Servizos: deseñador web con WordPress

Un servizo adaptado as túas necesidades, que resposte as túas expectativas e sen pagar de máis é posible!

Deseño Web WordPress

Pasan as horas, os días e as semanas desde que publicaches a túa páxina web. Dixécheslle a Google que a indexsase e déchela de alta en Search Console. Actualizas unha e outra vez o panel de control de Google Analytics. E día tras día comprobas con magoa que esas poucas visitas non soben.

Que facer? Pregúntaste.

O tempo corre, pero as mudanzas non son significativas. As visitas subiron levemente pero comezas a sospeitar que quizais a túa web é invisible aos ollos de Google. Reaccionas! Abres o navegador disposto a realizar os cambios precisos.

Non podes.

O teu tema non é escalable e as súas extensións limitadas. Coa boa proposta de valor que tes e a xente non a atopa!

Non te preocupes, hai boas novas.

Podes gozar da satisfacción de ter unha web no TOP de resultados de Google. Precisas tráfico cualificado, e para iso é esencial ter unha web optimizada e veloz que axude a reverter un posicionamento defectuoso.

Permíteme unha última recomendación. Elíxeme a min ou a outro deseñador, pero por favor, actúa! Elixe ser visible.

Continúa navegando!

A túa web lista en 48!

Web Express

Elixe entre as plantillas profesionais dispoñibles e ten a túa web lista con todos os axustes técnicos en só 48h. Envíame os textos e as imaxes correspondentes e deixarei a túa web lista e funcionando. Poderás modificalos ti mesmo cando prefiras. Inclúe plugins premium e vídeo titoriais.

Se queres evolucionar co teu blog

Web Senior

Aproveita a evolución do servizo Web Express. Cóntalle ao mundo quen es e como o podes axudar mediante un blog, as ferramentas de Google  e un formulario de contacto avanzado, con todas as configuracións incluídas. En menos dunha semana podes facerte un oco en internet.

Precisas un servizo avanzado?

Web a Medida

Mellora a túa presenza en internet e consegue unha web profesional. Unha páxina web creada a medida para ti. Se único. Elixe visibilidade. Non te compliques. Non deixes centos de horas en aprender a programar ou a solucionar erros co WordPress ou o servidor e céntrate no teu negocio.

Despreocúpate de incidencias

Mantemento Web

Elimina as preocupacións polo mantemento do teu WordPress. Encárgome de tela sempre optimizada, coas últimas actualizacións que incorporen melloras de seguridade e dou soporte no caso de incidencias. Esquece as labores administrativas e recibe informes mensuais de tráfico.

Son informático de estudos e profesión.

Por que elixirme?

Desde novo a miña formación e o meu emprego estivo sempre ligado á informática. Gústame programar, gústame deseñar. Hai anos comecei facer as miñas primeiras páxinas web. Primeiro en Dreamweaver con HTML e CSS desde cero, e logo con WordPress.

Sei que os inicios de todo proxecto son duros, eu mesmo o sentín non hai moito, por iso se es un emprendedor que está comezando ou simplemente queres anovar o teu escaparate dixital, podes contar comigo.

Unha proposta personalizada unicamente para ti, escalable, con infinidade de extensións, sinxela no seu uso e cunha curva de aprendizaxe pequena. Todo isto nunha base de WordPress, o maior xestor de contidos do mundo.

Goza de personalización e escalabilidade para que o teu proxecto medre. Todo iso coa satisfacción de poder implicarte no seu desenvolvemento grazas aos titoriais e o soporte que inclúen os meus proxectos web.

Sen enganos; non cobro máis que o acordado. Ti tamén tes a unha conta de administración (non estás atado a min) es libre de chegar e de marchar. Aínda que se o consideras ofrezo un servizo de mantemento para que non teñas que gastar o tempo nas tarefas administrativas da web e esteas centrado no teu negocio.

E non só deseño. Achego toda a miña experiencia para guiarte no teu proxecto dixital. Axúdoche a crear a túa marca persoal a través da confianza e a autoridade. Guíote para que desenvolvas un blog onde transmitas todo o valor, porque o contido é o rei. E por suposto, son claro se penso que as ideas que se teñen non van a ningunha parte.

Se queres comezar pero non sabes onde, estás no lugar indicado!

Extras en todos os servizos

Se aínda non tes un dominio e un hosting da túa propiedade podes actuar de dous xeitos. Buscar en Google e contratar un acorde as túas necesidades técnicas (eu recomendo Siteground ou Raiola) ou ben delegar en min a contratación. Facturareicho a maiores.

As imaxes e os videos que queiras poñer na túa páxina debes enviarmos ti. Se non tes ningunha a man eu podo escoller por ti aquelas situadas en bancos de imaxes con licencia libre que existen en internet.

Se o que precisas son fotografías únicas, videos para transmitir todo o teu valor ou ilustracións personalizadas, recomendo facelas a través dos meus colaboradores.

É a primeira vez que redactas ou non tes experiencia en escribir textos persuasivos? Non son copywritter, mais si que che enviarei as miñas recomendacións sobre como escribir os teus textos.

Inclúense condicións legais e políticas de cokies tipo para funcións estándar. De ter a túa web funcións moi avanzadas, facturaranse a maiores.

O que nunca inclúo

Non redacto os textos nin deseño logotipos. Tes a oportunidade de enviarme os bloques de texto, o logo e as cores corporativas. Eu integrareino todo antes de entregar a web. Con posterioridade poderás modificar todo o que consideres coa axuda da formación.

Non creo nin xestiono as redes sociais. Se queres integralas, debes indicarme a súa dirección.

Comparativa de servizos

 Web ExpressWeb SeniorWeb a Medida
TotalA partir de 390€+IVEA partir de 450€+IVEA partir de 690€+IVE
Base3 deseños premium3 deseños premiumDeseño único para ti
Deseño PremiumSi (complementos valorados en 125€)Si (complementos valorados en 125€)Si (complementos valorados en 125€)
Configuración inicial (SEO inicial, Caché, Optimización, Backups, ssl -de haber-, Seguridade...)SiSiSi
ResponsiveSiSiSi
Adaptación legalSiSiSi
Instalación Google Analytics + Search Console.Opcional (+30€)SiSi
Formulario incluídoOpcional (+30€)SiSi
BlogueOpcional (+90€)SiSi
Mantemento mensualOpcional (+90€/mes)Opcional (+90€/mes)Si (gratis os 2 primeiros meses. Valorado en 180€)
Idioma ExtraOpcional (+50€)Opcional (+50€)Opcional (+50€)
Deseño novas páxinasOpcional (+90€)Opcional (+90€)Opcional (+90€)
Integración email marketingNonNon Si
MembrecíaNonNonOpcional (+190€)
ForosNonNonOpcional (+90€)
Creación landing pageNonNonOpcional (+90€)
Tenda OnlineNonNonOpcional (Calcular en cada caso)
Programación a medidaNonNonOpcional (Calcular en cada caso)
AprendizaxeTitoriais + VídeosTitoriais + VídeosFormación presencial ou Skype
SoporteEmailEmailEmail + teléfono
Tempo48h5 días20 días de media
ExtrasIncluídosIncluídosIncluídos

Se chegas aquí, isto é para ti!

Consigue o ebook “Os Segredos para Crear a túa Páxina Web sen ter Coñecementos Previos” de balde e forma parte da única comunidade de curiosos do deseño web en galego.