Que é e para que serve o arquivo .htaccess en WordPress?

Articulo blog htaccess
Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram
Share on email
Que é e para que serve o arquivo .htaccess en WordPress?
5 (100%) 1 vote[s]

Sabes que é o arquivo .htaccess? E para que serve nos servidores? Como lle afecta o arquivo .htaccess a WordPress?

Hoxe traio un artigo algo máis curto do habitual e tamén algo máis técnico, pero que trata dun tema que ten certa importancia se estás a deseñar ou administrar a túa web con WordPress.

Existen moitas configuracións e moitísimas opcións posibles para incluír no .htaccess, pero esta entrada non ten por obxectivo explicarchas todas. Todo chegará, pero aínda non.

Hoxe imos cunha introdución.

Que é o arquivo .htaccess?

O arquivo .htaccess é un arquivo de configuración dos servidores web Apache e outros servidores compatibles.

Ou máis sinxelo.

Un servidor é un software, un programa informático, que recibe, procesa e xestiona todas as peticións e encárgase de enviar unha resposta que ti podes ver no teu navegador. Apache é un tipo de servidor web concreto de código aberto.

Polo tanto o arquivo .htaccess modela e configura funcionamentos que ten ese servidor web. Como podes ver é un arquivo que ten bastante importancia.

Non é un arquivo propio de WordPress, pero si está presente en todas as súas instalacións, cunha gran cantidade de usos e funcionalidades.

Como se edita?

O arquivo .htaccess sitúase na raíz da instalación de WordPress. O arquivo mostrase cun punto ao principio e pode estar oculto en moitas visualizacións, polo que dependendo desde onde esteas buscando terás que configurar ‘mostrar os arquivos ocultos’.

Podes acceder a el mediante un cliente FTP como Filezilla, desde o explorador de arquivos do CPanel do hosting ou desde múltiples plugins como Htaccess Editor (programado especialmente para isto) ou Yoast SEO (é unha das súas múltiples funcionalidades).

É un arquivo moi delicado e potente. Pódense xerar erros de sintaxe moi facilmente. Un punto mal colocado, un espazo de máis ou de menos e o funcionamento pódese voltar inestable ou erróneo. Por iso é moi recomendable ter a man unha copia de seguridade antes de realizar ningún cambio.

Un ebook de balde é para ti!

.htaccess por defecto

O arquivo .htaccess de WordPress xa ten valores por defecto, culpables de poder ter un sistema de URL amigables.

Que é unha URL amigable? Unha dirección web relativamente curta e lexible para o usuario e para Google, coa que sexa sinxelo identificar onde estamos.

Por exemplo, non é o mesmo https://www.anxosanchez.com/?p=935 que https://www.anxosanchez.com/gl/optimizar-imaxes-web-3-pasos/ verdade? Pois ambas son a mesma entrada do blog.

Esta é a pinta do arquivo por defecto. E o que tes que ter a man por se tes que restituílo e non podes acceder ao panel de administración do WordPress a cambiar as ligazóns permanentes.

# BEGIN WordPress
<IfModule mod_rewrite.c>
RewriteEngine On
RewriteBase /
RewriteRule ^index\.php$ - [L]
RewriteCond %{REQUEST_FILENAME} !-f
RewriteCond %{REQUEST_FILENAME} !-d
RewriteRule . /index.php [L]
</IfModule>
# END WordPress

Antes de finalizar déixoche a ligazón á documentación oficial de WordPress sobre o .htaccess.

Comparte :)

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram
Share on email

Deixa un comentario

Isto é para ti!