Descubre os textos legais que debe ter a túa web e evita sancións

Desde que entrase en vigor o RGPD (Regulamento Xeral de Protección de Datos) o 24 de maio de 2016 e que o seu cumprimento fose obrigatorio desde os dous anos despois até os nosos días, os sitios web deben incorporar unha serie de textos legais para informaren os usuarios do que se fai cos seus datos.

Do contrario, os responsables destas páxinas web poderían incorrer en sancións previstas polo regulamento.

Se te preguntas que textos legais son necesarios para que a miña web cumpra o RGPD?, a seguir, explicareiche en que consisten.

O aviso legal

O aviso legal é o documento a través do cal o propietario do sitio web queda identificado. É o texto en que, esencialmente, te identificarás ante os visitantes da túa páxina facendo públicos uns datos, de conformidade coa Lei 34/2002, de servizos da sociedade da información e do comercio electrónico.

O aviso legal deberá estar situado nunha zona da páxina web accesible desde calquera lugar da navegación. O máis normal é colocalo ao pé de páxina, mais tamén poderás pór algunha ligazón ao texto desde un menú que estea visible todo o tempo.

Os datos que deberás publicar no teu aviso legal son:

  1. O teu nome completo ou a túa denominación social en función de se actúas como unha persoa física (particular ou autónomo/a) ou como unha persoa xurídica (empresa).
  2. O teu domicilio ou o enderezo dalgún dos teus establecementos se actúas en calidade de empresa.
  3. Modo de contacto que pode ser indistintamente un enderezo de correo electrónico ou un número de teléfono. En definitiva, un método para que os visitantes da páxina web poidan pórse en contacto contigo.
  4. Datos de inscrición no Rexistro Mercantil se actúas en calidade de empresa.   
  5. O teu número de identificación fiscal, CIF ou NIF, segundo corresponda.

Adicionalmente, se es propietario dunha páxina web e exerces algún tipo de profesión regulada (arquitecto, avogado, doutor…) tamén deberás proporcionar os teus datos identificativos como profesional:

  • Titulación académica en vigor.
  • Número de colexiado e colexio profesional.

A pertenza a este tipo de colectivos profesionais trae consigo unha serie de obrigacións deontolóxicas, as cales deben tamén ser informadas ou, no seu defecto, proporcionar unha referencia de consulta ao visitante da páxina.

E, por último, se na túa páxina web tes prezos publicados porque xestiones un eCommerce, deberás incluír información clara e precisa indicando se inclúen IVE ou outros impostos, así como deixar moi clara a túa política de gastos de envío.

A política de privacidade

A política de privacidade é un texto que define como se tratan os datos personais recopilados no sitio web. Será algo normal en calquera páxina que teña algunha área privada onde os usuarios rexistrados teñan que deixar algúns dos seus datos como parte do proceso de alta ou se simplemente tes unha lista de subscritores a quen envíes boletíns informativos por correo electrónico.

Estes datos poden ser nomes, apelidos e enderezos electrónicos ou números de teléfono e debes saber que o RGPD é moi estrito en relación ao tratamento desta información persoal.

O texto da política de privacidade tamén debe estar accesible desde calquera lugar da navegación da páxina. Por iso, é habitual situalo tanto ao pé de páxina como ao final dos formularios de contacto.

 Nel terás que informar sobre:

  • A existencia do ficheiro onde estean gardados os datos dos teus usuarios ou clientes.         
  • Quen é o titular do ficheiro, tanto se es ti mesmo como se é outra persoa ou entidade.      
  • Para que se recollen los datos, isto é, a finalidade exacta de recompliar toda esta información.          
  • Que dereitos asisten ao usuario en materia de acceso, rectificación, cancelación ou oposición a estes datos (dereitos ARCO).

O RGPD tamén recalca a necesidade de recopilar só os datos estritamente necesarios. De feito, deberás informar se os datos serán cedidos a terceiros ou non e, en calquera dos casos, deberás contar co consentimento expreso dos usuarios.

A política de cookies

As cookies son uns ficheiros de datos que as páxinas web envían aos navegadores cada vez que se produce unha visita. Adoitan utilizarse para recordar accesos, algo útil para cargar máis rápido páxinas web visitadas con maior asiduidade, e para coñecer hábitos de navegación, algo moi común para a publicidade dixital dirixida.

Sexa como for, o uso das cookies tamén está regulado polo RGPD, de modo que o usuario debe poder elixir que cookies instala. É recomendable configurar avisos emerxentes (pop-ups) de cookies para darlle ao visitante a posibilidade de aceptalas, rexeitalas ou configuralas á súa medida.

Ademais destes avisos, será necesario redactar un texto expreso que estea nagún lugar visible da páxina web e que informe sobre:

  • Os tipos de cookies que utiliza o sitio web, a finalidade da súa instalación e o modo en que se vaian usar.   
  • A forma en que o usuario vaia reflectir o seu consentimento do uso das cookies.           
  • O modo en que o usuario pode revocar o consentimento das cookies aceptadas e eliminalas dos seus navegadores.

Os termos e condicións

Este último texto legal só será necesario se na túa páxina web comercializas algún tipo de produto (eCommerce). Se queres saber cales son lo textos legais para a miña tenda online, debes contar sempre con este.

Na sección de termos e condiciones deberás reflectir a política pola que se rexan todas as transaccións que realicen os usuarios da túa tenda online, incluíndo entre outros:

  • Métodos de pagamento válidos.
  • Almacenamento de medios de pagamento electrónicos.
  • Prazo de validación e de entrega do pedido.
  • Dereito de desistimento.
  • Garantía e condiciones de devolución.

Formularios de contacto

Por último, debes saber que todos os formularios con que os usuarios da túa páxina web poidan comunicarse contigo deben incorporar unha aceptación da privacidade e un pequeno aviso. Tamén os formularios de subscrición a listas de correo.

Só así estarás cubrindo as costas fronte a posibles sancións por non cumprir co RGPD.

De que se fala aquí

2 comentarios en “Descubre os textos legais que debe ter a túa web e evita sancións”

  1. Hola!
    Interesante la explicación. Me gustaría añadir que además de todo lo que dices, la información debe de estar en el idioma del usuario (si no es así, la ley entiende que el usuario no está bien informado y no puede tomar decisiones sobre lo que acepta o no, correctamente). Y aparte del idioma, las leyes deben de ajustarse al lugar desde donde te esté visitando el usuario y a su edad. Por todo ello, los textos no pueden ser un “copia pega” sino que tienen que ser dinámicos. ¿Conocéis algún Widget que cumpla todo esto y sea 100% legal? Una pista… ¡Lex 4Web!

    Responder
    • Buenas I.G.N. Tienes toda la razón. Hay que adaptar los textos a la web y al idioma, no vale ir a cualquier otra página y copiarlos. Gracias por la sugerencia y buen día!!

      Responder

Deixa un comentario