Cada quen ten a súa vida

E aquí cóntoche a miña

Son deseñador web con WordPress consultor e formador

Pero a ti impórtache pouco o que son. Impórtache máis como vou solucionar os teus problemas

Porque sexamos claros, se entraches nesta páxina é porque queres saber máis sobre min e se son unha persoa a quen confiarlle o teu proxecto dixital.

Sabes que o “Quen Son” (ou “Sobre Min” ou como lle queiras chamar) é unha das páxinas máis visitadas nunha web? De feito, agás que teñas o blog moi ben posicionado adoita estar nas primeiras posicións en número de usuarios.

Non é casualidade.

Todas e todos nós necesitamos sentirnos seguros antes de tomar unha decisión de compra ou de contratación dun servizo. E coñecer máis en profundidade á persoa a quen vas confiar os teus cartos é fundamental. 

E como eu sei iso, pois aquí debería convencerte dos beneficios dos meus servizos, da miña formación e experiencia.

Mais, honestamente, non me apetece.

Se che falaron ben de min pois xa tes toda a información que precisas. Todo verdade.

Se che falaron mal de min pois xa tes… imposible, iso non acontece.

Antes de continuar direiche que, aínda que me contrates, non garanto que a túa facturación se dispare nin que te vaias retirar en 6 meses grazas a ingresos pasivos e automatizados.

De feito, hai varios puntos que me gustaría aclarar contigo para traballarmos xuntos:

Non me interesa.

E entón que podes esperar de min?

Anxo Sánchez dando una charla organizada por EscolaWP

Son deseñador de páxinas web

Mellora a túa presenza na internet e consegue unha web optimizada e profesional. Unha páxina creada a medida para ti. Elixe visibilidade.

Son consultor, mentor e formador

Ensínoche desde cero a manexar WordPress, a montar a túa páxina web e a definir a mellor estratexia para o teu proxecto dixital.

Son emprendedor dixital

Son emprendedor e a miña base é internet. Impulsei varios proxectos a través deste medio, dos que saquei sempre valiosas aprendizaxes.

Axúdoche a crear o teu propio proxecto

Decidín especializarme en WordPress e márketing dixital. 

Quería axudar a persoas emprendedoras, a freelances, a empresas e a organizacións a comunicar de que xeito poden aportar valor a outros. De que xeito poden axudalas. 

Contigo non só deseñarei unha páxina atractiva e profesional.

Xerarei unha relación de confianza. Opino e asesoro en base a experiencia conseguida de todos os proxectos realizados.

Axúdoche a gañar visibilidade, a transmitir confianza e a potenciar a túa marca persoal.

Tes moito que dicir, tes moito que aportar. Só precisas ser visible.

Aprende (ou corríxeme) e debate no meu blog onde atoparás contidos relacionados co deseño web, WordPress, comercio electrónico, márketing dixital e emprendemento.

E ademais non estou só!

Se o teu proxecto necesítao, teño unha rede de colaboradoras e colaboradores que remarán comigo para que o proxecto chegue a bo porto.

Cóntame a túa historia.

Dime o que precisas e falemos de como mellorar o teu proxecto online.

Algo máis persoal

E por onde me movo?

Participo activamente na ampla comunidade de WordPress, en concreto desenvolvendo solucións de código aberto e nas traducións de temas e plugins ao galego.

Estou a favor dunha web aberta e democrática, que é o que en definitiva representa WordPress. Podes escoitar a entrevista/charla onde falo de todo iso, grazas aos amigos de Mancomún.

Gústame ensinar e compartir. Por iso participei en diferentes eventos e poñencias onde falei de WordPress e deseño web.

Nun sentido máis profesional, dei clases en escolas de negocios e másteres de márketing dixital.

Teño que confesar, para acabar, que una das cousas que máis me enorgullecen son as opinións que teñen de min os meus propios clientes. Quérelas ver?

Proxectos onde participo

Non perdas máis vendas por non ter unha páxina web profesional e optimizada