O comercio electrónico é un mercado que non para de medrar.
Póñoche un exemplo: segundo o INE, menos do 5% das empresas de menos de 10 traballadores venden online, mentres que os datos indican que máis da metade da poboación realizou compras en liña o ano pasado.
Sabes o mellor? Que ti tamén podes ter a túa propia tenda online con WordPress e WooCommerce.
E si, é certo que Amazon ocupa unha parte moi importante deste mercado, mais nin o ocupa totalmente nin tampouco é líder en todos os sectores do comercio.
Para moitos negocios, por razóns económicas, de branding (marca persoal ou empresarial) ou de estratexia, talvez Amazon ou outras plataformas semellantes non sexan a mellor opción para vender por Internet.
Quero presentarche unha das ferramentas máis interesantes para emprendedores e comercios que queren montar a súa propia tenda online sen depender de terceiros, das súas lesivas comisións e das súas condicións de venda que, ao final, lles favorecen máis a eles como plataforma ca ti como vendedor.
Instalar e configurar a túa propia tenda online con WordPress e WooCommerce pode parecer algo complicado, mais intentarei mostrarcho da forma máis sinxela posíbel, nunha serie de artigos que irei publicando neste blog.
Imos ao tema, que este é o primeiro
Que é WooCommerce? A mellor elección para a túa tenda online
De maneira simple, WooCommerce é a extensión de tendas online para WordPress máis coñecida e empregada, pola súa configuración intuitiva, as súas diferentes opcións (que adoitan ser máis que suficientes para unha tenda dun proxecto emprendedor ou un comercio pequeno ou mediano xa consolidado) e porque é de balde.
WooCommerce está desenvolvido pola empresa Automattic, mais iso non impide instalar todas as extensións necesarias para montar a túa tenda. Hai centos delas e de centos de desenvolvedores distintos.
Ademais, WooCommerce adáptase ben (ou, polo menos, suficientemente ben) á maioría de temas de WordPress que podes encontrar no repositorio ou comprar a diferentes marketplaces.
Desde Auttomatic lanzaron o tema Storefront, que podes descargar de maneira gratuíta e probar, aínda que eu seguirei recomendando GeneratePress para todas as instalacións da túa web.
Como montar a túa tenda online con WooCommerce en WordPress?
A instalación na túa web realízase como con calquera outro plugin, desde o repositorio oficial de WordPress. Só precisas unha instalación básica de WordPress para poder comezar a deseñar e configurar a túa tenda online.
Unha vez instalada a extensión, debes activala e vaiche aparecer o asistente para a configuración básica (que veremos a continuación).
Aínda que funciona con versións anteriores, recoméndase unha versión de PHP 7.2 ou superior, unha versión de MySQL 5.6 ou superior e WordPress 5.
Ten en conta que, automaticamente, ao instalar WooCommerce, se van crear as páxinas de ‘Tenda’, ‘Carriño’, ‘A miña conta’ e ‘Finalizar compra’.
Como realizar a configuración básica da túa tenda en liña?
Ao activar o plugin de WooCommerce, darache a posibilidade de realizar unha configuación básica desde unha interface moi intuitiva.
Voucho mostrar paso a paso, porque se é a primeira vez que instalas WooCommerce ou non tes excesiva práctica, estou seguro de que vas empregar esta configuración básica e vaiche vir moi ben aprendela.
Non te preocupes se neste punto non colocas toda a información ou tes algún erro ao introducila, xa que poderás mudala a posteriori sempre que queiras, xunto con moitas outras opcións de configuración avanzadas que non saen agora.
Consellos para unha tenda online rendíbel
Ter unha tenda online non é algo tan diferente respecto a ter unha web corporativa onde ofrezas os teus servizos. O piar fundamental é ter visitas.
E para ter tránsito debes aplicar diferentes estratexias que, por un lado, fagan que te encontren e, por outro, que non deixen indiferente ao lector.
Coida os textos da túa páxina web
En primeiro lugar, debes prestar atención aos textos da túa páxina web. Estes textos deben xerar confianza, dar visibilidade ao teu proxecto online e converterte nun referente no teu nicho de mercado.
Deben estar pensados para o teu cliente, non para ti. Deben fuxir de tons monótonos, aburridos, demasiado formais e deben ser naturais. Dar a cara é fundamental e construír o teu propio estilo tamén.
Para iso, debes valerte do blog, unha gran ferramenta onde achegar opinión e valor, mesmo cando tes unha tenda online. E, desde logo, coidar moi ben as descricións dos produtos. Achega valor extra, explica a túa filosofía e sé honesto.
Utiliza con cabeza a publicidade online
En segundo lugar, e antes de que a túa páxina web compita polos primeiros postos de Google (se o fas ben), talvez precises tirar de publicidade online.
Coidado, porque pode parecer fácil e ser barata nun principio, mais nada diso. Pon atención na segmentación, o custo de adquisición dun cliente e o valor da poxa da palabra clave que vaias atacar.
Estuda o teu cliente. Talvez che compense Facebook Ads, Google Ads, as dúas ou ningunha.
Optimiza correctamente a túa tenda online
En terceiro lugar, temos que ter en conta a optimización da túa tenda online.
Existen moitos, moitísimos casos de persoas que fan un grande esforzo ao publicar a súa páxina web e esta finalmente non é rendíbel.
As visitas non chegan porque, entre outras cousas, teñen unha web lenta, con extensións erróneas e pouco optimizadas a móbiles.
Resultado? É difícil loitares polas primeiras posicións nos buscadores e, por tanto, polo tránsito orgánico, dependendo así unicamente da publicidade online.
Lembra. É moi necesario unha web que sexa rápida, que converta visitas en clientes e que axude a reverter un posicionamento defectuoso. A partir desas premisas, só podes mellorar.
Configura toda a loxística do teu WooCommerce
En cuarto lugar o máis tedioso, mais é esencial que teñas controlada até a última opción da túa tenda online para que nada se escape.
Os produtos, o stock, as referencias, os envíos, os impostos, a xeración de facturas, a recuperación dos carriños abandonados, o cross-selling e o upselling (non te preocupes se non sabes o que é, porque o explicaremos nos próximos artigos), as páxinas legais, os cupóns de desconto, etc.
Todo debe funcionar como funciona unha tenda física e iso leva o seu tempo. Simplemente, o escaparate, en lugar de estar tras un cristal nunha tenda da túa cidade, está na Internet e é accesíbel por todo o mundo.
Realiza accións de márketing
Por último, non te esquezas de realizar accións de márketing, tanto nos teus visitantes como nos teus xa clientes.
O email márketing continúa a ser unha gran estratexia para a captación e a conversa, utilízaa en ambos os casos.
Conclusión
Non te entreteño máis, porque creo que xa che falei abondo nesta introdución ás tendas online con WooCommerce.
Mais aínda quedan varios capítulos, nos que espero contar contigo.
Se chegaches até aquí, continúa revisando en profundidade de todas as configuracións que ten WooCommerce no seguinte artigo da saga. Poderás ver toda a súa potencia ;).
E deixo no tinteiro varios máis: falaremos de crear e categorizar produtos, como configurar os métodos de pagamento un por un, como deseñar unha tenda online atractiva con GeneratePress e Elementor ou como mellorar as conversións con estratexias de márketing ou que son os shortcodes e como podes utilizalos na túa tenda online.
Por último, no te olvides que puedes ampliar funcionalidades de tu tienda online gracias a plugins propios de WooCommerce.
Que che pareceu? Léote nos comentarios.
2 comentarios en “Como crear unha tenda online para WordPress e WooCommerce?”
Me ha gustado mucho el artículo, muchas gracias. Estaba dudando si instalar o no WooCommerce, pero me he decidido. El poder de internet es enorme.
Muchas gracias José Luis. La verdad es que el WooCommerce es uno de los plugins imprescindibles de WordPress, y su capacidad de crecer es impresionante. Un saludo!