Conquista internet:

A túa web a medida, única, optimizada e profesional en 20 días é posible. A partir de 690€ + todos os extras que ti queras!

Aforra tempo

Atende o teu negocio que eu me encargo de ter a túa web profesional rapidamente.

Deseño personal

Desfruta dunha web deseñada para ti. Fuxe de plantillas predeseñadas. Personalizada e única.

Atención premium

Desfruta de 2 meses de mantemento avanzado de balde. Atendo as túas necesidades de xeito prioritario.

imagen quote
Con Anxo empezamos a traballar a principios de 2018. Estivemos tres meses e pico dándolle voltas a como tiña que ser a web e os seus consellos foron moi valiosos. O deseño é seu. Implicouse moito e grazas a el sempre cumprimos os prazos. Saímos en abril e a súa colaboración nas melloras do deseño e accesibilidade da web mantívose constante. Agora seguimos traballando con el na xestión ordinaria e na evolución da web. E segue dando bos consellos máis alá do deseño.

O que máis valoro é a implicación. Iso dá moita seguridade. Saber que contamos cun experto prácticamente as 24 horas. O seguinte é a axilidade. As veces da tempo a probar as cousas, pero as veces hai que reaccionar rápido, e el adáptase a eses ritmos. En terceiro lugar, a claridade de ideas. Penso que iso apréciase directamente nun vistazo á web. Para unha páxina como a nosa, de información, iso é vital: orden, claridade, "usabilidade", creo que o traballo de Anxo contribúe decisivamente a que teñamos conseguido iso polo menos no que respecta ao deseño e á accesibilidade.

Xa comentei arriba que os consellos de Anxo foron máis alá do deseño. Vaise formando en todo o que ten que ver coa actividade dos negocios en Internet e ten un coñecemento das ferramentas cada vez máis amplo. Digamos que neste caso, o do modelo de negocio, entendeu desde o principio as nosas necesidades e foinos informando e dotando de recursos.

En resumo: coñecementos, implicación, capacidade de traballo, axilidade, orden e claridade de ideas... Creo que todo iso conforma unha actitude. Nótase que lle gusta o que fai, así que é capaz de traballar con calquera ao que tamén lle guste o que fai, sexa cal sexa a tarefa. Coñecín a algunhas persoas con estas capacidades no traballo, nunca a ninguén tan mozo. Non sei se esa é outra virtude, pero queda anotada.
imagen opinion erik dobaño
Erik Dobaño

A túa web en 10 pasos

Estudo do proxecto

Que precisas para a túa proposta dixital? Estudo contigo as necesidades e propoño unha solución.

Instalación de WordPress e Generate Press

Contrato o hosting (se é preciso), instalo WordPress e o tema Generate Press Premium (licenza por valor de 44€). Realizo as configuracións iniciais.

Instalación e configuración de plugins

Instalo e configuro máis de 10 plugins (con licenzas por valor de 80€). Elementor Pro darache a oportunidade de modificar a web como ti queiras sen saber de código.

SEO inicial

Deixo a web preparada con Yoast para gustar a Google desde o primeiro día. Configuro e indico aos buscadores o teu sitemap.

Optimización WPO

Melloro a capacidade de carga da web. Escollo un bo servidor, optimizo o código, as imaxes, técnicas de caché, activo a compresión e modifico o arquivo .htaccess.

Configuración segura.

Programo as copias de seguridade, activo os firewalls e o antispam. De permitir o hosting, configuro o certificado de conexión segura SSL.

Deseño de contido personalizado

Creo as seccións, os menús, o footer e até 7 páxinas dentro do prezo base, personalizadas só para ti. Insiro os textos, as imaxes e os vídeos que queiras en cada páxina. Personalizo cores e tipografías.

Servizos extra

Integro Google Analytics, os servizos de email marketing que teñas e dou de alta a web en Google Search Console.

Adaptación legal

Inserción dos textos legais, de privacidade e os avisos de cookies precisos por lei. Non te expoñas a unha sanción. (Nota: dependendo de como sexa a túa web pode que precises textos avanzados. Acordar no estudo do proxecto).

Formación persoal + mantemento de balde

Non vas estar só. Ao rematar o proxecto teremos unha sesión de formación presencial ou vía Skype para que aprendas a xestionar a web, aclarar as dúbidas sobre marketing online, como redactar os textos ou o que ti queiras.

Ademais, por contratar este servizo tes 60 días de mantemento web WordPress de balde (valorado en 180€) e 90 días máis de soporte vía email a incidencias técnicas. 5 meses de respaldo!

Non tes suficiente?

Pois aínda hai máis!

Este servizo ofrece unha ampla gama de posibilidades de mellora. Todas elas foron probadas previamente para que fiques completamente tranquilo.

Non quedes coas ganas de máis.

Deseño nova páxina. (+90€)

Se precisas implementar unha galería, un portfolio, unha lista de vídeos ou calquera outra cuestión, adiante! Incluirei as páxinas que precises a maiores seguindo o estilo do tema.

Fai que te entenda o teu cliente ideal.

Idioma Extra (+50€)

Engade os idiomas extras que queiras para a túa web e faina políglota. Instalarei os recursos precisos para unha web multiidioma que non xere contido duplicado. Ti só tes que preparar os textos!

Unha intranet ou unha zona de membrecía privada.

Zonas privadas - membrecía (+190€)

Crea unha comunidade privada para subscritores, vende un curso online e pecha os contidos ou comparte os teus traballos só con quen desexes. Unha zona oculta onde só ti decides quen entra. Con licenzas premium (por valor de 40€).

Vende as túas creacións ao mundo.

Tenda online (a partir de +400€).

Unha plataforma de venda completa e funcional. Modos e pasarelas de pago, cupóns de desconto, mensaxes automáticos e emisión de facturas. Categorización de produtos e múltiples opcións de venda.

Convirte visitas en leads.

Creación de landing Pages

Deseño único de páxinas optimizadas para conseguir algo do teu público obxectivo. Unha páxina para conseguir suscripcións, vendas, enquisas, resultados, etc. Unha das maiores ferramentas de conversión que existe.

Precisas algo específico e especial?

Programación de funcións a medida

Desarrollo as funcións que precise o teu proxecto dixital sempre que sexan compatibles con WordPress e os complementos de maquetaxe utilizados. Analizo as túas necesidades e trasládoche unha proposta personalizada.

Queres o servizo? Fálame!

Se chegas aquí, isto é para ti!

Consegue o ebook “Os Segredos para Crear a túa Páxina Web sen ter Coñecementos Previos” de balde e forma parte da única comunidade de curiosos do deseño web en galego