A túa web en 48h:

Acaba dunha vez coa túa ausencia online. A túa web a partir de 390€. Preparámolo en 48h e con licencias profesionais.

Licencias incluídas

Inclúe máis de 125€ en licencias premium.

3 temas profesionais

Elixe entre as plantillas profesionais dispoñibles.

Autoxestionable

Aprende a xestionala a través de vídeos e titoriais.

Co teu estilo

Adaptación ao teu logo, tipografía e cores corporativas.

SEO friendly

Optimizada para o SEO. Gustaralle a Google.

Velocidade de carga

Configuración caché para ter unha alta velocidade de carga.

Protección contra malos

Implementamos axustes de seguridade.

Backups

Configuración copias de seguridade periódicas.

Soporte técnico

Durante 90 días dareiche soporte vía email a maiores dos titoriais.

3 temas premium a elixir

Elixe entre unha das dúas propostas con 5 páxinas deseñadas e optimizadas ou unha do tipo one-page.

En que consiste o servizo?

Ter presenza online neste intre é fundamental para todo emprendedor. Podes ser un freelance unipersoal, unha startup ou unha mediana empresa, o mundo dixital non é alleo a ti. Moitas persoas intentan facer a súa propia páxina web, pero desisten por diferentes cuestións técnicas.

Que é e onde contrato un dominio e un hosting? Que tema instalar? Que plugins? Como configuro todos os recursos? Gústolle a Google? Como adapto o deseño a móbiles? E así unha gran cantidade de preguntas.

Este servizo é para ti se queres aforrar tempo e esforzo.

Encárgome da instalación, as configuracións técnicas, de ensinarche como se utiliza e de subir todo o contido. Ti só tes que redactar o contido e modificalo cantas veces queiras.

Gustaríache ter unha web en tempo récord e cun deseño profesional? Entón este servizo é para ti.

Aprende por ti mesmo

Exemplo dos video titoriais

Que contén este servizo?

  • Instalación e configuración do WordPress no hosting.
  • Personalización do tema ás cores acordes co teu logotipo.
  • Deseño responsivo. Móstrate en todos os dispositivos.
  • Inclusión das túas redes sociais e botóns para compartir nelas.
  • Personalización de fontes cunha ampla gama en Google Fonts.
  • Fai que a túa web voe coa correcta configuración dos plugins de optimización.
  • Optimización SEO inicial que se inclúe en todas as páxinas da túa instalación.
  • Soporte vía email 90 días a incidencias. Axúdoche os 3 primeiros meses.
  • Titoriais e vídeos para que entendas como funciona a web e a podas modificar.
  • Licencias legais e premium con actualizacións e soporte. Non atoparás ningunha diferente.

Extras do servizo!

Queres máis?

Fai que o mundo coñeza o que tes que dicir!

Blogue (+90€)

O éxito de todo negocio en internet pasa pola calidade do contido que se publique na súa web e a posición nos buscadores. E creme que a Google lle gusta saber o que tes que dicir!

A información é poder para o teu proxecto dixital!

Analytics e Search Console (+30€)

Coñece quen te visita, desde onde, a través de que medios, con que dispositivos e mesmo cales son os temas máis consumidos polos teus lectores.

Mellora a conversión e o contacto co cliente.

Formularios avanzados (+30€)

Engade un formulario cos campos que precises (ti elixes!), un Google Maps e os botóns de contacto que máis che conveñan para que che falen: WhatsApp, Facebook Messeger, Skype, etc.

Fai que te entenda o teu cliente ideal.

Idioma Extra (+50€)

Engade os idiomas extras que queiras para a túa web e faina políglota. Instalarei os recursos precisos para unha web multiidioma que non xere contido duplicado. Ti só tes que preparar os textos!

Non quedes coas ganas de máis.

Deseño nova páxina. (+90€)

Se precisas implementar unha galería, un portfolio, unha lista de vídeos ou calquera outra cuestión, adiante! Incluirei as páxinas que precises a maiores seguindo o estilo do tema.

Despreocúpate de incidencias.

Mantemento mensual. (+90€)

Elimina as preocupacións polo mantemento do teu WordPress. Encárgome de tela sempre optimizada, coas últimas actualizacións que incorporen melloras de seguridade e con soporte incluído.

FAQ - Preguntas frecuentes

Contacta comigo e dime que precisas. Contestareiche co axuste de orzamento (de ser preciso) e enviareiche un email con toda a información que preciso para iniciar o traballo.

Unha vez abonado o pagamento correspondente iniciarase o proceso. No caso de que necesites contratar dominio e hosting terasmo que indicar e orzamentarase a maiores. Unha vez que me devolvas todas as cuestións, en 48h terás a túa web online e funcionando.

Si. O servizo inclúe novos deseños de páxinas mais non de programación de funcionalidades a medida. Se precisas isto visita o meu servizo de deseño web WordPress a medida.

Transferencia bancaria sobre emisión de factura.

A comunicación realizarase prioritariamente por email. De ser preciso podería ser por Skype, teléfono ou de xeito presencial.

Tal e como está pensado o servizo, abónase por adiantado o 100% do prezo.

Todas as ferramentas instaladas son completamente legais, tanto as versións free como as premium.

Non, o IVE engádese ao prezo total.

Queres o servizo? Fálame!

Se chegas aquí, isto é para ti!

Consegue o ebook “Os Segredos para Crear a túa Páxina Web sen ter Coñecementos Previos” de balde e forma parte da única comunidade de curiosos do deseño web en galego