Evoluciona cun blogue:

Fai que todos saiban o que tes que dicir. A túa web a partir de 450€ con todo o que inclúe Web Express máis un servizo especial para bloggers.

Licencias incluídas

Inclúe máis de 125€ en licencias premium.

3 temas profesionais

Elixe entre as plantillas profesionais dispoñibles.

Autoxestionable

Aprende a xestionala a través de vídeos e titoriais.

Co teu estilo

Adaptación ao teu logo, tipografía e cores corporativas.

SEO friendly

Optimizada para o SEO. Gustaralle a Google.

Velocidade de carga

Configuración caché para ter unha alta velocidade de carga.

Procección contra malos

Implementamos axustes de seguridade.

Backups

Configuración copias de seguridade periódicas.

Soporte técnico

Durante 90 días dareiche soporte vía email a maiores dos titoriais.

3 temas premium a elixir con blogue incluído!

Elixe entre unha das dúas propostas con 5 páxinas deseñadas e optimizadas ou unha do tipo one-page (todo con blogue)!

En que consiste o servizo?

Estar na rede pode non ser suficiente para todos os emprendedores. Se queres facer avanzar o teu proxecto dixital precisas que o mundo poida ler o que tes que dicir. Desde un emprendedor dixital até o oficio máis atecnolóxico que poidas pensar.

Constrúo un proxecto con todas as características de optimización, sinxeleza e capacidade de aprendizaxe, escalabilidade e flexibilidade. Encárgome da instalación, as configuracións técnicas, de ensinarche como se utiliza e de subir todo o contido.

Non máis dúbidas. Aforra tempo e esforzo!

Que é e onde contrato un dominio e un hosting? Que tema instalar? Que plugins? Como configuro todos os recursos? Gústolle a Google? Como adapto o deseño a móbiles? E así unha gran cantidade de preguntas.

Ti só tes que redactar o contido, preparar entradas para o teu blog e modificalo cantas veces queiras.

Se queres ter visibilidade polo que contas e por como o contas, este é o teu servizo.

Aprende por ti mesmo

Exemplo dos video titoriais

Que contén este servizo?

  • Instalación e configuración do WordPress no hosting.
  • Configuración e deseño dun blog e os arquivos das novas.
  • Deseño a medida do formulario avanzado que precises.
  • Instalación e configuración de Google Analytics + Search Console.
  • Personalización do tema ás cores acordes co teu logotipo.
  • Deseño responsivo. Móstrate en todos os dispositivos.
  • Inclusión das túas redes sociais e botóns para compartir nelas.
  • Personalización de fontes cunha ampla gama en Google Fonts.
  • Fai que a túa web voe coa correcta configuración dos plugins de optimización.
  • Optimización SEO inicial que se inclúe en todas as páxinas da túa instalación.
  • Soporte vía email 90 días a incidencias. Axúdoche os 3 primeiros meses.
  • Titoriais e vídeos para que entendas como funciona a web e a podas modificar.
  • Licencias legais e premium con actualizacións e soporte. Non atoparás ningunha diferente.

Extras do servizo!

Queres máis?

Fai que te entenda o teu cliente ideal.

Idioma Extra (+50€)

Engade os idiomas extras que queiras para a túa web e faina políglota. Instalarei os recursos precisos para unha web multiidioma que non xere contido duplicado. Ti só tes que preparar os textos!

Non quedes coas ganas de máis.

Deseño nova páxina. (+90€)

Se precisas implementar unha galería, un portfolio, unha lista de vídeos ou calquera outra cuestión, adiante! Incluirei as páxinas que precises a maiores seguindo o estilo do tema.

Despreocúpate de incidencias.

Mantemento mensual. (+90€)​

Elimina as preocupacións polo mantemento do teu WordPress. Encárgome de tela sempre optimizada, coas últimas actualizacións que incorporen melloras de seguridade e con soporte incluído.

FAQ - Preguntas frecuentes

Contacta comigo e dime que precisas. Contestareiche co axuste de presuposto (de ser preciso) e enviareiche un email con toda a información que preciso para iniciar o traballo.

Unha vez abonado o pago correspondente iniciarase o proceso. No caso de que necesites contratar dominio e hosting terasmo que indicar e presupostarase a maiores. Unha vez que me devolvas todas as cuestións, en 5 días terás a túa web online e funcionando.

Si. O servizo inclúe novos deseños de páxinas mais non de programación de funcionalidades a medida. Se precisas isto visita o meu servizo de deseño web WordPress a medida.

Transferencia bancaria sobre emisión de factura.

A comunicación realizarase prioritariamente por email. De ser preciso podería ser por Skype, teléfono ou de xeito presencial.

Tal e como está pensado o servizo, abónase por adiantado o 100% do prezo.

Todas as ferramentas instaladas son completamente legais, tanto as versións free como as premium.

Non, o IVE engádese sobre o prezo total.

Queres o servizo? Fálame!

Se chegas aquí, isto é para ti!

Consegue o ebook “Os Segredos para Crear a túa Páxina Web sen ter Coñecementos Previos” de balde e forma parte da única comunidade de curiosos do deseño web en galego