Algúns dos que traballaron comigo...
Isto é o que din de min
Quixera agradecer a Anxo Sanchez pola excelente labor realizada na elaboración da páxina web para a nosa empresa Adiva do Eume SL. Empresa adicada ao alugueiro vacacional.
A destacar a simbiose desde o principio co xeito de traballar de Anxo. Bastou unha idea preliminar cun listado de necesidades, tres correos e un teams, para que se puxera mans a obra e que o resultado alén de rápido fose óptimo, superando con creces as miñas expectativas.
Esta páxina alén dunha maior visibilidade, permítenos non depender en exclusiva das plataformas maioristas como Booking, Airbnb etc… O que redunda nunha maior independencia e polo tanto un maior marxen de beneficio para a nosa empresa e un abaratamento para os viaxeiros.
Para rematar, quixera recomendar, por todo o anterior indicado, os servizos de Anxo a calquer empresa ou ente que queira elaborar unha paxina web para a sua actividade.
Traballar con Anxo foi unha experiencia verdadeiramente positiva na modernización da nosa páxina web e actualmente é o noso consultor de confianza no mundo dixital.
A súa grande habilidade para entender o qué lle pedíamos e a súa rapidez en presentar propostas que incluso melloraban o solicitado foi excepcional.
Tamén valoramos moito a súa implicación e acompañamento no proxecto, o cumplimento das metas establecidas e a súa intelixencia para entender as singularidades do noso sector. Estas habilidades de Anxo fan que teñamos un alto grao de satisfacción del como profesional e como persoa.
Sen dúbida, recomendaría os seus servizos a calquera que busque mellorar ou iniciar o seu proxecto dixital.
Super profesional. Anxo axudoume coa miña páxina web e tenda online. Atendeu a todas as miñas necesidades e suxerencias gráficas, engadindo propostas e suxerencias que desde a súa experiencia melloraron notablemente a idea que eu tiña inicialmente.
A boa comunicación foi para min un dos puntos fortes; eu entendo ben pouco deste campo e Anxo explicoume con paciencia todo o que necesitaba saber. Axudoume a mellorar o meu proxecto notablemente.
Recomendaría os servizos de Anxo sen dúbida, de feito xa o fixen. Pareceume agradable e satisfactorio traballar con el.
A colaboración con Anxo foi unha das mellores que vivín. Axudoume a levar a cabo o meu proxecto de páxina web desde o comezo, un proceso longo pero no que me aconsellou a cada paso e me guiou para poñer na pantalla unha versión mellorada da base que tiña en mente ó comezo. Conseguiu desenvolver unha idea moi básica ata transformala nunha ferramenta chave que me axudará a facerme oco no meu eido de traballo no futuro e darame máis visibilidade. Traballar con el é unha das recomendacións máis sinxelas que podería dar para quen precise algún dos servizos que ofrece.
Souben de Anxo por recomendación de alguén a quen lle fixera a súa páxina web e decidín escribirlle para comentarlle o que tiña en mente: unha web en tres idiomas e sinxela coa que poder transmitir unha imaxe máis profesional no tocante ós meus servizos como tradutora.
Dende o primeiro momento, a sensación que me transmitiu foi de profesionalidade. Aconselloume para que eu soubese como debían ser os textos da web e sempre estivo aí para resolver calquera cuestión que me ía xurdindo. Deste xeito, sentinme moi acompañada, algo que agradecín moito ó tratarse dun proceso no que eu tiña dúbidas ó non estar moi posta no tema da creación de páxinas web.
Quedei moi contenta co resultado, pois grazas ó seu traballo, agora teño unha plataforma profesional dende a cal ofrecer os meus servizos. Ademais, coa organización da páxina, as cores, o tipo de letra, etc., conseguiu converter en algo concreto todas as ideas que eu lle comentara.
Polo tanto, do mesmo xeito que eu cheguei a Anxo por recomendación doutra persoa, gustaríame que estas palabras lle puidesen ser de axuda a alguén. Dende logo, se tivese que crear outra web, encargaríalla a Anxo sen dubidalo.
Anxo Sánchez soubo adaptarse decontado ás características singulares da web que lle pedía. Entendeu á primeira o enfoque que esixía o oficio que desempeño e as súas particularidades, e cumpriu de sobra cos prazos que acordamos. Non só iso. O deseño que me procurou superou as miñas expectativas. Foi velo e pensar: «Xusto o que quería, pero aínda mellor do que o imaxinaba!». Ademais, unha vez rematado o sitio, explicoume o seu manexo paso a paso, dun xeito doado de entender. Agora dispoño dun escaparate no que mostrar o meu traballo e ofrecer os meus servizos do que me sinto orgullosa. Se alguén, sexa ou non do meu medio laboral, me pregunta por un profesional competente, teño clarísimo cal vai ser a miña resposta: «Anxo Sánchez».
Encantada con Anxo e o seu traballo. Levaba tempo querendo actualizar a miña web e ter unha imaxe actualizada e máis profesional, e grazas ao teu traballo conseguíno. Busca adaptalo todo ao gusto e necesidades do cliente, aporta ideas e visións do que se pretende conseguir e sempre se preocupa por saber se se conseguen os obxectivos marcados. Non ten problemas para resolver dúbidas ou dúbidas que xurdan ao longo do proxecto e facilita a comunicación con el. Cando ves o traballo rematado, explícase como modificar e cambiar partes da web por ti mesmo e se algo non che queda claro, tenta explicalo mellor.
Grazas a el conseguín o que buscaba e cunha imaxe moito mellor da que imaxinaba. Recomendaríao pola súa profesionalidade, os tempos de execución do proxecto, as ideas que propón e a paciencia que ten á espera do envío do material.
Para a creación da nosa empresa, que se basea na venda dun produto dixital, necesitabamos unha web con tenda incorporada. Contactamos con Anxo e o proceso foi bastante sinxelo e claro. O primeiro que nos sorprendeu foi a elaboración do orzamento, xa que tiñamos visto algún noutra ocasión e o que el nos entregou era moi completo, atendendo aos pequenos detalles e deixando claro que cousas tería a web e cales non.
Pediunos toda a información necesaria para entender o que necesitabamos, e agradecemos o seu esmero porque realmente o conseguiu. En canto á estética, foi fiel ás cores e aos recursos que xa tiñamos elaborados, soubo integrar moi ben o seu traballo co previamente realizado polo deseñador do logo e da imaxe corporativa.
O resultado foi o que nós visualizaramos nun principio, unha web clara, sen artificios e que transmitira a confianza dun traballo profesional.
Sen dúbida, recomendariamos os seus servizos, quedamos realmente contentos co resultado e, hai que dicilo, non é habitual atopar profesionais deste ámbito que traballen en galego como lingua principal, agradécese moito.
Traballar con Anxo foi moi doado. Moi profesional, próximo, con vocación e implicado ao 100% no proxecto. Cando lle trasladas unha dúbida ou problema, sempre ten varias solucións e resólveas inmediatamente. No meu caso, desenvolveu o novo deseño da miña páxina web en WordPress. O resultado final foi fantástico, conseguindo un sitio web limpo e moi sinxelo de navegar.
Contactamos con Anxo para a optimización do directorio de expertas UDCientíficas. O traballo requería o desenvolvemento dun buscador áxil e sinxelo de utilizar, en dous idiomas, na procura de converterse nun recurso útil para medios de comunicación e outras entidades/persoas. Asemade esta web debía ser de fácil mantemento para que puidesemos xestionala as personas que formamos parte do Centro de Estudos de Xénero e Feministas. O resultado foi unha páxina web sinxela en apariencia e moi intuitiva, e a automatización de diferentes procesos (como as novas altas).
O desenvolvemento desta web foi un proceso iterativo no que Anxo atendía, integraba e aportaba solucións para todas as cuestión planteadas. Incluso adiantou unha versión beta da web para poder facer unha pequena presentación semanas antes da data fixada para a súa entrega.
En definitiva, un profesional serio, resolutivo e creativo. Completamente recomendable .
Encargámoslle a Anxo todo o ligado o deseño, posicionamento e mantemento web porque desde a primeira conversa intuimos, pola súa implicación cos proxectos (e coa empresa), que faría o imposíbel por sacalos adiante como se foran propios.
Isto que pode parecer unha chorrada, non o é tanto. Para quen precisamos ter a nosa cabeza noutras fases da produción dun proxecto, ter unha persoa de man na que confiar e delegar parte da imaxen e construción da marca dixital da empresa é esencial.
É complexo traballar en proxectos de dixitalización cunha empresa como a nosa, que pola súa estrutura e valores forma parte do consumo local e a economía solidaria, sen correr o risco de que se perdan moitos dos valores que van innatos ao cooperativismo. Digamos que estes valores Anxo sabe situalos sempre no centro de cada proxecto, facendo que a rede sexa un mercado máis solidario. Atopámonos, por tanto, ante un profesional resolutivo, creativo e que sabe medir e segmentar ben os nosos públicos.
Para unha empresa como a nosa, que vive da comunicación e a publicidade, contratar os seus servizos supón un valor engadido en cada un dos nosos proxectos. Xa que a “marca Anxo” sempre resulta moi atractiva para os usuarios finais.
Penso que a diferenza entre Anxo e outros programadores ou deseñadores web está en que cando traballas con Anxo non contratas un informático (que tamén), senón contratas un compañeiro de equipo. E esa implicación vai libre de IVE en cada orzamento.
Moitas grazas polo teu traballo!
Contactamos con Anxo para facer o desenvolvemento da nosa páxina web e non podemos estar máis contentas da elección. Anxo é unha persoa implicada, eficaz, paciente e sempre dispoñible para adaptar as modificacións que lle propoñíamos da forma máis efectiva posible ás nosas necesidades así como de solucionar todas as dúbidas que nos xurdiron no proceso.
Anxo ten un amplo coñecemento técnico no seu ámbito. No momento de rematar o proceso de desenvolvemento, resultounos moi útil a formación e instrucións que nos deu para manexar o WordPress e poder autoxestionar a web, facendo especial énfase nas técnicas para coidar o posicionamento web, que nós descoñecíamos en gran parte e nas que él mesmo á hora do desenvolvemento web pon especial coidado.
Sen dúbida recomendaríamos o seus servicios, cun trato cercano e adaptado ás necesidades do cliente.
Contratei a Anxo para o redeseño da miña páxina web que é o centro do meu negocio. Necesitaba un deseño serio, elegante e que cargase rápido (xa consciente de que era unha web difícil) porque os meus clientes son empresarios que non teñen tempo pero a impresión en a penas un minuto decide todo.
Pois ben, non só estou contentísimo co resultado (que á vista está) senón ademais con como levou o proxecto. Encantoume o coñecemento que ten Anxo de todo o proceso, a experiencia recomendando configuracións, plugins e extras, pero sobre todo sobre todo que "che entrega o prometido".
E para min isto foi clave porque hoxe en día incluso pagando moito máis non tes esa garantía e para min foi unha gozada que me dixese desde o día 1 o que se podía e non se podía facer e logo ilo vendo cumprirse tal cal. Amplamente recomendado.
Púxenme en contacto con Anxo para deseñar unha web para a miña academia. Ademais dun escaparate para darnos a coñecer queríamos unha aula virtual coa facilitar a nosa labor neste curso de confinamento e incerteza polo coronavirus.
O seu traballo foi moi rápido, cando outras persoas aínda nos estaban respondendo á solicitude de información el xa se preocupara de pasarnos un test de preguntas e chamarnos por teléfono para poder saber ben que tiñamos en mente. O que realmente fixo que nos decantásemos por el foi a confianza e profesionalidade que transmite. Ademais, dáche ferramentas para poder traballar ti na web de xeito autónomo cando está rematada, sen tentar atarte a el.
A web gustounos moito, esteticamente é o que tiñamos en mente, pero é que ademais é moi intuitiva e sinxela polo que traballar con ela é moi cómodo. Levamos uns meses con ela e non podemos estar máis contentas. Tanto o blog como a aula virtual funcionan moi ben e non tivemos ningunha dúbida para subir contido ou actualizar a web.
Se alguén me pedira consello para facer unha web, recomendaría a Anxo sen dubidalo.
Traballar con Anxo é sobre todo saber que delegas unha parte do teu traballo en plena confianza a alguén co bo facer de Anxo.
É axil na orzamentación, creativo no deseño e experimentado na programación, aspectos claves nun profesional que ofrece os servizos de Anxo.
Valoro sobre todo a capacidade que ten de xestionar de forma completa un proxecto web, dende a concepción ata a finalización pasando polo posicionamento. Traballo e traballarei con él porque é unha garantía de éxito para calquera proxecto que desexe convertir a súa web nun canal de venta efectivo nos tempos que corren.
Anxo proporcionou un servizo á Fundación Ronsel centrado na creación e actualización de páxinas web corporativas e de eventos específicos, incluíndo a xestión de inscricións a estes últimos.
Aquelas cousas que máis valoramos do servizo que Anxo ofrece son a súa rapidez na resposta, transparencia, capacidade de comprensión das nosas necesidades, execución profesional do traballo, cumprimento de compromisos e puntualidade na entrega. Axudounos a ter unha imaxe máis actual, profesional e dinámica, apoiándonos no proceso de xestión posterior.
Recomendariamos a Anxo pola súa rapidez na resposta, capacidade de escoitar as nosas demandas e o resultado final dos produtos.
Traballar con Anxo foi, desde o principio, eficiente e cómodo. É unha persoa organizada que en todo momento guía o proceso de creación da web para entender o que o cliente quere e conseguilo no mínimo tempo posible.
Cumpre os tempos pactados e achega ideas e coñecementos moi útiles, non só de creación de webs, que é o servizo que contrataramos, senón de conversión, métodos de pago... En canto á titoría de WordPress, nótase que ten experiencia como docente, explica as cousas de modo sinxelo e achega moita información útil.
Estamos moi satisfeitos co seu traballo e sen dúbida recomendariámolo a outras empresas que queiran mellorar a súa presenza en liña.
Anxo é eficaz, profesional, prudente e cunha capacidade para entender o proxecto que lle pos nas súas mans que ata parece que o creara el.
Sabe escoitar as túas peticións e ten a honestidade de opinar coa humildade de querer achegar e sumar ao teu proxecto.
Anxo demostrou ser un gran profesional e bo coñecedor do seu ámbito. Foi un pracer traballar con el desde o primeiro momento, xa que me transmitiu seguridade, saber facer e, sobre todo, fixo do meu proxecto algo persoal e valioso.
Estou moi satisfeito co resultado final e, sen ningunha dúbida, recomendo os seus servizos a quen queira ter unha web profesional, moderna e acorde ás expectativas marcadas.
Anxo escoita, ofrece, participa, actúa e executa con elegancia.
Cando decidín ter unha páxina web para ofrecer os meus servizos como coach persoal, busquei a alguén con experiencia, pero á vez próximo. Alguén que se involucrase no proxecto, alguén con quen debater as miñas ideas e deixarme aconsellar. Esa persoa foi Anxo Sánchez. Enseguida comprendeu o que eu buscaba e fíxoo posible. Achegou moitas ideas, e tamén tivo en conta as miñas, creando unha páxina elegante, sinxela e sen complicacións nin para quen a visita nin para min á hora de publicar contido.
Así, o que máis valoro desta relación comercial, foi a proximidade, o saber escoitarme, interpretar dunha forma moi precisa o que eu buscaba para este proxecto. Aínda estou a empezar pero todo vai segundo o previsto, con calma. Todos os consellos que Anxo deume sérvenme para mellorar día a día. Recoméndovos que, se buscades a alguén con quen traballar, deádeslle a oportunidade.
É bo no seu, moi bo.
Anxo implicouse no proxecto como se fose o seu propio. Xa desde o comezo tomou as rendas da nova web da empresa con ilusión e traballo. Salvou con eficacia os inconvenientes que foron aparecendo polo camiño, e ofrecendo o mellor de si mesmo para afrontar o proceso de creación e deseño da web. Ademais dun excelente deseñador, Anxo é creativo e exerce de asesor cando a situación o require, posto que sempre da bos consellos para non desviarse do camiño correcto.
Así mesmo, destacaría os seus amplos coñecementos técnicos, sen esquecer a súa capacidade para reducir o aparentemente difícil a súa mínima expresión. Como profesional facilítate moito o traballo, case sempre está localizable e é unha persoa coa que é moi sinxelo tratar.
En definitiva, contar cos seus servizos foi todo un acerto. Persoalmente estou moi satisfeito co seu traballo, e a bo seguro seguiremos colaborando en futuros proxectos. Grazas por todo Anxo, foi un auténtico pracer.
Anxo implicouse no proxecto como se fose o seu propio. Xa desde o comezo tomou as rendas da nova web da empresa con ilusión e traballo. Salvou con eficacia os inconvenientes que foron aparecendo polo camiño, e ofrecendo o mellor de si mesmo para afrontar o proceso de creación e deseño da web. Ademais dun excelente deseñador, Anxo é creativo e exerce de asesor cando a situación o require, posto que sempre da bos consellos para non desviarse do camiño correcto.
Así mesmo, destacaría os seus amplos coñecementos técnicos, sen esquecer a súa capacidade para reducir o aparentemente difícil a súa mínima expresión. Como profesional facilítate moito o traballo, case sempre está localizable e é unha persoa coa que é moi sinxelo tratar.
En definitiva, contar cos seus servizos foi todo un acerto. Persoalmente estou moi satisfeito co seu traballo, e a bo seguro seguiremos colaborando en futuros proxectos. Grazas por todo Anxo, foi un auténtico pracer.
En xeral, hai dúas cousas que valoro moito nunha web, que sexa clara/concisa e que teña tempos de carga o máis reducidos posibles.
Coa nova web conseguín que isto se cumprise por enriba das miñas expectativas iniciais. Agora teño unha web áxil na que se navega dunha maneira rápida e fluída tanto nun PC coma nun smartphone. Tampouco houbo problema en ir vendo o progreso da web para facer as necesarias modificacións durante o desenvolvemento, en definitiva un bo trato co cliente.
Agora teño unha web cun deseño profesional e serio para comezar un proxecto persoal ao que levaba tempo dándolle voltas, o que para min, supuxo un empurrón importante.
Anxo é un profesional dos pés á cabeza. Remodelounos a páxina web cuns resultados moi por enriba do agardado.
É paciente, traballador e implicado, e o que fixo que nun primeiro momento nos decantásemos por el foi a formación que ofrece aos seus clientes para que podamos autoxestionarnos, aínda que sempre está aí para calquera dúbida.
Recomendamos os seus servizos a todo aquel que queira unha páxina web atractiva, que chame a atención, pero tamén rápida e funcional. Un acerto contar con el no noso proxecto.
Estaba buscando unha persoa para facer a miña propia tenda online no meu dominio. Anxo foi un gran profesional dende o minuto un, axudoume e resolveu tódalas dúbidas que tiña sobre o tema. Por diversos motivos cando o contratei non tiña moita marxe, pero el traballou con eficacia e tivo todo listo dentro do prazo. E unha das mellores cousas é a formación, na que che resolve as posibles dúbidas do funcionamento e che ensina ferramentas para traballar, mellorar e facer crecer a túa páxina.
Valoro a calidade e a atención que ofrece, recoméndoo sen dubidalo. Ademais, que mellor que apoiar a alguén de aquí, que te atende en galego e o defende?
Despois de anos en activo, o meu negocio precisaba unha web nova, dinámica e cun deseño actual. Encargueille a Anxo o proxecto e non podo estar máis satisfeito co resultado. Ademais de cumprir todas as miñas necesidades, o deseño é inequivocamente elegante e encaixa perfectamente ca miña imaxe de marca previa. Alén disto, o novo formulario permíteme comunicarme cos meus clientes dunha forma áxil e cómoda. E, por se fora pouco, co deseño modular da web e ca formación posterior que Anxo me brindou co seu servizo, podo facer eu mesmo o mantemento se o preciso.
Esta nova web é agora unha parte importantísima da miña estratexia de negocio e permíteme presentar unha imaxe impecable diante de posibles novos clientes, ademais de facilitarme o contacto con eles.
Recomendaría sen lugar a dúbidas os seus servizos.
Con Anxo empezamos a traballar a principios de 2018. Estivemos tres meses e pico dándolle voltas a como tiña que ser a web e os seus consellos foron moi valiosos. O deseño é seu. Implicouse moito e grazas a el sempre cumprimos os prazos. Saímos en abril e a súa colaboración nas melloras do deseño e accesibilidade da web mantívose constante. Agora seguimos traballando con el na xestión ordinaria e na evolución da web. E segue dando bos consellos máis alá do deseño.
O que máis valoro é a implicación. Iso dá moita seguridade. Saber que contamos cun experto prácticamente as 24 horas. O seguinte é a axilidade. As veces da tempo a probar as cousas, pero as veces hai que reaccionar rápido, e el adáptase a eses ritmos. En terceiro lugar, a claridade de ideas. Penso que iso apréciase directamente nun vistazo á web. Para unha páxina como a nosa, de información, iso é vital: orden, claridade, "usabilidade", creo que o traballo de Anxo contribúe decisivamente a que teñamos conseguido iso polo menos no que respecta ao deseño e á accesibilidade.
Xa comentei arriba que os consellos de Anxo foron máis alá do deseño. Vaise formando en todo o que ten que ver coa actividade dos negocios en Internet e ten un coñecemento das ferramentas cada vez máis amplo. Digamos que neste caso, o do modelo de negocio, entendeu desde o principio as nosas necesidades e foinos informando e dotando de recursos.
En resumo: coñecementos, implicación, capacidade de traballo, axilidade, orden e claridade de ideas... Creo que todo iso conforma unha actitude. Nótase que lle gusta o que fai, así que é capaz de traballar con calquera ao que tamén lle guste o que fai, sexa cal sexa a tarefa. Coñecín a algunhas persoas con estas capacidades no traballo, nunca a ninguén tan mozo. Non sei se esa é outra virtude, pero queda anotada.
Anxo renovou a miña páxina web profesional en base ao deseño das miñas tarxetas da visita. Adaptouse en todo momento ao que lle pedín, ademais de que me asesorou de xeito que mellorou moitos elementos da miña idea inicial. Creo que o resultado final está a ser moi positivo porque a páxina nova e as súas suxestións fan que transmita unha imaxe seria e ao tempo de proximidade.
Agradezo moito a axuda e a flexibilidade de Anxo e recomendo totalmente os seus servizos a calquera profesional, xa que pode achegar un punto de vista especializado e o seu traballo é de calidade.
O que destacaría de Anxo Sánchez é a súa gran capacidade de traballo en grupo, ademais de que posúe un gran coñecemento do medio co que traballa. Sempre á última, o que lle converte nunha aposta segura á hora de realizar un proxecto en WordPress.
Anxo deume formación de WordPress e o maquetador Elementor a través de videoconferencia. As clases impartíanse a través do programa Zoom. O seu traballo consistiu en explicarme a creación de páxinas web en WordPress e co maquetador Elementor.
Ten grandes coñecementos sobre deseño web e programación, é capaz de resolver todos os problemas que teño con gran soltura e ademais en pouco tempo. Moi profesional, é dicir, é puntual, ordenado e coñece á perfección todos os programas e plugins que preciso na miña formación.
Vin claramente a solución ao crecemento do meu negocio que levaba anos atascado sen avanzar por non ter coñecido un bo profesional. Tiven malas experiencias con outros profesionais e agora con Anxo vin a gran oportunidade de poder poñer en marcha proxectos parados desde hai anos.
O diñeiro dedicado a miña formación vino como un investimento a medio prazo, en ningún intre o vin coma un gasto. É moi bo no seu traballo e moi profesional, comprométese co pactado e non te deixa tirado en 2 días.
Anxo deseñou nun tempo record a web que dá soporte ao podcast semanal que gravamos en estudos de radio na Coruña. Entendeu á primeira as nosas necesidades, implementouno ao noso gusto e o resultado é óptimo. A páxina é rápida e de fácil manexo para os que non temos coñecementos técnicos avanzados.