WWW si ou WWW non? Como poñer WWW ás URL’s no teu WordPress

No proceso de optimización desta web surxiume a dúbida da diferencia que existe entre colocar ou non colocar as www na URL do meu sitio.

Hai algunha diferencia técnica? Existe algunha vantaxe no posicionamento SEO se temos presentes ou non as www? Cal elección sería mellor para o noso proxecto?

Neste artigo respostarei a todas estas preguntas e proporcionarei un método para cambiar a URL da túa páxina web no caso de que precises engadir ou quitar as www.

Alá imos.

Elixo colocar as www

A primeira vista non existe moita diferencia no funcionamento dunha web con ou sen as www. De feito é probable que na maior parte de proxectos webs de emprendedores ou pequenas organizacións non exista unha razón de peso que xustifique unha ou outra elección.

Pero si existe algunha diferencia técnica.

E a máis interesante refírese ás cookies.

Unha cookie non é máis que unha pequena porción de información que un sitio web envía ao usuario e fica almacenada no navegador. Como podes imaxinar cantas menos cookies innecesarias envíe a páxina e reciba o usuario, mellor será a navegación.

Un dominio nu (sen www) enviará as súas cookies a todos os subdominios existentes, o que ralentizará o acceso a todos eles e nos impediría servir contido estático (imaxes, por exemplo) en ausencia de cookies.

Pola contra un dominio con www non enviará cookies a ningún subdominio “irmán” (www tamén é un subdominio, que comunmente se usou para aloxar a URL principal).

Non inflúe no SEO

Non existe ningún beneficio ou vantaxe en colocar www ou non na túa URL. Google xa comenta que debe ser a nosa elección, o que si nos pide é que lle indiquemos cal é o noso dominio de preferencia.

En todo caso debemos ser coherentes coa nosa escolla e non estar cambiando dunha a outra mareando a Google. No caso de existir cambios recorda indicalos no Google Search Console.

Como agregar WWW en WordPress.

Entra no panel de control de WordPress e a continuación no apartado Axustes -> Xeral debes cambiar as opcións Dirección do WordPress (URL) e Dirección do sitio (URL), indicando en ambas as www logo do protocolo https://

Ao rematar pulsa Gardar Cambios.

imagen pantalla administración wordpress

Logo de realizar isto WordPress desconectarate inmediatamente, polo que terás que acceder de novo coa túa conta. E desta vez xa o poderás facer escribindo www antes do nome de dominio.

Se tes problemas e algunhas páxinas non se mostran correctamente (a min pasoume) proba a baleirar a caché da páxina mediante o plugin de caché que teñas instalado ou, no peor dos casos, a desactivar e reactivar o plugin.

Fai unha redirección 301

Se non facemos ningunha outra actuación, a páxina agora mesmo sería accesible sen e con www.

Isto é mortal.

Google pode entender que estás duplicando contido e existe a posibilidade de ser penalizado por isto. O seu robot pode que interprete erroneamente, ou directamente non interprete isto como un erro senon como unha técnica fraudulenta, o que será moi negativo para a marcha da túa web.

Para evitalo colocaremos unha redirección 301 de todas as URL’s sen www as súas correspondentes con www.

Unha redirección 301 non é máis que a capacidade de enviar aos usuarios dunha URL a outra de xeito automático e permanente trasladando toda a súa autoridade ao sitio ao que se redirixe.

Neste caso con isto evitamos o contido duplicado.

Para colocar unha redirección 301 debes entrar no arquivo .htaccess e escribir as seguintes liñas de código ao principio:

RewriteEngine On
RewriteCond %{HTTP_HOST} ^anxosanchez.com [NC]
RewriteRule ^(.*)$ https://www.anxosanchez.com/$1 [L,R=301]

Conclusión

Non existe ningunha desvantaxe en utilizar as www.

Si podería chegar a existir de non facelo se a túa web crece e os contidos servidos polos subdominios son moi ineficientes por mor das cookies.

A elección é túa!

De que se fala aquí

2 comentarios en “WWW si ou WWW non? Como poñer WWW ás URL’s no teu WordPress”

    • Hola! El tema es que entren con WWW o sin ellas, nosotros tenemos que llevar al usuario a nuestra web y que las URL se le carguen correctamente. Por ello, podemos definir esa redirección en el .htaccess. Un saludo!!

      Responder

Deixa un comentario