Quen son e como te podo axudar

Descobre a que adico o meu tempo e como podemos colaborar. Aberto sempre a un café ou a unha animada conversa.

Ola!

Chámome Anxo Sánchez

Son deseñador web freelance con WordPress e vivo e traballo na Coruña.

Axudo a emprendedores coma ti ou a empresas como a túa a ter unha web profesional que voe, teña visibilidade e consiga clientes a través de internet.

Unha web é a ferramenta ideal para trasladar ao mundo o que mellor sabes facer.

Deseñareina para que a poidas xestionar de xeito sinxelo. Optimizareina para que sexa intuitiva e do gusto de Google. Engadirei velocidade e seguridade para que a túa máxima preocupación sexa o teu negocio, fiques contento e durmas tranquilo.

Sen trampas. Personalizada para ti, sinxela e con extensións ilimitadas. Evolucionará e entrará nos teus esquemas de prezos!

Achegarei todos os meus coñecementos. Direiche a verdade e trasladareiche a miña experiencia. Acompañareite durante todo o proceso e titorizarei a túa aprendizaxe para que sexas capaz de administrar a páxina por ti mesmo.

foto anxo sanchez mirando el movil
imagen quote
Anxo deseñou a páxina web de Pyrolyscience, empresa de base tecnolóxica, con instrucións mínimas, cunha autonomía destacable, sempre dentro dos prazos establecidos e conforme aos acordos. Ao principio pensei desenvolver a páxina persoalmente, pensando que ía ser difícil atopar empresas que poderían facer a páxina con esas particularidades.

Anxo sorprendeume pola súa atención personalizada, comunicación instantánea e sobre todo o nivel do produto final. Ademais, as claras instrucións facilitadas no día da entrega do produto, permitíronme manexar/manter a páxina sen demasiadas complicacións.

Alén do produto e os servizos, tamén destaca a relación calidade/prezo deste servizo, que fai que non teña dúbida en recomendar a Anxo para o desenvolvemento de páxinas web de moderado nivel de complexidade (como é o caso de pyrolyscience.com).
imagen opinion joeri kaal
Joeri Kaal
imagen quote
En xeral, hai dúas cousas que valoro moito nunha web, que sexa clara/concisa e que teña tempos de carga o máis reducidos posibles.

Coa nova web conseguín que isto se cumprise por enriba das miñas expectativas iniciais. Agora teño unha web áxil na que se navega dunha maneira rápida e fluída tanto nun PC coma nun smartphone. Tampouco houbo problema en ir vendo o progreso da web para facer as necesarias modificacións durante o desenrolo, en definitiva un bo trato co cliente.

Agora teño unha web cun deseño profesional e serio para comezar un proxecto persoal ao que levaba tempo dándolle voltas, o que para min, supuxo un empurrón importante.
imagen opinion anton naya
Antón Naya

E ti de quen vés sendo?

O meu camiño

Son de A Coruña e nacín no 89.

Crecín e estudei neste recuncho do noroeste. Unha cidade de máis de 800 anos de historia e que viu gañar a primeira liga de fútbol para un equipo galego. Din que falamos raro (neno) e estamos sempre de parranda.

E algo diso hai!

Estudei Administración de Sistemas Informáticos e cursei formación complementaria nese mesmo eido (HTML5, CSS3, JavaScript, Java, etc.). Saltei do servizo técnico dunha empresa a outra. Horarios bastante grandes e baixos salarios. Bos compañeiros, boas madrugas.

Como todos! Pero algo me fixo cambiar de perspectiva.

Por que me liei deste xeito.

En conxunto con dous grandes profesionais, Luís e Antón, iniciamos un fermoso proxecto de servizos informáticos que morreu aos poucos meses. Chamouse D3 e foi o primeiro intento. Un fracaso? Non, unha grande aprendizaxe do que se debe e non se debe facer como emprendedor.

Aquí decidín que iso non me ía parar. Non me valía volver ao “malo coñecido” e púxenme novos retos onde aportar todo meu talento (sexa moito ou pouco).

En xaneiro de 2018 comecei coa miña experiencia de traballo de deseñador web con WordPress. Xa coñecía WordPress, pero me tocou aprendelo en moita máis profundidade. Por diferentes cuestións da vida xa instalara, administrara e deseñara algunha web con anterioridade. Hosting, temas, plugins… eran termos comúns para min.

O tema do traballo leva case unha década estando complicado, non vou dicir nada que non saibas con só ler o xornal. A cousa está fea pero eu decidín intentar ver que oportunidades había fóra das paredes da miña casa.

Perdín o medo.

Loitei contra os meus temores, contra as barreiras que ao longo dos anos fun (ou fóronme) construíndo. Falar en público. Vender. Medo ao “que dirán”. Medo ao fracaso.

Non me arrepinto.

Pero coidado, non caiamos no mito de ser o teu propio xefe. Hai que traballar como un cabrón! Esquécete desas imaxes idílicas de traballar cun portátil desde a praia.

foto anxo sanchez mirando a cámara

Era a miña oportunidade!

Que poido facer por ti

Decidín especializarme en WordPress. Quería axudar a persoas emprendedoras, a freelances, a empresas e a organizacións a comunicar de que xeito poden aportar valor a outros. De que xeito poden axudalas. Contigo non só deseñarei unha páxina atractiva e profesional.

Xerarei unha relación de confianza. Opino e asesoro en base a experiencia conseguida de todos os proxectos realizados.

Axúdoche a gañar visibilidade, a transmitir confianza e a potenciar a túa marca persoal.

Tes moito que dicir, tes moito que aportar. Só precisas ser visible.

Aprende (ou corríxeme) e debate no meu blogue onde atoparás contidos relacionados co deseño web, WordPress e emprendemento.

Cóntame a túa historia. Dime o que precisas e falemos de como mellorar o teu proxecto online.

Non estou só

Rede de colaboradores

Hai cousas relacionadas co deseño dunha web que eu non poido facer, pero non te preocupes, existe unha rede de colaboradores que remarán comigo para que o proxecto chegue a bo porto.

Se precisas fotografías únicas, videos para transmitir todo o teu valor ou ilustracións personalizadas, teño a solución!

Foto Colaboradora Nune

Nuria Pampín

Fotografía
Foto colaborador Ruben

Rubén Gasalla

Video
Foto colaboradora Lena

Lena A. M.

Ilustración

Se chegas aquí, isto é para ti!

Consegue o ebook “Os Segredos para Crear a túa Páxina Web sen ter Coñecementos Previos” de balde e forma parte da única comunidade de curiosos do deseño web en galego