mostra dirixida a novatos. É a titulada “ola mundo”, que está asignada á categoría “sen-categoría” e que mostra onde e como debes editar un post.

Tamén temos presente a páxinaSobre”. Do mesmo xeito que a entrada por defecto, esta páxina só ten por propósito servir de exemplo de como editar unha páxina en WordPress.

Igualmente, a instalación incorpora un comentario por defecto na entrada “ola mundo”.

Borra estes contidos.

Ademais de non achegar ningún tipo de valor, poden dar algún problema se modificas as ligazóns permanentes ou deslucir o deseño da túa web se tes unha páxina tipo Landing e non controlas estes accesos (mira este exemplo).

Borra o plugin Hello Dolly.

Desde hai máis dunha década, o plugin de Hello Dolly vén preinstalado e acompañado dunha descrición que non explica absolutamente nada do seu funcionamento nin de para que vale.

Se o activas o que verás é unha estrofa dunha canción de Louis Armstrong.

E non fai nada máis.

Bórrao, non o precisas e ocupa un espazo necesario para outras moitas cousas da túa web.

Ajustes iniciales de WordPress borrar plugins

Conclusión.

Como podes ver, os primeiros pasos en WordPress non son difíciles.

Fai unha checklist con eles e aplícaos de xeito mecánico sempre.

Aforrarás tempo e problemas no futuro, nomeadamente se despois dun ano publicando contido se che da por facer cambios profundos na configuración da túa web.

E ti, farías máis cambios? Os axustes iniciais sempre son os máis importantes.

Lémonos nos comentarios 😊

Comparte :)

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram
Share on email

Deixa un comentario

Isto é para ti!