Que é o «Full Site Editing» (ou a Edición Completa do Sitio) de WordPress

Hoxe vouche falar do presente e do futuro de WordPress.

E é que as mudanzas non se fan esperar. Cómpre estarmos atentos ao camiño que está tomando o proxecto se quixeres quedar atrás.

Desde hai anos estase cocendo algo importante, un cambio total do paradigma. Unha necesaria actualización de WordPress a todos os niveis: desde o editor até os estilos, pasando pola personalización, o menú ou os widgets.

Son consciente de que non todo o mundo ve con bos ollos esta nova realidade.

Hai polémica e quen está máis cómodo no pasado defende que WordPress nunca debeu cambiar.

Pero cambiou.

E é hora de aprender en que punto estamos e como serán as páxinas e os temas dos próximos anos.

Acompáñame!

O editor de Gutenberg e a versión de WordPress 5.0

Chegou decembro do año 2018 e todo mudou. Esa é a realidade.

Nesa data saíu publicamente a versión 5.0 de WordPress, que incorporaba de maneira nativa o novo editor de contidos que substituiría o mítico TinyMCE que tantos anos nos acompañou.

Non foi, a diferenza do que algúns dixeron, un cambio traumático.

Ao contrario, está sendo devagar, pois a compatibilidade con TinyMCE non caducou e aínda o podes seguir utilizando. De feito, a posibilidade de volver ao editor clásico fixo que  un plugin que o permite  ser un dos máis instalados e valorados do repositorio.

A min gústame o editor de bloques de Gutenberg. Así o manifestei desde o principio. Pásate pola ligazón anterior e revisa o titorial que escribín sobre o tema.

Malia iso, por se acabas de espertar dun coma,  refréscoche a memoria.

Gutenberg é o nome que ten o actual editor de contidos de WordPress, que permite non só a inserción de textos nas entradas do blog, senón a maquetación e a construción de páxinas a base de engadir bloques de contido.

O Full Site Editing “FSE” (ou a Edición Completa del Sitio) de WordPress

Pasaron 3 años e pico desde que Gutenberg aterrou nas nosas vidas e WordPress prepárase para dar o salto definitivo que deixará atrás non a calquera outro editor, senón a maneira de construír páxinas que había até o momento.

A ver, é que se o pensas, é tal cal así. Explícome.

Personalizar as opcións xerais do noso WordPress é controlar como se van ver as diferentes partes e contidos da nosa páxina web.

É cambiar a cabeceira, o pé de páxina, as barras laterais, as tipografías xerais, as cores do sitio, o logotipo etc.

E como se facía isto até o momento?

A través das personalizacións do noso tema. Cada tema tiña unha serie de opcións que podiamos tocar desde o Personalizador (Aparencia -> Personalizar). Nese lugar cambiabamos como se visualizaba o menú, os widgets, as cores e un sen fin de cousas máis.

Pois desde este momento hai que esquecer esa forma de facelo.

Desde WordPress 5.9 está habilitada a Edición Completa do Sitio de WordPress (ou Full Site Editing FSE).

O Full Site Editing permíteche construír e axustar todo con bloques. Si, a cabeceira, o pé de páxina, os modelos, a aparencia, o deseño etc. Todo vai estar baseado en bloques.

Algo semellante ao que permiten facer outros maquetadores visuais como Elementor ou Divi co seu editor de modelos. Pois iso, mais de maneira nativa en WordPress. Desaparece o Personalizador tal e como o coñecemos, deixando paso ás modificacións con bloques dos modelos do sitio e a establecer estilos xerais.

E preguntaraste: “Isto é así se o actualizo?  Romperase o que teño deseñado no Personalizador?”.

O tema de WordPress ten que ser compatible

A resposta é non. Non lle pasará “nada” ao que teñas construído, pois o FSE depende do tema que instalases.

Os temas que existen até a versión de WordPress 5.9 seguirán funcionando co Personalizador habitual, o de toda a vida. Aí nada vai cambiar.

E a partir de agora empezarán a lanzarse temas compatibles co Full Site Editing de WordPress e será con eses temas cos que poderás utilizar todo o seu potencial, é dicir, estarán convivindo dous mundos en paralelo, os temas sen FSE e os temas con FSE.

Novo editor/personalizador

A miña opinión aquí é que a transición vai ser terriblemente lenta e complexa.

Hai miles de temas comercializándose até o momento onde todo se basea en personalizadores propios. Hai millóns e millóns de páxinas web que están deseñadas sobre eses personalizadores e con implementacións e programacións á medida.

Vai requirir de complexas actualizacións ou de redeseños integrais e iso non se fará nun mes, nin nun año, nin en 5…

Lembra que levamos desde finais de 2018 con Gutenberg e aínda hai moitísimas webs que non utilizan os bloques.

Como instalo un tema compatible?

Terás que acceder ao repositorio de temas de WordPress para instalar o que máis che guste e filtrar por unha característica, a “Edición completa do sitio”.

Neste momento aínda son unha minoría de temas os que podes instalar compatibles co Full Site Editing de WordPress, mais co paso do tempo haberá máis e máis.

Por dicir un, o tema Twenty Twenty-Two é un exemplo para utilizar o FSE.

Pola conta, eu na actualidade utilizo GeneratePress para os meus desenvolvementos e aínda non ten esta característica activada. Estarei atento para actualizar as guías en canto o adapte.

Filtra e instala un tema compatible co FSE

Editor del sitio

Agora que xa sabes que é a Edición Completa do Sitio de WordPress e o por que da súa importancia, convídoche a ver o máis destacado polo miúdo.

Desde Aparencia -> Editor podes entrar á Edición completa do sitio.

Neste punto abrirase o modelo de nova páxina en branco (ou ben a lista de entradas se tes configurada a Home como a lista das últimas entradas) en formato edición e poderás comezar a deseñar todo o sitio mediante bloques.

Ademais de inserir e configurar múltiples bloques, poderás elixir o modo de visualización (editar para pór, quitar e configurar bloques e elixir para mover bloques xa inseridos), a lista de bloques utilizados, explorar todos os modelos do tema, acceder aos estilos globais e á navegación.

Edición completa do sitio

Deseño de modelos

Os modelos en WordPress definen o deseño e a aparencia de páxinas, entradas, arquivos (lista de entradas, de categorías, etiquetas…) e outras partes do sitio web.

Unha das grandes novidades do FSE é a incorporación de funcionalidades para construír e modificar os modelos do sitio a través de bloques. A partir deste momento e se tes un tema que che permita utilizar a Edición Completa do Sitio, poderás cambiar até o último detalle de todas elas mediante a inserción e configuración de bloques.

O primeiro que has de facer é seleccionar o modelo que queiras ou crear un novo. A seguir, arrastra e configura os bloques correspondentes.

Modelos do tema de WordPress instalado

Bloques de temas en WordPress

Verás que á lista de bloques máis habituais sumáronselle outros que se poden usar para montar o teu sitio de maneira máis avanzada, entre os que destaco os bloques de tema.

Estes bloques insiren globais do sitio web, das entradas ou dos usuarios de WordPress.

Déixoche algúns dos máis destacados:

  • Logo do sitio.
  • Título, extracto e imaxe destacada dunha entrada.
  • Parte dunha modelo.
  • Navegación do sitio (menús).
  • Navegación das entradas.
  • Avatar, nome e descrición do autor.
  • Comentarios das entradas.
  • E moitos outros.
Novos bloques xerais do sitio

Estilos Globais do tema en WordPress

Os estilos globais son outro conxunto de funcionalidades que están dispoñibles grazas á Edición Completa do Sitio. Estes estilos globais permítenche indicar cores, tipografías, tamaños… homoxéneos a todos os elementos da túa páxina web.

E non só podes establecer os estilos globais, senón que a continuación, tamén che permite personalizar bloque por bloque que estilos terá cada un deles en concreto.

Estilos globais do FSE

Titorial en vídeo

Conclusión

Creo que non é momento de debater se nos gustan os bloques ou non.

Son unha realidade e debemos adaptarnos a eles.

Non fiques atrás, porque isto avanza rápido. Que che parece o FSE? Utilizaralo?

De que se fala aquí

Deixa un comentario